Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo interprovincial da empresa Antonio Gallego Cid, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Antonio Gallego Cid,

S.L., que se suscribiu coa data do 27 de marzo de 1996, entre a representación da empresa e os traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo do persoal de cociña da empresa Antonio Gallego Cid, S.L.

I. Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal e territorial.

O presente convenio afectará a tódolos/as traballadores/as do servicio de cociña dos centros residenciais docentes de Galicia.

Artigo 2º.-Vixencia.

Dada a peculiaridade do presente convenio colectivo, establécese o seguinte:

A partir do 1 de outubro de 1996 entrarán en vigor as condicións que acorden as partes que asinan este convenio colectivo cara á consecución da total equiparación do persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia nos prazos establecidos. A duración deste convenio será: para Vigo, comezará o 1º de outubro de 1996 ata o 30 de xuño de 1997, quedando logo un curso máis para consegui-la equiparación total; para Ourense e A Coruña será desde o 1º de outubro de 1996 ata o 30 de xuño de 1997 quedándolles dous anos para consegui-la equiparación total. Os aspectos económicos quedan pactados ata chegar á equiparación total, salvo os aspectos sociais que se revisarán anualmente.

O convenio colectivo de hostelería das respectivas provincias aplicarase con carácter subsidiario durante o período transitorio de equiparación progresiva ó persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes, lexitimadas para iso, de conformidade co Art. 87 do Estatuto dos traballadores, deberá realizarse por escrito no que deberán consta-los artigos que se pretendan renegociar, así

como a proposta de modificación que se solicita. Os demais seguirán conservando a súa vixencia.

A denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Da denuncia, efectuada conforme o parágrafo primeiro, darase traslado, dentro dos tres últimos meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes lexitimadas para negociar.

No caso de non efectua-la denuncia no xeito previsto, este convenio prorrogarase de maneira automática.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria con fins de interpretación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio.

Formarán parte dela os vocais que en representación dos traballadores e empresarios constituirán a comisión negociadora deste convenio.

A presidencia da comisión exercerase a través da Consellería de Traballo e Servicios Sociais, e será convocada cando así o solicite calquera das partes.

Artigo 5º.-Partes negociadoras.

Interveñen na negociación e sinatura deste convenio en representación dos/as traballadores/as as delegadas de persoal da empresa Antonio Gallego Cid, S.L., a central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) e, pola parte empresarial, Antonio Gallego Cid, S.L.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

A todo traballador/a respectaráselle como condición máis beneficiosa, a cantidade que viñera percibindo, en canto sexa superior ás que resulten por aplicación do presente convenio, excluíndo no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes a:

Pluses de: transporte mensual, (só en Vigo) e se non se desfrutan efectivamente, os de manutención e aloxamento, conceptos estes que, ó non entraren no referido cómputo anual, se percibirán con independencia do resultado deste.

Artigo 7º.-Adscrición do persoal.

1.-Ó termo da concesión dunha contrata de hostelería, os/as traballadores/as da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima dos seis últimos meses, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou

situación análoga sempre e cando prestasen os seus servicios no centro obxecto de subrogación con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado a).

c) Traballadores/as que, con contrato de interinidade, substitúan a algún dos/as traballadores/as nomeados no apartado anterior.

d) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente, se incorporasen ó centro como consecuencia de ampliación de contrata, dentro dos seis últimos meses.

e) O persoal incorporado pola anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses, seguirá pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada, salvo que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

2.-Tódolos supostos anteriormente considerados, deberá acreditarllos verídica e documentalmente a empresa saínte á entrante no prazo de tres días hábiles mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o momento en que a empresa entrante lle comunique veridicamente á saínte e á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento no que se produza o dereito á subrogación deste á nova adxudicataria.

3.-Non esperará a subrogación no caso dun contratista que realice o primeiro servicio e que non teña subscrito contrato de mantemento.

4.-Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador/a realizase a súa xornada en dous centros distintos, afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares destas xestionarán o pluriemprego legal do traballador/a, así como o desfrute conxunto do período vacacional, aboándolle a empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito se continúa traballando para a empresa.

5.-A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio suspendese este por un período inferior a dous meses; o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle facilitará a empresa saínte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos/as traballadores/as afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación do persoal na que se especifique nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador/a afectado no que se faga constar que este recibíu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Artigo 8º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no convenio de hostelería das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña e no convenio do persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

II. Contratacións e cesamentos

Artigo 9º.-Contratacións.

Ó inicio da relación laboral, a empresa quedará obrigada a estender por escrito o contrato de traballo que conteña as especificacións consideradas pola normativa legal de aplicación, sexa cal fose o contrato subscrito, entendéndose contrato de duración indefinida se nel non se citara expresamente outra modalidade, entregándolle copia deste contrato ó interesado.

Artigo 10º.-Cesamentos.

O cesamento voluntario por demisión do traballador deberá serlle comunicado á empresa por escrito, cunha antelación mínima de quince días á data na que deba producirse.

O incumprimento desta obriga sancionarase por parte da empresa na forma prevista na lei, norma ou regra vixente en cada momento.

Artigo 11º.-Información sindical.

No cumprimento do disposto no artigo 1 da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e en tanto conserve esta a súa vixencia, a empresa virá obrigada a entregarlles ós representantes dos traballadores, nela, a documentación a que fan referencia os números 1 e 2 do citado artigo, así como a información á que alude o número 3 deste. Os representantes dos traballadores asumen, así mesmo, a obriga de sixilo con respecto ós datos que, en cumprimento das disposicións citadas, obteñan das empresas. O incumprimento desta obriga de sixilo suporá o quebrantamento de secreto profesional.

Artigo 12º.-Liquidacións por cesamento.

A empresa entregará unha proposta de liquidación das cantidades debidas, xuntamente coa comuni

cación de aviso de extinción do contrato ou da súa denuncia. No momento da sinatura do seu recibo de finiquito, segundo modelo que figura como anexo I, permitirá a de calquera outro representante legal, cando así o solicite o traballador.

O traballador poderá efectuar reclamación sobre a súa liquidación sempre que o reclame dentro do prazo legal establecido e lle correspondese polo período no que prestou os seus servicios.

Artigo 13º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral.

Artigo 14º.-Mobilidade xeográfica.

Todo o persoal pertencente ós centros residencias docentes de Galicia non poderá ser trasladado dunha poboación a outra.

III. Excedencias e vacacións

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral fixarase en 38 horas á semana. A promulgación de disposición oficial que mellore esta, producirá a súa inmediata aplicación desde a data da súa entrada en vigor.

Artigo 16º.-Descanso semanal.

O descanso semanal será de día e medio ininterrompido, e o seu desfrute sinalarao a empresa coa suficiente antelación, e non poderá ser variado sen consentimento dos afectados, salvo por especiais circunstancias ou necesidades do servicio, mediando aviso ó interesado co tempo suficiente. Iso enténdese, sen prexuízo daqueles descansos que representen melloras con respecto ós aquí regulados, que se respectarán en todo caso.

O traballador/a que teña contrato a xornada completa nunha empresa, non poderá presta-los seus servicios en ningunha outra do sector. O facelo sería unha competencia desleal e polo tanto falta moi grave.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a retribución económica, se é que asiste ó acto de que se trate, polos motivos e durante o tempo que a seguir se especifica:

a) 15 días no caso de matrimonio.

b) 3 días naturais nos casos de nacemento dun fillo, se reside na mesma localidade do centro de traballo, que se ampliarían a 5 noutro caso.

c) 4 días por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, avós, irmáns e fillos do traballador, sexa o parentesco por consanguinidade ou

afinidade, que se ampliarían a 8 días cando o suceso teña lugar a máis de 500 km de distancia do centro de traballo.

d) 1 día por razón de matrimonio de pais, fillos, irmáns e tíos, por consanguinidade ou afinidade, que serán 3 días se o acontecemento ten lugar en distinta provincia.

e) Polo tempo preciso, e con xustificación deste co correspondente visado do facultativo, cando por razón de enfermidade, o traballador precisa a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, debendo neste caso o traballador comunicarlle á empresa as ditas saídas con tempo suficiente de preve-la súa falta. Neste suposto, o traballador irá ó médico que lle corresponda da Seguridade Social.

f) 2 días por falecemento de tíos ou sobriños, sexa o parentesco por afinidade ou consanguinidade.

g) 7 días por asuntos propios por curso.

Artigo 18º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais ininterrompidos, se entre empresa e traballador non acordan o seu fraccionamento, respectándose as máis amplas que por norma, costume ou condicións máis beneficiosas viñesen desfrutando en empresas ou grupos de traballadores.

O seu desfrute deberá efectuarse dentro do ano natural ó que se corresponde, sen que caiba a súa compensación en metálico. Os traballadores que na data fixada para o comezo das vacacións non completasen un ano efectivo de servicio á empresa, desfrutaranas en proporción ó dito tempo de servicio.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre empresas e traballadores, acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas como descanso continuado en período distinto, respectándose en ámbolos dous casos, o descanso semanal que se acumulará ó número de días de festa.

Durante o desfrute das vacacións anuais, o traballador percibirá da empresa o salario real que lle corresponda por tódolos conceptos retributivos. Para o suposto de que a empresa, por necesidades do servicio, substituira o persoal en vacacións, a retribución total do substituto correrá integramente á súa conta. O aboamento das vacacións en Vigo será igual ó equivalente a un mes de salario real máis unha gratificación de 20.000 ptas. o 1º ano, de 15.000 ptas. o 2º ano, de 10.000 ptas. o 3º ano e desaparecerá coa equiparación.

Introducción dun calendario vacacional anual no momemto en que haxa notificación do calendario escolar por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 19º.-Excedencia voluntaria.

1. Para o coidado de fillos/as menores de tres anos.

Tódolos traballadores/as fixos terán dereito a unha excedencia, con independencia do seu estado civil, por tempo non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, contados desde a data do nacemento deste. Os fillos sucesivos darán lugar a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñera desfrutando.

Non será preciso que o traballador/a esgote o tempo de excedencia para reincorporarse cando, por motivos persoais acreditados, así o solicite.

Concederáselle este mesmo dereito ó traballador verbo dos fillos/s adoptivos.

Durante o desfrute da excedencia para o coidado de fillos naturais e durante o primeiro ano para os adoptados, ó traballador reservaráselle o posto de traballo e quenda que viñera desempeñando con carácter definitivo.

Ó persoal que se atopa nesta situación, computaráselle para efectos de antigüidade, o primeiro ano de desfrute desta para os fillos adoptivos e a duración desta para os naturais.

2. Voluntaria.

a) Os traballadores/as fixos cunha antigüidade mínima dun ano na empresa poderán solicitar cunha antelación mínima de 45 días, excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a un ano nin superior a dez.

Unha vez solicitada, resolverase o procedente e notificaráselle ó interesado con 15 días de antelación respecto á data do inicio proposta pola persoa interesada.

O traballador/a que solicite o seu reingreso, terá dereito a ocupa-la primeira vacante, con carácter provisional que se produza no seu grupo e categoría, agás no caso de concorrer un excedente forzoso, que terá preferencia. Se a vacante fose de inferior categoría á que antes tiña, poderá optar a ela, á espera de que xurda a que corresponda á súa categoría.

O reingreso producirase por antigüidade da solicitude.

Se o interesado non solicita o reingreso ou novo período de excedencia, que non supere en total 10 anos, polo menos 15 días antes de remata-lo prazo sinalado para a excedencia que desfruta, perderá o seu dereito ó posto de traballo. En todo caso, non se poderá solicitar nova excedencia voluntaria antes de transcorrido un ano.

b) Para efectos de reingreso e de concesión de prórrogas ós traballadores/as que viñesen desfrutando dunha situación de excedencia voluntaria concedida con anterioridade á entrada en vigor do

primeiro convenio único da Xunta de Galicia, seralles de aplicación o sistema regulado no presente convenio.

c) Ós excedentes voluntarios e ós excedentes para coidado de fillos adoptivos que xa desfrutaran máis dun ano da dita excedencia, concederáselle-lo reingreso ó servicio activo, de existiren vacantes, con carácter provisional, ata que obteñan destino con carácter definitivo a través do sistema de provisión de vacantes correspondente.

Os postos de traballo provistos mediante reingreso provisional incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque, e os reingresados provisionais teñen a obriga de participar nel, e solicitar tódalas vacantes correspondentes á súa categoria profesional; se non o fan, serán declarados de oficio na situación de excedentes voluntarios.

Os reingresados provisionais que, participando no concurso de acordo co disposto no parágrafo anterior, non obtiveran posto de traballo, quedarán na situación prevista no artigo 7.2.b) 2 do convenio da Xunta de Galicia.

3. Forzosa.

A excedencia forzosa ó persoal laboral fixo, que dará dereito a conserva-lo posto de traballo, quenda e centro, e a que se compute a antigüidade durante a súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá efectuarse no prazo máximo de trinta días naturais a partir da cesación no cargo. Para estes efectos, entenderase por cargo público a elección para deputado ou senador no Parlamento español, deputado de asembleas autonómicas, concelleiro dun concello ou o nomeamento para un cargo dentro da Administración pública.

Se non solicitan o reingreso no prazo citado, serán declarados de oficio, en excedencia voluntaria por interese particular.

A reincorporación producirase na mesma categoría profesional e quenda que tiña o traballador/a ó se inicia-la devandita excedencia, computándoselle o tempo transcorrido para efectos de antigüidade. Este reingreso terá carácter inmediato desde o momento no que se solicite e, en todo caso, un mes despois do cesamento no cargo.

IV. Seguridade e hixiene

Artigo 20º.-Comedores, vestitarios e roupas de traballo.

As empresas con persoal con dereito a manutención e en tanto esta sexa obrigatoria por disposición oficial, facilitaranlles un local digno e axeitado para uso como comedor dos citados traballadores, que o manterán limpo e en perfectas condicións de uso.

A empresa facilitaralles ós/ás seus traballadores/as dous uniformes ó ano, así como, zocos e luvas.

Igualmente disporán de vestiarios axeitados e duchas.

Artigo 21º.-Recoñecemento médico.

1.-A empresa practicará os seguintes recoñecementos médicos:

a) Unha vez ó ano, a todo o persoal.

b) Periódicos e específicos, ó persoal ó que, pola súa actividade, se considere necesario.

c) A todo o persoal de novo ingreso, antes de incorporarse ó posto de traballo.

d) Revisión xinecolóxica.

Co fin de atende-lo cumprimento dos distintos apartados, a empresa porá os medios ou correrá co gasto necesario para facilitarlle ó traballador/a a súa asistencia ós centros de recoñecemento cando estean en localidade distinta a aquela onde o traballador/a presta os seus servicios.

V. Dereitos sindicais de representación

Artigo 22º.-Dereitos sindicais.

Delegados de persoal e comités de empresa.

Os delegados/as de persoal e os membros dos comités de empresa, sen prexuízo das competencias, funcións e dereitos en xeral recoñecidos polas disposicións legais, terán os seguintes dereitos específicos:

1.-Os membros dos comités de empresa e os delegados de persoal disporán de tempo retribuído para realizaren xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade fíxanse de conformidade coa seguinte escala:

Centros de ata 250 traballadores: 35 horas.

Centros de 251 a 500 traballadores: 50 horas.

Centros de 501 traballadores en diante: 60 horas.

2.-Os membros dos comités de empresa e os delegados de persoal poderán ser substituídos durante as súas horas sindicais, mediante aviso con 24 horas de antelación, sen aviso, se ten carácter de urxencia.

De non realizarse a substitución, en ningún caso quedará limitado o dereito dos representantes do persoal a realizaren as súas actividades sindicais.

3.-A coñecer e consulta-lo rexistro de accidentes de traballo e as súas causas.

Terán acceso ó cadro horario, do que recibirán unha copia. Tamén accederán ós modelos TC-1 e TC-2 das cotizacións á Seguridade Social, ó calendario laboral, ós orzamentos dos centros, a un exemplar de memoria anual do centro, e a calquera outro documento relacionado coas condicións de traballo que afecten o persoal.

4.-Poñerase á súa disposición un local axeitado, provisto de teléfono e do correspondente mobiliario, para que poidan desenvolve-las súas actividades

sindicais, deliberar entre si e comunicarse cos seus representados/as, facilitándose o material de oficina preciso.

5.-Poderán utilizar fotocopiadoras, multicopistas e demais aparellos de reprografía para uso da súa administración interna.

6.-Facilitaránselle-los taboleiros de anuncios necesarios para que, baixo a súa responsabilidade, coloquen tódolos avisos e comunicacións que deban efectuar e consideren pertinentes, sen máis limitacións cás expresamente sinaladas pola lei. Os ditos taboleiros instalaranse en lugares claramente visibles para permitir que a información chegue ó persoal.

7.-Os comités de empresa e os delegados de persoal poderán acorda-la acumulación das horas sindicais dos seus membros, nun ou en varios deles, de acordo co seguinte réxime.

A petición de acumulación deberá facerse por escrito con autorización tanto do cedente como do cesionario, comunicándolla á dirección do centro respectivo.

Non se poderán acumular sen suma-las horas non utilizadas nun mes para outro mes.

O crédito horario é de carácter persoal retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo de funcións de representación.

Como excepción ó principio xeral de non participación do crédito horario, no presente convenio acórdase a posibilidade da súa acumulación parcial, coas seguintes puntualizacións:

-A cesión e conseguinte acumulación parcial será, como mínimo, do 50 por 100 do crédito horario de que se dispoña.

-A duración mínima da acumulación parcial será de seis meses, e deberase comunicar cunha antelación polo menos de 20 días ó seu desfrute.

8.-Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal terán, ademais das garantías recollidas no presente convenio, as establecidas nos apartados a), b), c) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores, desde o momento da súa proclamación como candidatos e ata dous anos despois do cesamento no seu cargo.

9. Os comités de empresa e os delegados de persoal recibirán, conxunta e puntualmente, por conta da empresa, un exemplar do Diario Oficial de Galicia, coa frecuencia das súas aparicións.

a) Os comités de empresa e os delegados/as de persoal disporán dun mínimo de 20 horas anuais para este fin.

As asembleas convocadas e cunha duración máxima de media hora antes do inicio ou do remate da xornada, non serán computadas, se ben, con este carácter só poderán convocarse como máximo dúas asembleas mensuais. Para tal fín, a empresa facilitará os locais axeitados en cada centro de traballo.

Os convocantes garantirán en todo momento a prestación dos servicios que se realizarán durante as asembleas, así como a orde destas.

En ámbolos dous supostos, o aviso con antelación de 24 horas, que se deberá facer perante a dirección do centro ou servicio, deberá ir acompañado da orde do día que se vai tratar na reunión.

b) Cando en determinados casos, polas existencia de varias quendas de traballo, non se poida reunir simultaneamente a totalidade do cadro de persoal, as asembleas parciais das diferentes quendas considéranse, para ests efectos, como unha asemblea. Poderanse, así mesmo, celebrar asembleas convocadas polo 20% do cadro de persoal do centro.

As asembleas celebraranse en locais facilitados pola empresa para tal fin.

c) A empresa aboará os gastos de desprazamento ou as indemnizacións dos membros do comité de empresa ou dos delegados/as de persoal polas súas reunións períodicas, así como por aquelas que sexan convocadas pola empresa.

A empresa dotará os comités de empresa dun orzamento anual para actividades sindicais ou para a compra de libros de consulta, de acordo coa táboa indicada máis abaixo:

Os comités de empresa recibirán, a través da unidade administrativa que xestione o dito orzamento, a subvención que lles corresponda segundo a táboa abaixo establecida.

Así mesmo, cada comité de empresa terá a obriga de levar un libro de contabilidade onde se reflictan as entradas e saídas de diñeiro referente á dita subvención.

Comité de empresa de 5 membros: 50.000 ptas. anuais.

Comité de empresa de 9 membros: 65.000 ptas. anuais.

Comité de empresa de 11 ou máis membros: 90.000 ptas. anuais.

Das seccións sindicais, dos delegados/as sindicais e dos afiliados/as.

1.-Das seccións sindicais:

Sen prexuízo do disposto na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS), as seccións sindicais pertencentes a unha central sindical, así como as que obtivesen máis dun 10% dos membros do respectivo comité de empresa, terán nos centros de traballo os seguintes dereitos:

a) A un número de delegados/as sindicais, previstos no artigo 10.2º da LOLS, conforme coa seguinte escala:

-De 1 a 100 traballadores/as: 1.-De 101 a 500 traballadores/as: 3.-De 501 a 750 traballadores/as: 3.-De 751 en adiante: 5.

b) A dispor dun local sindical, que compartirán co comité de empresa, en centros con máis de 50 traballadores/as, provisto de teléfono, de mobiliario e do material de oficina necesario para desenvolve-la súa actividade representativa.

Nos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as, estas seccións sindicais poderán utiliza-lo mesmo local do que, se é o caso, dispoñan os delegados/as de persoal, facilitándolles tamén os materiais de oficina precisos para o desenvolvemento da súa actividade representativa.

c) Realización de asembleas fóra e dentro da xornada de traballo queda establecida nos mesmos termos nos que se configura este dereito para os comités de empresa.

2.-Delegados/as sindicais.

Os delegados/as sindicais a que se refire o apartado a) do punto anterior terán dereito, sen prexuízo do establecido na LOLS no seu artigo 10.3º, ós seguintes dereitos e garantías:

a) Ó mesmo crédito horario sinalado no artigo 46º do presente convenio para os membros do comité de empresa.

No caso de que nun delegado/a sindical concorra tamén a condición de membro do comité de empresa, o crédito horario de que disporá será o acumulado por ámbolos dous tipos de representación.

b) A representaren ós afiliados/as da sección sindical en tódalas xestións necesarias perante a dirección respectiva, e a seren oídos por esta no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten o persoal, en xeral, e os afiliados/as do sindicato, en particular.

c) A seren informados e oídos pola empresa con carácter previo:

-Acerca dos despedidos e sancións que afecten os afiliados/as ó sindicato.

-En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquera proxecto ou acción administrativa que poida afecta-lo persoal.

Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

d) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba por a disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

e) Posuirán as mesmas garantías e dereitos que a lei e o convenio colectivo lles recoñecen ós membros do comité de empresa.

3.-Dos afiliados/as.

Os afiliados/s a unha sección sindical que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo primeiro do punto 1 deste artigo terán os seguintes dereitos:

a) A obteren permisos sen soldo durante o tempo que pasen a ocupar postos de responsabilidade sindical con plena dedicación en ámbito superior ó centro de traballo. Este permiso terá unha duración mínima de seis meses e, ó rematar, o traballador/a será reincorporado na mesma quenda e condicións de traballo.

b) Un 10 por 100 dos afiliados/as a unha destas seccións sindicais terá dereito a permisos sen retribución cando se cumpran os seguintes requisitos:

-Que exista a comunicación previa por parte da comisión executiva do respectivo sindicato, cursado coa respectiva antelación.

-Que non supere os 20 días ó ano por afiliado/a nin os 200 anuais para o conxunto do 10 por 100 de afiliado/as de cada sección sindical.

c) A que se lle desconte na súa nómina o importe da cota sindical que corresponda, coa previa conformidade do afiliado/a. A empresa transferirá as cantidades retidas á conta bancaria que designe cada sindicato, facilitándolle mensualmente á correspondente sección sindical a relación nominal das retencións realizadas.

VI. Salarios e complementos

Artigo 23º.-Incremento salarial.

Terá un incremento salarial sobre o salario dun:

-10% no curso 1996-1997, a total equiparación para o curso 1997-1998 en Vigo.

-13% no curso 1996-1997, 13% no curso 1997-1998 e a total equiparación para o curso 1998-1999 en Ourense.

-9% no curso 1996-1997, 9% no curso 1997-1998, e a total equiparación para o curso 1998-1999 ba Coruña.

Ó finalizar cada curso manterase unha reunión entre a parte social e a parte empresarial para negocia-los aspectos económicos e sociais cara á equiparación total.

Artigo 24º.-Garantía de salario mínimo.

Se, como consecuencia da modificación legal da contía do salario mínimo interprofesional, os traballadores dalgunha categoría percibiran en cómputo anual retribucións inferiores ás que lles corresponderían pola aplicación daquel, procederase a adaptalas a súa contía, desde a mesma data de entrada en vigor da citada modificación legal.

Artigo 25º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo e Nadal, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario base, maila antigüidade, se é o caso.

Artigo 26º.-Plus de nocturnidade.

O período de tempo abranguido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá salvo que o salario se esta

blecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, considerarase na súa totalidade nocturno, e na súa totalidade festivo ou domingo. Cando se inicie a xornada de traballo realizada no período determinado anteriormente incrementarase un 30% en concepto de plus de nocturnidade sobre o salario que corresponda á xornada ordinaria, aboándoselle soamente ó persoal que realice a xornada completa dentro da quenda; no caso contrario será proporcional ó tempo investido da xornada nocturna. Este plus seralle aboado así mesmo ó persoal afectado durante o período das súas vacacións ordinarias.

Naqueles centros de traballo nos que, por razóns de organización, a quenda de noite remate despois das seis horas, o plus de nocturnidade entenderase, unicamente para efectos económicos, ata a terminación da dita quenda.

Establécese para os efectos do cálculo do plus de nocturnidade a seguinte fórmula de indemnización por este concepto e por nocturna traballada:

Valor do plus por hora nocturna:

Salario anual+antigüidadex0,3= 30% h Noct.

1.665

Este plus deberalles ser aboado ós vixilantes nocturnos e ós gardas de noite que non o viñesen percibindo, así como a tódolos traballadores que desempeñen as súas funcións durante o período nocturno, sempre que o seu salario non fose calculado tendo en conta o incremento pola natureza nocturna do posto de traballo.

No suposto daqueles centros nos que, pola distribución de quendas sexa posible determina-lo número de horas nocturnas que realizará o traballador ó longo do ano, para efectua-lo pagamento e coa finalidade de facilita-la xestión, poderase transforma-lo dito plus nunha percepción fixa de carácter mensual procedendo do seguinte xeito:

1.-Determina-lo cálculo do número de horas anuais que realizará o traballador durante o período nocturno, que é o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

2.-Valor mensual= valor horaxnºanual de horas nocturnas.

Seguindo o criterio de retribuí-las horas realmente traballadas durante o período nocturno, a excepción feita do período vacacional, durante os períodos nos que o traballador non preste os seus servicios por estar en situación de ILT, licencias, etc. descontaráselle ó traballador a cantidade correspondente ó plus de nocturnidade, procedéndose a regulariza-las situacións pertinentes. O citado plus aboaráselle ó traballador que o substitúa.

A cada traballador/a que realice a súa xornada en horario nocturno proporcionaráselle café ou bebida quente.

Artigo 27º.-Complemento de antigüidade.

Rexerase nas mesmas condicións có persoal da Xunta e será de 3.930 ptas. por trienio.

Artigo 28º.-Persoal con dereito a manutención.

O persoal de cafeterías pertencentes ás seccións de mostrador, sala e cociña, que nestes establecementos sirva comidas e o seu horario de traballo coincida co do aludido servicio de comidas, terá dereito á manutención. Así mesmo, o aprendiz de cociña terá dereito a aloxamento. Todo iso de conformidade co establecido na vixente ordenanza da industria de hostelería.

Artigo 29º.-Manutención e aloxamento.

O persoal que, de acordo co disposto no Art.72 da ordenanza laboral, ten dereito a complemento de retribucións en especie, poderá optar entre a súa compensación ou desfrute, segundo dispón o precepto citado.

A valoración compensatoria dos complementos en especie para aboar xuntamente coas retribucións de cada mes, serán os seguintes:

-Por manutención: 4.759 (catro mil setecentas cincuenta e nove).

-Por aloxamento: 1.352 (mil trescentas cincuenta e dúas).

VII. Outras retribucións

Artigo 30º.-Plus de transporte.

Mantense, con carácter xeral e para todo o persoal, o plus de transporte na contía de 5.000 (cinco mil pesetas) mensuais.

Cando se fagan efectivas as nóminas das pagas extras de xullo e Nadal, ós traballadores aboaráselle-la cantidade de 7.200 (sete mil douscentas pesetas) en concepto de plus de transporte.

Afecta soamente o CRD de Vigo ata o momento da equiparación total.

Artigo 31º.-Complemento por IT.

No caso de baixa por IT, a empresa incrementará o subsidio económico da Seguridade Social ata acada-la contía igual á base de cotización do traballador/a do mes anterior a aquel no que se produza a baixa.

As situacións de IT derivadas de enfermidade común, enfermidade profesional, accidente de traballo, accidente non laboral ou maternidade, nas que a duración previsible sexa dun mes ou superior, cubriranse inmediatamente por contratos de interinidade, mentres dure esta situación.

Excepcionalmente e por necesidade de servicio, este límite poderá ser inferior.

A duración do contrato de interinidade virá determinada pola ausencia do substituído e aquela será idéntica a esta, cesando o substituto ó remata-la dita situación, sen dereito a indemnización ningunha.

Non obstante o anterior, o réxime será o seguinte:

a) Ausencias por enfermidade común ou accidente non laboral dun a tres días de duración: seguirase o seguinte procedemento:

1.-Ausencias dun día: o persoal afectado comunicaralle a súa ausencia á unidade de persoal, órga

no ou persoa responsable, preferentemente dentro da primeira hora da xornada, salvo causas de forza maior que impidan a comunicación. De non producirse a comunicación ou xustificación pertinente, descontarase dos haberes o día faltado.

2.-Ausencias de dous ou tres días: nestes casos, segundo o disposto no artigo 17 da Orde do 13-10-1967 (BOE do 4-11), deberase presenta-lo parte médico no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da súa expedición.

De non entregarse tal parte, descontaranse dos haberes os días faltados. Poderase recorrer contra estas deduccións ante a xurisdicción laboral.

En ámbolos dous casos, a empresa poderá practica-las inspeccións médicas oportunas, segundo o disposto no artigo 20 do Estatuto dos traballadores.

b) Ausencias por accidente de traballo, enfermidade profesional, maternidade, enfermidade común e accidente non laboral, de máis de tres días de duración.

Nestes casos o traballador/a percibirá o 100% do seu salario ordinario desde o primeiro día de baixa e ata o termo da ILT, sempre que se cumpran os requisitos esixidos no artigo 17 da Orde do 13-10-1967.

Artigo 32º.-Xubilación.

Todo o persoal afectado polo presente convenio pasará, ó cumpri-los 65 anos de idade, sempre que teña acreditados 15 anos de cotización á Seguridade Social na súa vida activa, á situación de xubilación ou causará baixa na empresa. Caso de non ter cotizados os 15 anos, a xubilación ou baixa será a vontade do traballador ata a data na que cotice os citados 15 anos.

Os/as traballadores/as en activo que teñan cumpridos os 65 anos quedan incursos neste artigo.

As empresas que reduzan os seus postos de traballadores fixos por xubilacións obrigatorias, cubrirán cada posto de baixa con outro traballador, polo menos durante 3 meses ó ano, sempre que a situación económica da empresa o permita.

Ós/as traballadores/as que, como consecuencia de xubilación voluntaria, invalidez permanente ou falecemento, neste último suposto baixo as condicións que se indicarán, cesen na empresa, aboaráselles como premio, en función dos anos acreditados de permanencia nela, os seguintes importes:

-De 5 a 9 anos: 1 mensualidade.

-De 10 a 14 anos: 2 mensualidades.

-De 15 a 19 anos: 3 mensualidades.

-Con máis de 20 anos: 4 mensualidades e 1 mensualidade máis por cada 5 anos que exceden dos vinte de referencia.

No caso de falecemento, será preciso para o aboamento á súa viúva ou ós seus fillos menores de 18 anos ou maiores de tal idade incapacitados para o traballo, que o traballador contase polo menos con cincuenta e cinco anos de idade e levase, como

mínimo, 10 de servicio ininterrompido na empresa no momento do seu óbito.

O importe das mensualidades farase efectivo sobre o salario mensual do estando en activo no momento do seu falecemento, e se en tal data se atopase en situación de baixa por IT, invalidez provisional, ou calquer outro motivo de saúde, calcularase sobre o salario base mensual que lle correspondería percibir de encontrarse en activo.

Artigo 33º.-Política de axuda a diminuídos síquicos e físicos.

Todo traballador/a que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que sexan diminuídos físicos, síquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polos órganos competentes na materia e sempre que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional en cómputo anual, percibirá unha axuda de 18.000 pesetas mensuais.

Artigo 34º.-Indemnización por invalidez e morte por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Ámbalas dúas partes acordan que, se non estivera xa asumido, se xestione un seguro que ampare a invalidez ou morte do traballador/a, por accidente de traballo ou enfermidade profesional, e a responsabilidade civil, percibindo os seus beneficiarios unha cantidade non inferior a 4.000.000 de ptas.

Artigo 35º.-Partes que asinan.

As partes que asinaron o presente convenio colectivo foron:

Antonio Gallego Cid, S.L., pola parte empresarial; Humildad Romero, Mª Jesús Souto Bregua, Ana Isabel Álvarez García delegadas de persoal, e María del Tránsito Fernández, Xan Carballo e Antolín Fernández pola central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG).

Disposición adicional

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispoña o convenio de persoal laboral da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Anualmente negociaranse as condicións que regulan as melloras sociais que facilita a total equiparación no último ano do convenio.

4645