Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio coelctivo da empresa Butavigo, S.A., da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-4-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o día 1-4-1996, de conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo ano 1995

Butavigo S.A.

Artigo 1º

Este convenio afecta á empresa Butavigo S.A., dedicada á distribución e venda de gas butano e propano envasado. A dita empresa está rexida pola ordenanza laboral para as axencias distribuidoras de gas butano, aprobada pola orde ministerial do 29 de xullo de 1974.

Artigo 2º

As normas establecidas no presente convenio inclúen a totalidade do persoal ocupado pola empresa afectada así como o persoal de novo ingreso durante

a vixencia del. O persoal que finalice o contrato antes da sinatura da nova táboa salarial terá dereito a percibi-los atrasos dos meses traballados.

Artigo 3º

O presente convenio, que terá unha duración de dous anos, entra en vigor o 31 de agosto de 1995, finalizando os seus efectos o 31 de agosto de 1997. A táboa salarial adxunta ten efecto desde o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995. A táboa salarial de 1996 negociarase de xaneiro a agosto de 1996 e terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 4º

A denuncia do convenio levarase a cabo por escrito de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación dun mes respecto da terminación dos seus efectos. De non ser denunciado na forma establecida no convenio, entenderase prorrogable por anualidades.

Artigo 5º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible. Para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

Artigo 6º

As retribucións aplicables durante a vixencia do presente convenio son as mesmas que aparecen na táboa salarial anexa.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teñan os traballadores concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 8º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas no convenio consideradas en conxunto poderán ser compensadas nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a orixe delas. Así mesmo, poderán ser absorbidas outras concesións fixadas por disposición legal.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Cada traballador percibirá un 3% do salario por cada tres anos de servicios prestados á empresa. O período de aprendizaxe computarase para efectos dos aumentos económicos por antigüidade.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación extra de Nadal e outra de xullo cada ano, sendo cada unha delas equivalentes ó salario base establecido para cada categoría, máis antigüidade que corresponda, máis plus de transporte.

Artigo 11º.-Participación en beneficios.

A tódolos traballadores se lles concederá unha paga anual de beneficios por unha cantidade equivalente ó salario base, máis antigüidade, máis plus de transporte.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir un plus en concepto de transporte de 391 ptas. por cada día efectivamente traballado.

Artigo 13º

A empresa comprométese a establecer unha póliza por accidentes laborais, chegando en caso de morte a tres millóns de pesetas, e en caso de invalidez, ata catro millóns de pesetas. O prazo para contrata-la dita póliza será de trinta días.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada ano de trinta días naturais de vacacións consecutivos entre os meses de maio a outubro. Os días de Noiteboa, fin de ano e véspera de reis a xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos seguintes motivos:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días nos casos de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite un desprazamento o prazo será de catro días.

-1 día por traslado do domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable por cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

-Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º

Establécese unha xornada de 1.800 horas equivalente ó cómputo semanal de 40 horas. A dita xornada distribuirase de luns a venres. A xornada continuada establécese desde o 1 de xuño ó 30 de setembro, ambos inclusive. A devandita xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 17º

En caso de baixa producida por incapacidade laboral transitoria ou accidente de traballo, a empresa aboará o importe íntegro da retribución incluída antigüidade e plus de transporte a partir dos 15 días da baixa e se houbese internamento aboarase desde o primeiro día da baixa.

Artigo 18º

As horas extraordinarias serán reflectidas na folla salarial como horas extraordinarias, que serán do 150% en días laborables e do 300% se houbese que traballar sábados, domingos ou festivos.

Artigo 19º

No caso de ter que desprazarse en coche propio por encargo da empresa aboarase a 20 ptas. o quilómetro.

Artigo 20º

Tódolos traballadores terán dereito a roupa e calzado necesario durante todo o ano, segundo traballo.

Artigo 21º

A empresa faralles unha revisión médica cada ano a tódolos traballadores.

Artigo 22º

En caso de desprazamento fóra da cidade pagaranse axudas de custo segundo factura.

Artigo 23º

Auga corrente potable para instalala no menor tempo posible.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria do convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora e estará composta por igual número de vocais representativos dos traballadores dunha parte e empresarios doutra. A designación recaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Asinan este convenio, dunha parte, José Ramón Pérez Nieto, como representante da empresa, e da outra, os traballadores desta, xunto co delegado de persoal en Vigo.

ANEXO

Táboa salarial

CategoríaTabla salarial

1994

Incremento

4,3%

Tabla salarial

1995

Xefe de administración110.2424.740114.982
Oficial de primeira99.0073.82792.834
Oficial de segunda83.7303.60087.330
Almaceneiro81.9493.52485.473
Aspirante50.2462.16152.407
Telefonista73.4493.15876.607
Auxiliar de oficina76.1123.27379.385
Vixilante xurado76.1123.27379.385
Garda73.9583.18077.138
Conductor de camión87.0813.74490.825
Conductor de reparto84.2183.62187.839
Conductor de carreta82.2953.53985.834
Mozo de almacén e reparto77.0673.31480.381
Mecánico visitador

e montador

91.7383.94595.683
Mecánico instalador90.8173.90594.722
Limpadora por horas32214336

NOTA: el incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade, plus de transporte e primas.

9603514