Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.218

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente do convenio colectivo de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-4-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Profesional de Graduados Sociais, e, da parte social por Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Confederación Intersindical Galega o día 8-11-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña. Ano 1995

Capítulo I

Unidades de negociación

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se subscribe está integrada por parte empresarial: pola Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais e Empresarios da provincia da Coruña (AGS), e por parte dos traballadores: as centrais sindicais, Comisións Obreiras (CC.OO), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Converxencia Intersindical Galega (CIG).

Ambas partes, despois de analizada a documentación que presentan como constancia da súa representatividade, recoñécense como interlocutores válidos, con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio, de conformidade co establecido no título III do vixente Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 32/1984, do 2 de agosto.

Capítulo II

Ámbitos, vixencia e denuncia

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servicios nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito provincial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se integren, en actividades reguladas pola ordenanza laboral para oficinas e despachos de data 31 de outubro de 1972.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia da Coruña.

Artigo 5º.-Ámbito temporal. Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos, o día 1 de xaneiro de 1995, con independencia da data da súa publicación no BOP.

A súa duración será ata o 31 de decembro de 1996, e entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

Artigo 6º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a denuncia deste á outra

parte e á autoridade laboral competente; como mínimo terá que realizala con dous meses de antelación á data de expiración da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Capítulo III

Representación das partes negociadoras

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta comisión estará formada, logo do acordo das partes, polas representacións empresariais e sociais que deliberaron neste.

Para os sós efectos de notificacións, sinálanse os seguintes domicilios:

-Pola representación empresarial:

Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais, Empresarios da provincia da Coruña.

Rafael Alberti, 8 ppal, 15008 A Coruña.

-Pola representación social:

Unión sindical de Comisións Obreiras (CC.OO).

R/ Emilia Pardo Bazán, 27 baixo, 15005 A Coruña.

Unión Xeral de Traballadores (UXT).

R/ Fernández Latorre, 27, 15006 A Coruña.

Converxencia Intersindical Galega (CIG).

R/ Emilia Pardo Bazán, 27 15005 a Coruña.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:

a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.

b) Xornada de verán: 36 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 21 de xuño ó día 21 de setembro, ambos inclusive.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro de cada ano non serán laborables.

Aquelas empresas que teñan establecida unha xornada continuada todo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa.

Artigo 9º.-Permisos retributivos.

Os traballadores interesados concederáselles, necesariamente, os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos e fillos: 5 días.

c) Parto de esposa: 3 días.

d) Morte do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns: 5 días, que se ampliarán ata 8 días, se o óbito ocorre en municipio distinto ó do centro de traballo.

e) Morte de avós, tíos ou cuñados: 2 días.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para iso. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: observarase o lexislado nesta materia.

Os días ós que fai referencia este artigo entenderanse naturais.

Artigo 10º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado polo presente convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, que se desfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou comité de empresa, onde os haxa, ou no seu defecto, polas persoas que designen os traballadores.

A data de comezo do desfrute farase coincidir con luns laborable.

Capítulo V

Percepcións económicas e revisión

Artigo 11º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual, para cada categoría profesional, será o que se detalla na táboa salarial anexa, tendo efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1995.

Os salarios do ano 1995 representan un incremento do 4% sobre os salarios vixentes ó 31 de decembro de 1994.

Para o ano 1996 páctase un incremento do 4% sobre os salarios vixentes ó 31 de decembro de 1995.

Artigo 12º.-Remuneración anual.

En cumprimento do que dispón o artigo 26.5º do vixente Estatuto dos traballadores detállanse na segunda columna das táboas salariais anexas os salarios en cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 13º.-Revisión económica.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase ó 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4% calcularase a diferencia sobre os salarios vixentes ó 31 de decembro de 1994 e aboaranse con efectos do 1 de xaneiro de 1995.

Para o segundo ano de vixencia, no caso de que o IPC ó 31 de decembro de 1996 rexistrase un incremento superior ó 4%, a diferencia calcularase

sobre os salarios vixentes ó 31 de decembro de 1995, e revisaranse con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Desde o día 1 de xaneiro de 1989 establécese un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías, consistente en cuadrienios do 5% do salario base, que se devengará desde o día 1 do mes en que se cumpla.

Os traballadores que o 31 de decembro de 1989 estivesen percibindo algún bienio ó 5%, seguirán devengando o complemento de antigüidade consolidado na dita data pola mesma porcentaxe. Os sucesivos e posteriores períodos de antigüidade devengaranse a partir do día 1 de xaneiro de 1989, en cuadrienidos ó 5% do salario base.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en ningún caso, supoñer máis do 10% ós 5 anos, do 25% ós 15 anos, do 40% ós 20 anos e do 60%, como máximo, ós 25 ou máis anos.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio percibirán 2 gratificacións extraordinarias cada ano, unha no mes de xullo e outra no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade do salario base máis antigüidade.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordianrias en proporción ó tempo traballado.

Aqueles traballadores que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real, seguirán excepcionalmente as mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

Artigo 16º.-Contratos eventuais.

1. En atención ás especiais características do sector que supón frecuentes e irregulares períodos nos que se acumulan as tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais, ó abeiro do establecido neste convenio colectivo e no artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores, por un prazo máximo de tres anos.

2. Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, con excepción dos primeiros seis meses do contrato, no que as prórrogas poderán efectuarse por períodos inferiores, sen que, en ningún caso, o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo de tres anos.

3. Naqueles casos en que o contrato se concertase por un prazo inferior ó máximo establecido e chegado o seu termo non existise denuncia previa de ningunha das dúas partes, nin existise acordo expreso de prórroga, pero se continuase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente por outro período igual de seis meses, e así suce

sivamente, ata que o tempo acumulado total sexa de tres anos. Non obstante, nos primeiros seis meses do contrato, as prórrogas pactadas deberán efectuarse obrigatoriamente por escrito.

4. Os contratos desta natureza xa vixentes á data de entrada en vigor do presente convenio, poderán acollerse á duración máxima de tres anos.

5. Entenderanse, para tódolos efectos previdos neste precepto que concorren as circunstancias previstas no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, coa simple remisión ó presente artigo deste convenio colectivo, realizada no contrato de traballo.

6. Á terminación do contrato, sempre que este se prolongase por un período anual ou superior a doce meses, o traballador terá dereito a percibir unha compensación económica equivalente a doce días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores ó ano.

Artigo 17º.-Incapacidade laboral transitoria.

En calquera suposto de baixa por incapacidade laboral transitoria, as empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboarlle ó traballador o 100% do salario que lle corresponda no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariais

Artigo 18º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deban efectuar saídas fóra do municipio onde radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

Axuda de custo completa: fixarase na contía de 6.000 ptas. para tódalas categorías.

Media axuda de custo: será de 2.500 ptas. para tódalas categorías.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 19º.-Cadros de persoal.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos, serán clasificados como xefes superiores.

b) En dependencias con dez ou máis traballadores dos grupos citados no apartado anterior, o empregado que se encontre á fronte destes terá a categoría de xefe de primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servicios un número de sete traballadores dos grupos xa citados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete, exista un mínimo de tres tra

balladores clasificados como oficiais ou asimilados, estará á fronte destes un xefe de segunda.

Artigo 20º.-Ascensos.

Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal, como mínimo, dun número de oficiais de primeira igual ó 20% do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, non se terá en conta as fraccións decimais.

Os auxiliares administrativos con cinco anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo.

Os auxiliares administrativos ós tres anos de antigüidade en categoría dentro da empresa, pasarán a percibir as remuneracións que fixa para estes casos a táboa salarial anexa.

O auxiliar especialista de oficina con máis de tres anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, será ascendido automaticamente á categoría de calcador.

Os cobradores ó cumprir dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse exclusivamente para efectos económicos, ós oficiais administrativos de segunda.

Os botóns, ó cumpri-los dezaoito anos, pasarán automaticamente á categoría de ordenanza.

Artigo 21º.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio colectivo estarán obrigadas a subscribir no prazo de 20 días desde a data de publicación no BOP, unha póliza de accidentes que garanta a tódolos traballadores un capital de 2.000.000 de ptas. para morte e 3.000.000 de ptas. para invalidez permanente, derivada, en ambos casos, de accidente de traballo.

As empresas de nova creación disporán dun prazo de 30 días, desde a alta do primeiro productor, para formaliza-la dita póliza.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

Todo traballador que, cunha antigüidade mínima de quince anos ó servicio da empresa, se acolla á xublilación anticipada, cobrará en concepto de premio á vinculación as seguintes cantidades:

Ós 60 anos, 6 meses de salario.

Ós 61 anos, 5 meses de salario.

Ós 62 anos, 4 meses de salario.

Ós 63 anos, 3 meses de salario.

Ós 64 nos, 2 meses de salario.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

En todo o concernente ós aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, haberá que aterse ó que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 24º.-Revisións médicas.

Tódalas empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial do Servicio Social de Hixiene

e Seguridade Social no traballo, ou a mutua patronal que cubra o risco de accidente de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o dito recoñecemento será aboado pola empresa.

Capítulo IX

Cómputos e vinculacións

Artigo 25º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e, consecuentemente, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anterioremente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Táboa salarial

Categorías19951996

MesAnoMesAno

Grupo I. Titulados
Titulado G. superior136.5291.911.406141.9901.987.860
Titulado G. medio 123.2301.725.220128.1591.794.226

Grupo II. Administrativo
Xefe superior123.2301.725.220128.1591.794.226
Xefe de primeira121.4681.700.552126.3271.768.578
Xefe de segunda, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma117.6711.647.394122.3781.713.292
Oficial primeira, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma operador de máquinas contables taquimecanógrafo, telefonista ou recepcionista con dous ou máis idiomas, inspector de zona107.8881.510.432112.2041.570.856
Oficial segunda, telefonista ou recepcionista cun idioma, reporteiro de axencias de información, traductor e intérprete no xurado, xefe de visitadores102.7561.438.584106.8661.496.124
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos93.3801.307.32097.1151.359.610
Auxiliar, telefonista, visitador-cobrador, pagador89.5731.254.02293.1561.304.184
Aspirante62.851879.91465.365915.110

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior123.2301.725.220128.1591.794.226
Xefe de primeira, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores121.4681.700.552126.3271.768.578
Xefe de segunda, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de tratamentos de cuestionarios117.6711.647.394122.3781.713.292
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios115.7731.620.822120.4041.685.656
Delineante proxectista110.2031.542.842114.6111.604.554
Debuxante proxectista, controlador. Oper. ordenadores107.8881.510.432112.2041.570.856
Delineante102.7561.438.584106.8661.496.124

Grupo IV. Especialistas oficina
Xefe de máquinas básicas117.6711.647.394122.3781.713.292
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado Depart. de reprografía107.8881.510.432112.2041.570.856
Operador de máquinas básicas, entrevistador, enquisador, debuxante102.7561.438.584106.8661.496.124
Calcador, perforista, verificador, clasificador94.8821.328.34898.6771.381.478
Auxiliar89.5731.254.02293.1561.304.184
Aspirante62.851879.91465.365915.110

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior94.8821.328.34898.6771.381.478
Conserxe91.2001.276.80094.8481.327.872
Ordenanza, vixilante89.5731.254.02293.1561.304.184
Botóns 17 anos60.942853.18863.380887.320
Botóns 16 anos44.578624.09246.361649.054

Categorías19951996

MesAnoMesAno

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro102.7561.438.584106.8661.496.124
Oficial primeira, conductor primeira98.9391.385.146102.8971.440.558
Oficial segunda, conductor segunda94.8821.328.34898.6771.381.478
Axudante, operador de reproductoras de planos, operador de multicopistas ou fotocopias85.3901.195.46088.8061.243.284
Peón, mozo, limpador/a, a xornada completa89.5731.254.02293.1561.304.184

-Por representación empresarial:

José Román Silveira (AGS).

Jesús Vázquez Vázquez (AGS).

José Ramón Briones Varela (AGS).

Blanca Lesta Castelo (AGS).

Isidro Pousada Vales (AGS).

-Por representación social:

José Luis Paz Pena (CC.OO).

Gerardo Mariño Castro (CC.OO).

Julián Romero Mayo Corzo (UGT).

José Luis Peña Díaz (CIG).

Emilio Blanco Rodríguez (CIG).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1996.

4574