Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN de 29 de maio de 1996 pola que se fai público o convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e entidades financeiras.

Con data do 28 de maio de 1996, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 27 entidades financeiras firmaron un convenio con obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financiero ás pequenas e medianas empresas, ó amparo do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura

como anexo I e a relación de entidades que subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e ....

Convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) , o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a entidade financeira ....

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

ANTECEDENTES

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) , José Antonio Orza Fernández e, por outra parte, por ....., representado por D. ... .... ...... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco xeral de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial establecido polo Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e desenvolvido mediante a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as PEMES desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consiste a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras acollidos ó presente convenio. Os fondos para a formalización destas operacións seranlles facilitados ás entidades financeiras polo Instituto de Crédito Oficial.

Para este fin, ....., na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas, na súa calidade de beneficiarias do presente convenio, unha cantidade non inferior a ... millóns de pesetas. A dita cantidade destinarase a financiar operacións acollidas tanto ó presente convenio como ó subscrito entre o Igape e as entidades financeiras.

A cantidade comprometida poderase incrementar ou diminuír no mes de xullo de 1996, proporcionalmente ó grao de utilización efectivo dela, acordo co tempo transcorrido do convenio. A diminución segundo o anterior é unha facultade potestativa do Igape, os incrementos efectuaranse de mutuo acordo.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados con suxeición ás seguintes,

CLÁUSULAS:

Cláusula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre ........ e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, na Orde do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, así como nas normas específicas contidas no presente convenio e as que con posterioridade se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1.-Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES) conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os efectos do presente convenio, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que non teña mais de 250 traballadores, e

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de Ecus, ou ben un balance xeral, activo total, non superior a 27 millóns de Ecus, e

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos anteriores salvo se estas son empresas públicas de investimento, empresas de capital risco ou, sempre que non se exerza o control, se son investidores institucionais.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do Ecu vixente na data de entrada en vigor da Orde do 18 de abril de 1996: 1 Ecu: 156,320 pesetas.

No caso de que durante a vixencia deste convenio a Unión Europea establecera unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

2.-Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen teren a condición de PEME de acordo coa definición anterior, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco da

Orde do 18 de abril de 1996 e do presente convenio e que se consideren de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto das que a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio, sempre que o seu cadro de persoal sexa inferior a 500 traballadores, o seu inmobilizado neto inferior a 11.500 millóns de pesetas e que non estean participadas en máis dun 33% por unha gran empresa, agás que esta sexa empresa pública de promoción ou empresa de capital risco.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que a actividade incentivada se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, a dita actividade teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade dela coa empresa ou centro de traballo radicado na devandita Comunidade Autónoma.

Cláusula 4ª.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a súa vixencia para a presentación de novas solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira, será ata o 15 de outubro de 1996. En consideración ás solicitudes presentadas e á capacidade orzamentaria para atendelas, o Igape poderá adianta-la data límite para a presentación de solicitudes na entidade financeira.

Cláusula 5ª.-Modalidade e destino das axudas.

1.-Modalidade:

A axuda consistirá na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro do presente convenio no marco xeral do Decreto 309/1995, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, e da Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

2.-Destino:

Os préstamos subsidiados destinaranse ó financiamento de proxectos de investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

Cláusula 6ª.-Actividades subvencionables.

1.-Considéranse incentivables, deacordo co establecido no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e na Orde do 18 de abril de 1996, as seguintes

actividades económicas, debendo esta-lo sector de actividade da empresa beneficiaria comprendido dentro dos relacionados no anexo de actividades subvencionables:

a) As de extracción, procesamento, transformación e comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación e comercialización de minerais ou os seus derivados.

c) A industria transformadora, o comercio, o turismo, a artesanía e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

f) A investigación técnica e aplicada, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, normalización, homologación, certificación, xestión, control e mellora da calidade levadas a cabo por calquera ente público ou privado.

g) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades anteriormente enumeradas.

Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nesta orde axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

2.-Serán preferentes, de entre as actividades subvencionables anteriores que se sinalan así mesmo no anexo de actividades, as seguintes:

a) A transformación e comercialización de produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais e de minerais.

b) O turismo especializado.

c) Os servicios de apoio industrial.

d) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, medio ambiente, robótica, telecomunicacións e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) As actividades pertencentes ó sector téxtil.

f) As actividades pertencentes ó sector do automóbil e a súa industria auxiliar.

g) O comercio polo miúdo e o comercio por xunto.

h) A fabricación de bens de equipo.

Cláusula 7ª.-Conceptos de investimentos subvencionables e materialización dos investimentos.

a) Serán conceptos de investimento subvencionable:

. Inmobilizado material:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e acometidas de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.

-Traballos e estudios de planificación, enxeñería de proxectos e dirección facultativa dos traballos.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

. Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas e propiedade industrial, incluíndo os traballos de investigación e desenvolvemento (I+D) .

Respecto dos activos anteriores, aplicarán as seguintes limitacións:

-O investimento inmobiliario non superará o 80% da totalidade do proxecto de investimento.

-O investimento inmaterial non superará o 20% da totalidade do proxecto de investimento.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición.

b) De entre os investimentos anteriores, poderán considerarse preferentes os destinados ás seguintes finalidades:

-A creación de novas empresas.

-A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

-A investigación técnica aplicada e a innovación e desenvolvemento.

-A adquisición de patentes e licencias de fabricación.

-Os investimentos en maquinaria e bens de equipo sempre que no subsector ó que pertenza o beneficiario non exista sobrecapacidade instalada.

c) Materialización dos investimentos: os activos nos que se materializa o investimento deberanse manter durante a vixencia do préstamo ou, se é o caso, substituiranse por outros de idéntica natureza e destino, non podendo, neste último caso, obterse ningún tipo de axuda financeira do Igape para a adquisición destes últimos.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo.

1.-Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento:

O importe máximo conxunto de préstamo ou préstamos subsidiables ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas. Excepcionalmente, naqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse considerar importes de préstamo superiores.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación no poderá exceder do 70% do investimento subvencionable.

O importe mínimo do préstamo será de 5 millóns de pesetas, en tanto que o investimento subvencionable non poderá ser inferior a 10 millóns de pesetas.

Cando o proxecto investidor, pola súa contía, características e prazo de execución e pagamento, se vaia dilatar no tempo, poderase admiti-la formalización de varios préstamos sucesivos. Neste caso, a documentación que se esixirá en cada expediente, coa salvidade do primeiro deles, será, ademais do impreso de solicitude e a comunicación de concesión da entidade financeira, a certificación acreditativa do cumprimento de obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.

2.-Prazos de amortización e subsidiación:

Establécense as dúas seguintes modalidades de amortización do préstamo á elección do prestatario:

a) 7 anos, incluídos 2 anos de carencia do principal.

b) 5 anos, incluído 1 ano de carencia do principal.

A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de vixencia dela.

Os períodos de amortización arriba sinalados comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 do calendario inmediato á data de disposición dos fondos ICO pola entidade financeira prestamista, polo que a vixencia de cada operación poderá ser superior ós prazos referenciados exclusivamente polos días que se engaden no período irregular inicial, non afectando isto ó prazo máximo de subsidiación que se establece no parágrafo precedente.

As amortizacións serán realizadas polo prestatario en cotas semestrais iguais, debendo recolle-la póliza ou escritura de préstamo as datas e importes das cotas de amortización.

Non obstante, á vontade do prestatario, o préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente. As amortizacións anticipadas que, se é o caso, realice voluntariamente o prestatario deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

No caso de reembolso parcial anticipado subscribirase un anexo á póliza ou escritura de préstamo, no que se determinará o capital parcialmente amortizado e se concretará o novo importe das cotas semestrais pendentes de pagamento e a data de pagamento de cada unha delas.

A entidade financeira enviará coa maior brevidade as fotocopias do devandito anexo ó Igape, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación semestral da subvención.

A penalización por reembolso anticipado é a seguinte:

-Préstamos a tipo variable: 2,5% anual polo prazo que falte ata a data de revisión do tipo. Se o reembolso se fai coincidir coa data de revisión non hai penalización.

-Préstamos a tipo fixo: 2,5% anual sobre as cantidades reembolsadas anticipadamente.

3.-Tipos de xuro, axuda financeira, comisións, intervención das S.G.R.:

3.1.-Tipos de xuro expresado en taxa anual equivalente (TAE) :

O tipo de xuro da operación, en función da modalidade da cesión de fondos ICO elixida pola entidade financeira prestamista, poderá ser:

-Tipo de xuro variable (en termos TAE) : inicialmente será o que se obteña de lle sumar ó «tipo de cesión do ICO», a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,75 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior será revisable para cada período anual de xuro segundo o MIBOR a 1 ano en termos TAE máis 0,5 puntos.

-Tipo de xuro fixo durante toda a vida do préstamo (en termos TAE) : será o que se obteña de, sumar ó «tipo de cesión do ICO», a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,75 puntos porcentuais de xuro.

O ICO comunicaralles quincenalmente ás entidades financeiras o «tipo de partida ICO», o que, diminuído en 1,25 puntos porcentuais, determinará o «tipo de cesión» ó que se fai referencia nos parágrafos anteriores, o que, incrementado na marxe da entidade financeira, será o que se deba aplicar ós préstamos que se formalicen durante esa quincena. A mesma comunicación efectuarase para a revisión anual no caso de que a opción elixida fose tipo de xuro variable.

Os tipos de xuro aplicables ós préstamos subvencionaranse con fondos Feder, en ata 1,75 puntos porcentuais. Está previsto que a subvención do Feder, agás no caso de que se descontara directamente do tipo de xuro á formalización do préstamo, pagarase dunha soa vez, cando este organismo faga o libramento de fondos, e aplicarase para reduci-lo principal do préstamo recalculándose linealmente as cotas de amortización sen varia-lo prazo. Neste caso non se aplicará a penalización por reembolso anticipado que se menciona na cláusula 8.2.; en todo caso, a operativa estará suxeita ás normas de funcionamento entre o ICO-Feder.

3.2.-Axuda financeira do Igape:

A subsidiación non superará por tódolos conceptos os 5 puntos, agás para aqueles préstamos que acheguen aval de sociedade de garantía recíproca (S.G.R.) ; neste caso poderanse acada-los 6 puntos.

Os criterios utilizados para a determinación dos puntos de subsidiación serán:

-Por actividade cualificada como subvencionable, tendo en conta ademais, se se trata de empresas

de nova creación, a creación de emprego que o proxecto supoña, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora medioambiental: ata 2 puntos.

-Por actividade cualificada como preferente, tendo en conta ademais, se se trata de empresas de nova creación, a creación de emprego que o proxecto supoña, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora medioambiental: ata 3 puntos.

-Por localización preferente do proxecto investidor, deacordo co artigo 8 da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

Para os efectos deste convenio, consideraranse zonas especialmente desfavorecidas, deacordo co disposto no artigo 8. b) da Orde do 18 de abril, aqueles municipios nos que existe un abandono de poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como anexo.

-Por investimentos preferentes, deacordo co artigo 9.3. da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

-Por asociación empresarial, deacordo co disposto no artigo 9.4.1) da Orde do 18 de abril: ata 2 puntos.

-Por aval dunha sociedade de garantía recíproca (S.G.R.) : ata 1 punto.

No caso de que a un proxecto lle correspondese polos conceptos devanditos unha puntuación superior a 5 puntos ou, no caso de ter aval de S.G.R., a 6 puntos, reducirase proporcionalmente a puntuación por cada un dos conceptos devanditos que computen ata acada-la puntuación máxima arriba sinalada.

3.3.-Comisións:

O tipo de xuro é TAE e as entidades financeiras non poden cobrar cantidade ningunha en concepto de comisión de apertura, gastos de estudio e comisión de dispoñibilidade.

3.4.-Intervención das S.G.R.:

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha S.G.R. que subscriba este convenio, o tipo de xuro indicado no apartado 3.1. rebaixarase nun punto. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será integramente subvencionada polo Igape.

3.5.-Xuro nominal neto mínimo:

-Para préstamos con tipo de xuro variable:

As variacións á alza do tipo de xuro serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, é dicir, non provocarán ningunha variación nos puntos de subsidiación.

No caso de variacións á baixa, o tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 5%; neste caso limitarase a subsidiación ata o citado tipo resultante.

-Para préstamos con tipo de xuro fixo: o tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 5%.

Non obstante, no caso de préstamos a tipo de xuro fixo ou variable que financien proxectos en actividades preferentes ou que, aínda non o sendo, teñan unha localización preferente, deacordo co disposto neste convenio e na Orde do 18 de abril de 1996, o citado tipo de xuro mínimo reducirase ó 4%.

Cláusula 9.-Tramitación.

1.-Modelo de solicitude e documentación:

A solicitude que se presente deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto se distribuirá e ó que se lle dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais desta solicitude, incluirase a seguinte documentación por duplicado:

-Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

. Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

. Fotocopia do CIF.

. Copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente rexistrada.

. Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total neto correspondente á data de peche do exercicio 1995.

. No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total neto correspondente á data de peche do exercicio 1995.

-Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara,

data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social emitida polos órganos competentes.

-Certificación acreditativa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

-Descrición valorada do investimento proxectado, con identificación e detalle suficiente das diferentes partidas que compoñen o proxecto, así como do importe correspondente a cada unha delas, asinada polo solicitante. Neste documento farase constar igualmente se se trata da creación dun novo establecemento, ou ben da ampliación ou da modernización do xa existente.

-Para aqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán xuntar anteproxecto valorado delas, así como fotocopia compulsada da solicitude da licencia de obra ou da licencia definitiva expedida polo concello competente.

-No caso daqueles préstamos con destino exclusivo a adquisición de solo en polígonos industriais, declaración xurada do solicitante pola que se comprometa a executa-lo proxecto investidor asociado antes do prazo de dous anos.

-Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas segundo a definición contida na normativa do imposto sobre sociedades, será preciso achegar unha valoración subscrita por firma de taxación independente.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Se é o caso, declaración xurada do número de postos de traballo por conta allea que se van crear.

-Os proxectos que soliciten préstamos superiores ós 75 millóns de pesetas presentarán unha memoria dos antecedentes da empresa ou dos seus promotores, a razón que aconsella a realización do proxecto, memoria do funcionamento, de investimentos, comercial e financeira e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

2.-Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras segundo o modelo oficial xa citado, achegando orixinal e catro copias, acompañadas pola documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregaralle ó solicitante a cuarta copia, dará coa 3ª copia e remitiralle ó Igape o

orixinal e a 1ª copia e á consellería sectorial por razón da materia a 2ª copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo.

As entidades financeiras deberán presentar no rexistro xeral do Igape os expedientes coa documentación completa acompañada da concesión do préstamo (segundo modelo que se xunta) e do aval da S.G.R., se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 15 de novembro de 1996, debendo presentar, ademais un exemplar dos expedientes na consellería sectorial por razón da materia.

A presentación dos expedientes no Igape deberá realizarse mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe) , indicando a que consellería sectorial remitiron a segunda copia.

No caso de operacións avaladas por unha S.G.R., estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación, tanto ó Igape como á consellería sectorial, sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

O Igape poderlle reclamar á entidade financeira e ó interesado os datos adicionais que estime convenientes para precisa-lo contido da documentación preceptiva, debendo presentarse aquela no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado; transcorrido este, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

3.-Concesión.

O Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de catro meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderanse considerar desestimadas.

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralle á entidade financeira e á S.G.R., se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. Nos casos de resolucións de concesión, previamente á formalización do préstamo, o beneficiario deberá aceptar expresamente a dita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión.

4.-Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, deacordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio, a entidade financeira poderá formaliza-los préstamos

con fondos da liña Feder-ICO cos seus clientes, logo de presentación da solicitude no Igape, respectando as condicións xerais establecidas nel.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na devandita resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión deberá recolle-la característica de estar acollido ó convenio Igape-ICO e a este programa (clave I-1/96) , e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos obxecto de subsidiación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión, a partir da data de comunicación da concesión, será de cinco meses. A partir do dito prazo, esta considerarase nula, agás autorización expresa polo Igape, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira enviará, coa maior brevidade, dúas fotocopias da póliza ou escritura de préstamo ó Igape, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

5.-Disposición:

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar á entidade financeira, á disposición dos fondos da operación financeira subsidiada, a súa aplicación á finalidades para as que foi concedida.

O período de disposición non poderá abarcar un prazo superior a un ano a partir da data de formalización do préstamo.

Á formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requiriralles ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe -préstamo subvencionado/investimento subvencionado- segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta

documentación acompañada do extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento.

6.-Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: os activos nos que se materialice o investimento, se é o caso, deberán manterse durante a vixencia do préstamo. Poderase solicita-lo cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas e para tódolos programas, nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma da sociedade, sempre que se recolla na escritura o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas, comprometido no proxecto subvencionado, se é o caso; nos casos de fusión e absorción de sociedades procederase de maneira análoga. A citada documentación deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

Tamén se considerará que cumpre esta condición se os bens financiados son substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter ningún tipo de axuda financeira para estes. Nos casos en que non existan investimentos deberán manterse as condicións que fixeron posible o acceso á axuda.

b) Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do préstamo noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitou a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, achegando nova comunicación de concesión do préstamo e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: poderá aceptarse sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade financeira, previamente á formalización do préstamo ou, en todo caso, á utilización dos fondos, ante o Igape, achegando unha memoria explicativa do cambio. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento, podendo o Igape, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do préstamo subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 8ª.

Nos préstamos xa formalizados nos que proceda unha reducción na contía deles, esta efectuarase mediante amortización anticipada, aplicándose a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións sobre o prazo de amortización do préstamo, ou alternati

vamente poderá aplicarse en orde cronolóxica inversa ás datas de vencemento, debendo corresponder en contía a unha ou varias cotas completas.

O procedemento e documentación que se xuntará á solicitude serán os mesmos que no caso anterior.

O resto das incidencias que se producisen poderanse admitir despois da solicitude do interesado coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 10ª.-Liquidación.

a) Liquidación de xuros.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, o mesmo cás amortizacións, semestralmente.

Os períodos semestrais comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 inmediato á data de disposición dos fondos ICO pola entidade financeira prestamista, polo que o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses.

b) Liquidación da subsidiación.

O cálculo da subsidiación realizarase por parte da entidade financeira por períodos semestrais que remitirán ó Igape segundo o procedemento establecido na cláusula 11ª.

En tanto non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos, pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado coa matización do parágrafo seguinte. A partir da xustificación total do investimento, as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A xustificación do investimento realizarase a través de «certificacións de xustificación de investimentos» emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar como máximo dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta terá que ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

A entidade financeira esixiralles ós beneficiarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable así coma os documentos xustificativos do pagamento, que remitirán ó Igape acompañando as ditas certificacións.

As «certificacións de xustificación de investimentos» que deberá cubri-la entidade financeira conterán alomenos,os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representan repecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define coma a última data do pagamento do inves

timento xustificado na certificación; sinalización de tratarse da primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e á data na que esta foi presentada, así coma o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, deberá achegar, a entidade financeira, unha solicitude de modificación da resolución, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor que figura na certificación de xustificación de investimentos, emitida pola entidade financeira.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto no primeiro parágrafo da cláusula 9.4 anterior, a data valor da certificación de investimentos non poderá ser anterior á data de notificación da resolución.

Os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

O prazo máximo para remitiren as entidades financeiras as certificacións de xustificación de investimentos, será de 4 meses, contados a partir da data de remate do período de disposición, podendo o Igape conceder prórroga a solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade financeira.

Cláusula 11ª.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase semestralmente a través da entidade financeira prestamista.

As entidades financeiras solicitaranlle ó Igape o pagamento da subsidiación dentro dos 5 primeiros días do semestre seguinte ó que corresponde a liquidación. Achegaranlle á dita solicitude as liquidacións semestrais en formato de listas ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente, onde figurarán os seguintes datos:

O capital vivo teórico á data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo do trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentasen nese trimestre certificacións de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación,

segundo o establecido na cláusula 8ª.3.2. deste convenio, debendo a entidade financeira aboaarlle a subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais, en tanto o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Cláusula 12ª.-Proxectos e operacións especiais.

Dentro dos programas e fins previstos no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na Orde de 18 de abril de 1996 e neste convenio, nos casos de proxectos e operacións que pola súa natureza e contía requiran prazos de realización, disposicións financeiras, sindicación de créditos e outros que superen os límites establecidos neste convenio, poderase establecer un tratamento individualizado, no referente ó condicionado xeral.

Cláusula 13ª.-Perda da subvención.

1.-No caso de reclamación xudicial a instancia da entidade de crédito, polo incumprimento do contrato de préstamo, e nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro desde a data de presentación da reclamación ou desde que se teñan por solicitadas as declaracións de suspensión de pagamentos ou de quebra no xulgado.

2.-Procederase ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o devengo de calquera pagamento con cargo á subvención concedida, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Tratándose de condicións referentes á contía do investimento, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ó investimento non practicado ou practicado indebidamente. Se o incumprimento superara o 50 por 100 do investimento ó que se obrigara o beneficiario, poderá entenderse que dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar tódalas cantidades percibidas.

Se o incumprimento derivara da inobservancia dalguha outra condición ou suposto distinto, o seu alcance determinarase en función do grao e da entidade da condición incumprida, sempre e cando quede salvagardado o plan de viabilidade se é o caso, presentado.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta delas.

Transcorridos 30 días naturais desde a data da notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención sen que se efectuase o ingreso da cantidade esixida nel, procederase ó cobro por vía de constrinximento.

3.-Así mesmo, o Igape poderá esixírlle-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e das que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

Cláusula 14ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos ou préstamos que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con outras axudas públicas, pero en ningún caso, ailladamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

En todo caso serán de aplicación os límites de axudas previstos no artigo 7 do Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de atualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Claúsula 15ª.-Responsabilidade subsidiaria.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder subsidiariamente e de xeito solidario co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitira dispor indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou

ben estes se refiran de xeito claro e manifesto a bens substancialmente distintos dos incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dese lugar a unha resolución administrativa firme de obriga de devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos, nos que non interveña culpa nin dolo.

Cláusula 16ª.-Normas operativas.

As entidades financeiras asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 17ª.-Información e inspección.

O Igape, por medio dos seus propios órganos, poderá solicitar das entidades financeiras aclaracións á documentación que deberán enviar unha vez realizada a disposición total do préstamo e que se sinala na cláusula 9.5 e ó longo de toda a vixencia do préstamo ou crédito.

Igualmente poderá solicitar da S.G.R. a remisión da documentación que acredite a execución do investimento, correspondente ós beneficiarios ós que lles prestou o seu aval.

O Igape poderá proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios destas axudas.

Cláusula 18ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de preaviso, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 19ª.-Compromiso das entidades financeiras.

1.-A entidade financeira que subscribe o presente convenio comprométese a concede-los préstamos nos termos e condicións establecidas neste convenio, no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e na Orde do 18 de abril de 1996. A entidade financeira, antes do 20 de setembro de 1996, enviaralle por escrito ó Igape, referido á data do derradeiro día hábil do mes de agosto, a relación de peticionarios por cada un dos programas deste convenio, ós que lle foron concedidos préstamos, engadindo se é o caso unha relación da solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e o importe concedido.

Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 21 de outubro de 1996. A devandita relación detallará por unha parte tódalas operacións concedidas desde a data da sinatura deste convenio, e por outra as que estean pendentes de aceptación por parte da entidade financeira ó 15 de outubro de 1996.

2.-A entidade asinante comprométese igualmente a non conceder préstamos sen a autorización do Igape por unha contía superior a ... millóns de pesetas.

Así mesmo, a entidade financeira asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no dito artigo do 40% (... millóns de ptas.) para actividades subvencionables e do 60% (... millóns de ptas.) para actividades, localización ou investimentos preferentes sobre a cota asignada de ... millóns de ptas. conxuntamente para este convenio e para o convenio Igape-Entidades financeiras.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as S.G.R., Ico e representates do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar co Vº e P previo do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa e correspondelle ó Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula 23ª.-Cláusula de aplicación transitoria.

Deacordo co establecido na disposición transitoria da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, as empresas que formalizasen operacións crediticias con fondos da liña Feder-Ico, que poidan estar incluídas na citada disposición transitoria, poderán solicita-la subsidiación establecida neste convenio, achegándolle á solicitude e á documentación establecida unha declaración xurada específica onde se sinalen os investimentos efectuados a partir do 6 de decembro de 1995, a operación crediticia da liña Feder-Ico da que os fondos foron utilizados para o pagamento dos ditos investimentos, así como aqueloutros inves

timentos realizados e pagados con fondos distintos da dita operación crediticia, computándose para estes efectos ata un 30%, como máximo, do investimento total.

Considerarase investimento subvencionable o realizado a partir do 6 de decembro de 1995 que se encadre nalgún dos supostos seguintes:

-O investimento que fose pagado mediante o crédito xa formalizado da liña Feder-Ico.

-Ata o 30% de investimento total pagado por calquera outro medio.

-O investimento pendente de pagamento.

O préstamo con dereito a subsidiación do Igape será de ata o 70% do investimento subvencionable.

No caso de que o préstamo considerado estivese formalizado e disposto única e exclusivamente para o financiamento do investimento considerado subvencionable, obxecto de solicitude, poderá ser adaptado ás condicións establecidas neste convenio sen necesidade dunha nova formalización, unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, circunstancia que se realizará mediante a inclusión dun anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na dita resolución.

O dereito a subsidiación no caso de resolución de concesión, computarase a partir da data desta ou da formalización do novo préstamo acollido ó convenio, no termos e condicións fixados nel, ou da adaptación do xa formalizado acorde co establecido na cláusula 9ª.4 deste convenio.

En Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

Pola entidade financeiraPolo Igape

Asdo.: ...Asdo.: José Antonio Orza Fernández

DNI.: ...Presidente do Igape

Modelo de comunicación de concesión do préstamo

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) .

Rfa.: Convenio Igape-Ico-96

R/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ós beneficios regulados polo Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e a Orde do 18 de abril de 1996 da Consellería de Economía e Facenda, e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslles

que foi concedido o préstamo coas características que se detallan:

Beneficiario

Código do programa: (I - 1/96)

Nº expediente

Data da solicitude na entidade financeira

Oficina

Importe

Prazo de vixencia

Período de carencia

Tipo de xuro: Fixo Variable

Amortización

Garantías (só se ten aval de S.G.R.)

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitímo-la 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de

Data e sinatura,

Concellos das provincias da Coruña e Pontevedra nas que existe un abandono de poboación superior a un 15%.

Provincia da Coruña

.Concello:

Moeche

Somozas (As)

Monfero

Mesía

Sobrado

Val do Dubra

Toques

Cesuras

Paderne

Boqueixón

Mañón

Vilarmaior

Vilasantar

Baña (A)

Laxe

Ortigueira

Capela (A)

Provincia de Pontevedra

.Concello:

Cotobade

Lama (A)

Vila de Cruces

Estrada (A)

Forcarei

Covelo (O)

ANEXO II

Relación de entidades financeiras que suscribirón o convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia.

CaixasBancosS.G.R.

Caixa GaliciaBanco AtlánticoAfigal, S.G.R.

Caixa OurenseBanco Bilbao VizcayaSogargo, S.G.R

Caixa PontevedraBanco Central Hispano

Caixa VigoBanco de Asturias

Caixa Rural de LugoBanco de Comercio

Caja PostalBanco de Galicia

Banco etchevarria

Banco Exterior de España

Banco Gallego

Banco Herrer

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Santander

Banco Simeon

Banco Urquijo

Banesto

Bankinter

Sodiga

Deutsche Bank

Banco Zaragozano

Banco de Sabadell

4683