Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.290

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (273/1992-P).

Eu, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado e co número 273/1992-P se tramitan autos de xuízo de faltas por accidente de tráfico, e nos seus autos se acordou citar a Manuel Lois Sampedro para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela o vindeiro día cinco de xullo, ás trece vinte horas, co fin de asistir como responsable civil subsidiario á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto de DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4777