Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.290

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (5/1996-V).

Eu, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado e co número 5/1996-V se tramitan autos de xuízo de faltas por substracción, e nos seus autos se acordou citar a Mohamed Djamal e Lounes Said, para que comparezan na sala de

audiencias número 4 deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o vindeiro día cinco de xullo, ás trece dez horas, co fin de asistir como denunciados á celebración do xuízo, debendo comparecer provistos do seu DNI e, se fosen parte, cos medios de proba dos que intenten valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixesen, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de citación en forma ós citados demandados e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A Secretaria

Rubricado

4725