Convocada a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Con
sellería de Economía e Facenda, por Orde do 22 de abril de 1996 (DOG nº 85, do 30 de abril de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.
Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.
A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de posto radicado na mesma localidade.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.
Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
ANEXO:
N.R.P.: 3544516246 A2051.
Grupo: B.
Apelidos e nome: García Cuevas, Ana Marta.
Denominación do posto: X. Servicio de Programación e Pagamentos do Sergas.
Nivel: 28 A.
Complemento E.:1.639.104 ptas.
Código posto: EFC060000215770023.
Centro directivo: D. X. Política Financeira e Tesouro.
Localidade: Santiago de Compostela.
4785