Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 24 de maio de 1996, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exerccio do ano 1996.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 119, do martes, 18 de xuño de 1996, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.997, no cadro do punto 5, apartado a) «Axuda, Fin do prazo», onde di: «Diminuídos, 15-xaneiro-1996; Vivenda, 15-xaneiro-1996», debe dicir: «Diminuídos, 15-xaneiro-1997; Vivenda, 15-xaneiro-1997».

9603843