Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Setex-Aparki, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Setex-Aparki, S.A. (código 2700652), da provincia de Lugo, asinado o día 16 de marzo de 1996, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de abril de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta sinatura do convenio colectivo da empresa Setex-Aparki, S.A. Lugo

Pola parte empresarial:

Guillermo Ruiz Cormena.

Manuel Pérez Gegundez.

Pola parte social:

Javier M. Reguera Pérez.

Manuel Lorenzo Fernández.

Fernando Teijeiro Valledor.

Reunidos en Lugo sendo as 17 horas do día 16 de marzo de 1996 nos locais da Unión Xeral de Traballadores (UGT), reúnense os arriba mencionados, integrantes todos eles da comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Setex-Aparki, S.A. de Lugo, tomando os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo da emprsa Setex-Aparki, S.A., que se anexa á presente acta, así como as táboas salariais que tamén se xuntan.

Segundo.-Remiti-lo presente documento, cos seus anexos á autoridade laboral competente para cumpri-los efectos legais oportunos, entre eles o da súa publicación no BOP.

E sen máis asuntos que tratar, asinan a presente acta ás 18 horas do día anteriormente sinalado.

Convenio colectivo para os traballadores da empresa Setex-Aparki, S.A. de Lugo

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Setex-Aparki, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico do presente convenio circunscríbese á cidade de Lugo.

Artigo 3º.-Duración.

O convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996, con independencia da súa publicación no BOP e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 1996. Os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderán denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio, debendo facelo cun mínimo de tres meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación que faga fe á outra parte e á Dirección Provincial de Traballo.

De no ser denunciado en tempo e forma por ninguna das partes, prorrogarase automaticamente por anualidades naturais, elevando os conceptos económicos na mesma proporción que o faga o IPC previsto para ese ano máis dous puntos.

Denunciado o convenio, se as negociacións se estenderan por un período superior á vixencia del, entenderase prorrogado este, ata a entrada en vigor do novo convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento da sinatura do convenio algún dos pactos del, este quedará nulo na súa totalidade, comprometéndose ámbalas partes a negocialo de novo.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase una comisión mixta paritaria que entenderá de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

A comisión mixta paritaria estará formada por 2 traballadores (nomeados polo sindicato máis representativo dentro da empresa e 2 representantes da empresa. Cada parte poderá nomear 1 asesor que terá voz pero non voto.

Para que exista acordo requirirase do voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

Das reunións celebradas pola comisión, levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas, debendo ser asinadas as actas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

A comisión reunirase cando llo solicite unha das partes.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada.

A xornada en cómputo anual será de 1.800 horas.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas. Naqueles que se realicen de forma continuada haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo 12 horas.

Os días de descanso en cómputo anual será o mesmo para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa, aínda que os cuadrantes de traballo serán negociados cos representantes legais dos traballadores da empresa.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de vacacións retribuídas de 31 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario de vacacións será pactado entre a empresa e a representación legal dos traballadores. Para tal efecto os representantes dos traballadores presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Os traballadores poderán gozar de permiso retribuído nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillo: 3 días.

-Por matrimonio do traballador/a: 16 días.

-Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe ou parella estable, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días.

-Por matrimonio de fillos ou pais: 1 día.

Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 100 km corresponderalle un día máis, se é o caso.

-En caso de visita médica nos servicios da Seguridade Social e mediante xustificante de consulta, concederase o tempo necesario para a mesma.

O traballador terá dereito a desfrutar de xornada retribuída de 3 días por asuntos propios; como único requisito para a súa adxudicación esixirase a súa petición por escrito cunha anticipación de 48 horas, como mínimo. Cando a petición dalgún destes días se realice por máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representacion legal dos traballadores e da empresa abordarán as condicións precisas para o seu desfrute.

Capítulo III

Ascencos

Artigo 11º.-Ascensos e promocións.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como categorías medias), antes de contratar persoas alleas á mesma, tratarase de cubrir estas prazas con traballadores de cadro de persoal, pasándose a cubri-las vacantes dos traballadores promocionados, polas novas contratacións.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior durante máis de 90 días ininterrompidos ou de 120 días alternos dentro do mesmo ano, concederalle a categoría superior, figurando coa mesma no correspondente escala.

Tódolos traballadores terán dereito á formación profesional e á promoción de traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores no seu Art. 22.

Tódolos traballadores que realicen estudios ou formación profesional en centros oficiais poderán solicitar quenda de traballo adecuados a eles; a súa concesión, logo de estudio e aprobación, realizarase por acordo entre os representantes legais dos traballadores e a empresa. Os permisos necesarios non excederán de 8 días naturais ó ano retri

buídos, para concorrer a exames, sen alteración nin diminución dos seus dereitos laborais.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade temporal (IT).

Para os supostos de incapacidade temporal acórdase o seguinte:

Durante as ausencias por IT, derivada de accidente de traballo ou hospitalización, a empresa aboará, pola súa conta, durante o tempo que dure a dita situación, un complemento de prestacións á Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución bruta. Igualmente os traballadores percibirán a partir do 15 día da IT o 100% da retribución bruta en caso de enfermidade común ou accidente non laboral.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada ós 64 anos sempre que o traballador teña cuberto o período de carencia na Seguridade Social, para tal efecto e segundo o estipulado no R.D. 1194/1985 a empresa comprométese a substituí-lo traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

-63 anos: 350.000.

-62 anos: 390.000.

-61 anos: 420.000.

-60 anos: 450.000.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa estará obrigada a lles facilitar ós representantes dos traballadores información periódica sobre contratación que incluirá:

a) Previsión en materia de emprego e contratación.

-Modalidades de contratación.

-Grao de cumprimento das previsións anteriores. Esta información entregarase trimestralmente.

b) Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se han de contratar.

-Modalidades de contratos e número deles.

-Datas de celebración dos contratos e duración deles.

-Modo de selección do persoal.

En caso de que as decisións empresariais non se realicen logo de consulta cos representantes legais dos traballadores, entenderanse inexistentes as circunstancias que xustifican a contratación tem

poral e polo tanto as relacións laborais serán consideradas como indefinidas.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 15º.-Vestiario. Servicio O.R.A.

-Un anorak impermeable.

-Dous pantalóns.

-Dúas saias.

-Dúas camisas manga longa para o inverno.

-Dúas camisas manga curta para o verán.

-Unha chaqueta facendo xogo cos pantalóns ou coas saias.

-Un par de zapatos de verán.

-Un par de botas para inverno.

-Unha gravata.

-Dous pares de calcetíns de verán.

-Dous pares de calcetíns de inverno.

-Medias para o persoal feminino.

-Unha gorra.

As roupas de traballo e calzado serán renovables de ano en ano.

Os traballadores que por necesidades físicas e prescrición facultativa precisasen modificacións nas súas roupas de traballo, estas serán efectuadas por conta da empresa.

Artigo 16º.-Asistencia xurídica.

Tódolos traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia de avogado e procurador desde o inicio co fin do proceso xurídico, e nos casos en que pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido se producise algún tipo de agresión por persoas alleas á empresa, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culpable.

Artigo 17º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establécese unha póliza de morte ou invalidez para cada un dos traballadores da empresa durante a súa permanencia en activo na mesma consistente en 3.000.000 de ptas., en caso de morte natural e de 3.000.000 de ptas. en caso de morte ou invalidez por accidente. A póliza producirá efectos a partir da data en que se asine o citado convenio. As primas deste sequro corren por conta da empresa, a cal deberá darlles copia ós representantes legais dos traballadores.

Indemnizacións por falecemento. A empresa aboará dúas mensualidades completas (salario base + antigüidade) do mes completo no que faleza sen ter en conta o día en que tal feito ocorra, así como a cantidade a aboar por «lutus» será de 50.000 ptas.

Artigo 18º.-Protección ó embarazo.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o seu embarazo o seu posto de traballo e unha quenda distinta á súa se existise prescrición do facultativo que atende o seu embarazo, sen modificación de categoría nin merma dos seus dereitos económicos.

Durante a baixa do IT por embarazo, a traballadora terá dereito a percibi-lo 100% de tódolos seus conceptos salariais.

A traballadora embarazada terá permisos retribuídos para preparación ó parto, así como a elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Establécense 2 pagas extraordinarias, en contía de salario base, pluses e antigüidade, que serán aboadas, a de verán coa nómina do mes de xuño e a de Nadal con anterioridade ó 20 de decembro.

Así mesmo establécese unha participación nos beneficios que consistirá no reparto lineal entre tódolos traballadores dunha cantidade equivalente ó 2% remanente obtido no servicio O.R.A. Este remanente xustificarase mediante a liquidación presentada ó concello correspodente ó ano anterior. Esta paga farase efectiva durante os 3 meses seguintes ó devengo.

O aboamento farase efectivo antes do día 31 de marzo de cada ano.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

-De 3 a 6 anos: 5%-De 6 a 9 anos: 10%-De 9 a 12 anos: 15%-De 12 a 15 anos: 20%-De 15 a 18 anos: 25%-De 18 a 21 anos: 34%-De 21 a 24 anos: 48%-De 24 ou máis anos: 58%

Estas porcentaxes aplicaranse sobre o salario base vixente en cada momento.

Artigo 21º.-Quebranto de moeda.

Aboaráselle a cada traballador un 2% sobre tarxeta que sexa vendida por el mesmo. O seu devengo realizarase antes de finaliza-lo primeiro e segundo semestre de cada ano.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 22º.-Táboas salariais para 1996 (segundo anexo I).

Artigo 23º.-Incremento salarial 1996.

Acórdase un incremento salarial do 4% sobre as táboas do 1995 con efectos do 1 de xaneiro de 1996.

Ó mesmo tempo tódolos traballadores percibirán unha paga de compensación social que cobrarán na nómina do mes de setembro de 1996 por importe de 12.480 ptas. a cal queda consolidada para anos sucesivos.

Artigo 24º.-Cláusula de revisión salarial ano 1996.

No suposto de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 1996 supere o 4% efectuarase unha revisión salarial, tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia. No exceso resultante tal incremento aboarase con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 1996 e servirá de base para o cálculo das táboas salariais de 1997.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL ANO 1996

CategoríaSalario base

(14 pagas)

Incentivo

(14 pagas)

Transp.

(14 pagas)

Sal. bruto

(mensual 96)

Vixilante77.256 4.39619.841101.493
Conductor82.00515.94529.850127.801
Of. Mantem.83.09016.81334.235134.138
Administrativo84.17419.52541.482145.181

3224