Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.286

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 17 de xuño de 1996 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 28 de marzo de 1995, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, convocados por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), conforme se recolle no anexo I desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme ás clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

Sr. Subdirector Xeral de Persoal

ANEXO I

Corpo de profesores de ensino secundario

-Área: letras.

Tribunal nº 1 (latín, grego, lingua castelá e literatura, lingua e literatura galega, inglés e francés).

Presidente: Rodríguez Negreiro, Francisco Javier.

Vocais:

Lorenzo Rivas, Pilar.

Portas Fernández, Manuel.

Carro Arnesto, Mª Isabel.

Pensado Castiñeiras, Luis Fernanda.

Tribunal nº 2 (xeografía e historia, música, filosofía e educación física).

Presidente: Fernández Ares, Eduardo.

Vocais:

Yebra Folgueira, Mª Jesús.

López Vázquez, José Ramón.

Marcos Olivarez, Francisco Xavier.

Veliz Carril, Mª Isabel.

-Área: ciencias e tecnoloxía.

Presidente: Perujo de Llano, Félix.

Vocais:

Daviña Vázquez, Julia.

Vázquez Barca, Jesús José M.

Fernández Díaz, Gustavo.

Alonso Braña, Jesús.

4790