Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.290

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (208/1993).

Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que na executoria 208/1993, seguida por delito de contrabando contra Clara Eugenia Ordás Álvarez e outro, se acordou sacar a pública poxa, por primeira, segunda e terceira vez e polo termo de vinte días, o vehículo propiedade da penada, marca Citroen, furgoneta mixta, modelo C-15 D, matrícula LE-5771-P, cunha antigüidade do ano 1989, en bo estado de funcionamento e valorada pericialmente en 325.000 pesetas. Para o acto da poxa sinálase o vindeiro día dous de setembro, ás dez horas da mañá, e os días trinta de setembro e vinteoito de outubro, ás dez horas, para o suposto de que non houbese ofertantes, respectivamente na primeira e segunda poxas.

Prevéñense os licitadores:

1. Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo da taxación de 325.000 ptas., as 2/3 partes deste para a segunda e a terceira, se é o caso, celebrarase sen suxeición a tipo.

2. O remate non poderá facerse en calidade de cederllo a un terceiro.

3. Para tomar parte na poxa, deberán consignar na mesa do xulgado o 20% do tipo polo que sae a poxa, e en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañando resgardo de ter depositada a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta: 66.000-4, clave 1585, concepto 78, executoria 208/1993.

4. O vehículo e a documentación deste atópanse en poder da súa propietaria Clara Eugenia Ordás

Álvarez, con domicilio na rúa Alfonso de la Cerda 1, 4º F- León.

Dado en Santiago de Compostela, o dez de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4228