Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Deportes de Invierno.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Deportes de Invierno e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 28-10-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega Deportes de Inverno

TÍTULO I

Disposicións finais

Artigo 1º

A Federación Galega de Deportes de Invierno (en anagrama FGDI), é unha entidade privada, con personalidade xurídica propia, integrada polos clubs deportivos, deportistas, xuíces, árbitros, delegados técnicos, adestradores e outros colectivos interesados, que promovan, practiquen ou contribúan ó desenvolvemento dos deportes obxecto da súa competencia, nas distintas modalidades que se relacionan no artigo 2º destes estatutos.

A FGDI terá plena capacidade de obrar no cumprimento dos seus fins. Para estes efectos réxese polas disposicións de Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte, polo Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro, sobre federacións deportivas, polo

Decreto 228/1994 do 14 de xullo, publicada no DOG o 8 de agosto do 1995 e por estes estatutos.

A FGDI non ten ánimo de lucro e é entidade de utilidade pública, de acordo co artigo 44 de Lei do deporte citada.

A FGDI ostentará a representación de Galicia nas actividades e competicións deportivas oficiais de carácter nacional celebradas fóra e dentro da rexión galega. Para estes efectos, será competencia da FGDI a elección dos deportistas que integrarán as seleccións rexionais.

Artigo 2º

As modalidades deportivas que lle compete promocionar e desenvolver á FGDI, son as que se expresan a continuación, coas especialidades que se destacan:

A) Modalidade de neve.

-Esquí alpino.

-Esquí de fondo e biathlón.

-Saltos de esquí.

-Esquí artístico e acrobático.

-Snowboard.

B) Modalidade de xelo.

-Hóckey sobre xelo.

-Patinaxe artístico e carreiras sobre xelo.

-Bobsleigh e luge.

-Curling.

En relación coas modalidades deportivas descritas, a FGDI, ademais dos súas actividades propias de goberno, administración, xestión e organización, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte, as función que se expresan a continuación, de acordo co disposto no Decreto 228/1994:

a) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico.

b) Actuar en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte para a promoción xeral das súas modalidades deportivas en todo o territorio rexional.

c) Deseñar, elaborar e executar, en colaboración, se é o caso, coa Secretaría Xeral para o Deporte, os plans de preparación dos deportistas de alto nivel nas súas respectivas modalidades deportivas, así como participar na elaboración das listas anuais deles.

d) Colaborar coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.

e) Organizar ou tutela-las competicións oficiais de carácter internacional que se celebren no territorio galego.

f) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva, nos termos establecidos na Lei do deporte, as súas disposicións de desenvolvemento e estes estatutos.

g) Exerce-lo control das subvencións que asignen ás asociacións e entidades deportivas, nas que fixe o Consello Superior de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte.

h) Executar, se e o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Tamén desempeñará, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control e supervisión que lle reconoce o ordenamento xurídico deportiva.

Así mesmo, estenderá a súa competencia ás funcións públicas que lle delegue a Administración do Estado, e a autonómica, en relación co seu abxeto asociativo.

Artigo 3º

O domicilio da FGDI, encóntrase en Ourense, na avenida da Habana, número 79, sexta planta.

Para modifica-lo domicilio da FGDI, dentro do territorio de Galicia, será necesario o voto favorable dos 2/3 da asemblea xeral.

A FGDI poderá mantener instalacións deportivas en calquera lugar do territorio galego.

Artigo 4º

A FGDI non permitirá discriminación ningunha de carácter político, relixioso ou racial, ou por razóns de nacemento, de opinión ou outra circunstancia persoal ou social, na práctica dos deportes que constitúen o ámbito da súa actividade, nin nas persoas, órganos ou estamentos que a integran, nin nos deportistas suxeitos a ela.

Artigo 5º

O emblema da FGDI é de forma circular e consiste nunha estrela de neve sobre fondo azul, na que se superpón a bandeira galega en escudo e o anagrama FGDI.

A bandeira da FGDI, é branca cunha franxa en diagonal azul e no centro o emblema da FGDI.

TÍTULO II

Estructura da Federación Galega Deportes de Inverno

A) Estructura orgánica xeral

Artigo 7º.-Estamentos integrados na FGDI.

Os estamentos integrados na FGDI, son os clubs deportivos inscritos na federación, os deportistas con licencia federativa, os xuíces, árbitros, delegados técnicos e os adestradores das distintas especialidades deportivas vinculadas no artigo 2º destos estatutos, co título expedito e homologado pola Federación Española Deportes de Inverno.

Artigo 8º.-Órganos de goberno, representación, administración e control da FGDI.

Son órganos da FGDI:

-A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

-O presidente da FGDI.

-A xunta directiva.

-O xerente da FGDI.

A súa designación, competencia e funcionamiento será o previsto nas normas xerais de aplicación e nestes estatutos.

Ademais, e como órgano sancionador e de control deportivo, establécese o Comité Federativo de Disciplina Deportiva.

Artigo 9º

A FGDI está integrada dentro da Federavión Española Deportes de Invierno e o presidente é un membro nato da asemblea xeral da Federación Española Deportes de Invierno, según lle confiere o artigo 32.2º y 3º da Lei do deporte.

A FGDI obrígase a executar no territorio galego, as decisións e acordos da Federación Española Deportes de Invierno, nas súas competencias.

Artigo 10º

A comisión delegada da FGDI poderá crear delegacións territoriais dentro da Comunidade Autonoma Galega.

Os representantes destas delegacións territoriais, serán elixidos polo presidente de FGDI.

B) Membros da FGDI. Dereitos e deberes

Artigo 11º

Os clubs deportivos, deportistas e membros dos demais estamentos interesados nos deportes de inverno, terán o dereito de participar na xestión da FGDI, a través dos seus representantes nos órganos de goberno regulados nestes estatutos.

Tódolos membros quedan suxeitos ás normas legais e estatutarias e á disciplina deportiva regulada por elas. Os seus dereitos concrétanse no título III destes estatutos.

C) Composición, designación, competencia, funcionamento e responsabilidade dos órganos de goberno e os seus membros

Artigo 12º.-Asemblea xeral.

A asemblea xeral é o organo superior de goberno e representación de FGDI.

A asemblea xeral da FGDI estará integrada polos clubs, deportistas, delegados técnicos, árbitros, xuíces, adestradores e outros colectivos interesados, que se fixen nas disposicións que regulen a convocatoria de eleccións.

O número e proporción de membros da asemblea entre os distintos estamentos que a integran, determinarase para cada elección, tendo en conta as modalidades deportivas da FGDI e axustándose ó disposto na Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994 que regula a estructura e funcionamento das federacións galegas, ou norma vixente no seu momento e no correspondente Regulamento de eleccións aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A elección dos membros da asemblea axustarase ós períodos olímpicos de inverno, a non ser que concorran causas que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en comisión delegada.

Correspóndenlle á asemblea xeral, que se reunirá unha vez ó ano en sesión plenaria e ordinaria, con carácter necesario:

a) A aprobación do orzamento anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo.

c) A aprobación e modificación dos seus estatutos.

Correspóndenlle así mesmo as demais competencias que se conteñen nos presentes estatutos ou aquelas que se lle outorguen regulamentariamente.

Poderán, así mesmo, cando concorran razóns de especial urxencia, tratarse na asemblea asuntos ou propostas que presenten o presidente ou a xunta directiva, ata corenta e oito horas antes da data da sesión, sempre que preste o seu consentimento a maioría absoluta dos presentes.

As demais reunións terán carácter extraordinario e poderán ser convocadas por iniciativa do presidente, comisión delegada por maioría, ou un número de membros da asemblea non inferior a 25 por 100.

As reunións serán convocadas polo presidente da FGDI con quince días, polo menos, de antelación e quedarán validamente constituídas cando concorran en primeira convocatoria a maioría absoluta dos seus membros e en segunda convocatoria, calquera número de membros que acudan a ela.

Ás sesións da asemblea xeral poderán asistir tamén con voz, pero sen voto, o presidente saínte do último mandato, así como aquelas persoas ou clubs que invite o presidente para mellor desenvolvemento dela.

Os acordos adoptaranse por maioría simple.

Levantarase acta das reunións da asemblea, que será aprobada por dous interventores nomeados na asemblea e subscritos polo presidente e o secretario. Se é o caso, procederase na forma prevista no artigo 32º.3 destes estatutos.

Artigo 13º.-A comisión delegada.

A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral de entre os seus membros. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral, a quen lle corresponde, así mesmo, a súa renovación.

Os membros da comisión serán un 15% dos membros da asemblea. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15. Elixiranse cada catro anos mediante sufraxio, podendo substituírse anualmente as vacantes que se produzan co seguinte candidato máis votado.

Á comidión delegada, dentro dos seus límites e cos criterios que a propia asemblea xeral estableza

e cando sexa convocada polo presidente da FGDI ou dous tercios dos membros da comisión delegada, coresponderalle:

a) A modificación do calendario deportivo.

b) A modificación dos orzamentos.

c) A aprobación e modificación dos regulamentos.

Á comisión delegada correspóndelle tamén:

-A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

-O seguimento da xestión deportiva e económica da FGDI mediante a elaboración dun informe anual á asemblea xeral, sobre a memoria de actividades e a liquidación do orzamento.

A comisión delegada reunirase, como mínimo, unha vez cada catro meses por proposta do presidente; así mesmo reunirase cando a solicite o número de membros expresado, cunha antelación mínima de dez días. Será presidida polo presidente da FGDI. Os acordos adoptaranse por maioría simple.

Poderán asistir ás reunións da comisión delegada, con voz pero sen voto, aquelas persoas que invite o presidente para mellor desenvolvemento dela.

Artigo 14º.-O presidente da FGDI.

O presidente da FGDI é o órgano executivo dela e ostenta a súa representación legal. O presidente da FGDI ostenta a dirección económica, administrativa e deportiva da FGDI, de acordo co previsto nestes estatutos. O seu nomeamento, de acordo co previsto no artigo 19 do Decreto 228/1994, realizarase cada catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de Inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto, polos membros da asemblea.

Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral, deberán ser presentados, como mínimo, polo 10 por 100 dos membros da asemblea.

A súa elección suxeitarase ó correspondente Regulamento electoral, que se someterá á Secretaría Xeral para o Deporte.

As eleccións na Federación Galega de Deportes de Inverno regularase, segundo os artigos, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43 da Orde do 28 de xullo de 1995, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo.

Para poder ser candidato a presidente, requírese:

a) Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non ter incorrido nalgunha sanción deportiva que o inhabilite.

e) Non ocupar cargo directivo noutra federación española ou galega, nin en clubs ou asociacións deportivas integrantes delas.

O presidente da FGDI, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos dos mesmos.

O presidente da FGDI coidará do funcionamento e orde de tódolos seus órganos, autorizará os pagamentos coa súa sinatura e a do xerente ou a do secretario, se está expresamente autorizado. Efectuará os nomeamentos que non estean especificamente asignados a outra persoa ou órgano, dictará as normas de administración, esixirá informes da actividade de cada órgano, asignará funcións e en definitiva, ostentará con tódalas prerrogativas propias do cargo, a representación e dirección da Federación Galega Deportes de Inverno.

En especial, correspóndelle ó presidente da FGDI, designar e revogar libremente ós membros da xunta directiva, dando conta deses nomeamentos na primeira asemblea.

Ademais, como executor dos acordos dos órganos superiores de goberno e como representante legal da FGDI, correspóndelle a representación xurídica da federación podendo, en consecuencia, executa-los actos e para a realización dos contratos que sexan necesarios e convenientes para a realización dos obxectivos da federación, sen excetua-los que versen sobre a adquisición ou alleamento de bens, incluso mobles, isto último logo de acordo da asemblea xeral; concertar toda clase de préstamos, con liberdade de pagos e condicións, coa banca privada, pública u oficial, institutos de crédito, caixas de aforros e incluso Banco de España; outorgar poderes a procuradores dos tribunais, abogados e persoas que libremente designe, con facultades especiais, logo de acordo da xunta directiva; representar á federación ante toda clase de organismos do Estado, provincia ou municipio e ostenta-la representación da federación ante xulgados e tribunais, incluso Tribunal Supremo, e calquera organismo oficial

e exercita-las accións civís, criminais, económico-administrativas e contencioso-administrativas en tódalas instancias; abrir contas correntes, cancela-las constituídas e nomear e destituír ó persoal que preste servicios na federación.

O cargo de presidente da FGDI, non é renumerado. Poderá selo sempre co acordo da asemblea, así como a contía da renumeración sexa aprobada pola metade máis un dos membros presentes na asemblea xeral. En tal caso, a renumeración bruta, incluídos os gastos sociais legalmente establecidos, non poderán ser satisfeitos con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

O presidente da FGDI, non poderá dedicarse a negocios comerciais ou industriais vencellados cos deportes de inverno.

O presidente da federación serao tamén da asemblea xeral, da comisión delegada e da xunta directiva, con voto de calidade en caso de empate na adoptión do acordos da asemblea xeral plenaria e da comisión delegada.

Nos casos de renuncia, ou cesamento do presidente, por calquera causa abrirase en período electoral.

Artigo 15º.-Moción de censura ó presidente.

A moción de censura ó presidente deberá estar referendada, a lo menos, por un tercio dos membros da asemblea. Presentarase na secretaría da FGDI, que estenderá recibo ó respecto.

Presentada a moción de censura ó presidente da FGDI, ésta deberá convoca-la asemblea xeral no prazo máximo de dez días, para a súa constitución no prazo mínimo de quince días e máximo dun mes, a partir da moción.

A sesión en que se debata a moción de censura será presidida polo membro da asemblea xeral de maior idade e actuará de secretario o máis novo.

Será necesario, na moción de censura, a presentación de candidato alternativo.

A moción exixirá, para a súa aceptación, maioría cualificada de dous tercios de votos presentes,que representen ó mesmo tempo a metade máis un da totalidade do seus compoñentes. De prospera-la censura, abrirase de inmediato período electoral para a elección dun novo presidente, rexendo as normas aprobadas na anterior elección.

Non se admitirá o voto por correo para a moción de censura e presentada unha non se admitirá nova moción ata transcorrido un ano.

Artigo 16º.-A xunta directiva.

A xunta directiva da FGDI é o organo colexiado de xestión, sendo os seus membros designados e destituídos libremente polo presidente da federación.

Estará composta polos seguintes cargos, cun número máximo de 15 membros:

a) O presidente.

b) Dous vicepresidentes, un dos cales substituirá o presidente en tódalas súas funcións e facultades, cando sexa necesario, ou por causa de enfermidade, ausencia, delegación ou incompatibilidade física ou legal e colaborarán con carácter xeral, en tódalas actividades federativas.

A xunta directiva fixará as competencias específicas de cada vicepresidente.

c) Os vocais deportivos, que coordinarán as actividades das distintas especialidades deportivas.

d) Os vocais xerais.

e) O presidente do Comité de Árbitros, Xuíces, e Delegados, segundo o previsto no 19º destes estatutos.

O xerente ou secretario da FGDI, participará nas reunións da xunta directiva, con voz, pero sen voto.

Tódolos cargos son honoríficos e en caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada a favor dalgún dos membros da xunta directiva, terá que ser acordada por maioría absoluta da asemblea e constar de maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvención públicas que reciba a federación.

A xunta directiva reunirase a citación do presidente ou solicitude dun tercio dos seus membros e en todo caso ó comezo e final de temporada e adoptará os seua acordos por maioría de votos.

Artigo 17º.-Comités de modalidades deportivas.

Os colectivos interesados nas modalidades deportivas, neve e xeo, relacionadas co artigo 2º destes estatutos, poderán constituír comités especiais, ó amparo do previsto no artigo 24 do Decreto 228/1994, para o cal se establecerán as normas reglamentarias, aprobadas pola asemblea, para regula-lo seu funcionamento e a elección dos respectivos presidentes.

Artigo 18º.-Comité de Ensinanza Técnica «Escola Galega de Esquí».

A FGDI mediande este comité, colaborará coa Administración Escola Galega de Esqui, na formación de técnicos deportivos e no desenvolvemento da investigación e ensinanza dos deportes da FGDI, segundo o previsto no artigo 33 d) da Ley do deporte e o previsto nestes estatutos, para as funcións públicas da FGDI

Artigo 19º.-Comité de Xuíces, Árbitros e Delegados Técnicos.

O presidente do Comité de Xuíces, Árbitros, e Delegados Técnicos, serán designados polo presidente da FGDI.

As súas competencias desenvolveranse segundo as distintas especialidades das modalidades deportivas previstas no artigo 2º destes estatutos, son os seguintes:

-Establece-los niveis de formación arbitral.

-Clasificar tecnicamente ós xuíces ou árbitros e delegados técnicos propoñendo a adscrición ás categorías correspondentes.

-Propo-los candidatos a xuíz ou árbitro e delegado técnico internacionais, das distintas modalidades e especialidades.

-Aproba-las normas administrativas regulando a arbitraxe.

-Coordinar coa Federación Española Deportes de Inverno os niveis de formación.

-Calquera outra delegada pola Federación Española Deportes de Inverno.

Artigo 20º.-Responsabilidade dos titulares e membros dos órganos da FGDI.

Con independencia das responsabilidades penais, civís e administrativas que de forma xeral consagra o ordenamento xurídico español, os membros dos diferentes órganos da FGDI, son responsables, especificamente, dos actos, resolucións ou acordos adoptados por aquel do que formen parte.

Sono, así mesmo, nos termos previstos na lexislación deportiva xeral, nos presentes estatutos e no seu regulamento, por incumprimento dos acordos de calquera órgano federativo, normas xerais ou comisión das faltas previstas no réxime disciplinario federativo.

Artigo 21º.-O xerente.

A FGDI poderá nomear un xerente se o estima necesario para a súa administración.

O xerente nomeado polo presidente, é o órgano de administración da FGDI sendo as súas funcións de acordo co expresado no artigo 16º destes estatutos, fundamentalmente as seguintes:

-Levar a cabo a contabilidade da federación, baixo a súa dirección e control.

-Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

-Asistirá ás reunións da xunta directiva, con voz pero sen voto.

Artigo 22º.-O secretaario.

O presidente da FGDI poderá nomear un secretario, que exercerá as funcións de federatario e asesor e máis expecificamente:

-Redacta-la acta das sesións dos órganos colexiados da federación.

-Expedi-las certificacións oportunas dos actos de goberno e representación.

Así mesmo, elaborará a acta de tódolos acordos dos órganos colexiados da federación, reflectindo en forma sucinta os temas tratados e as demais circunstancias que conssidere oportunas, asi como o resultado das votacións.

No caso de non existir secretario, o presidente da FGDI, sera o responsable do desempeño destas funcións, podendo delegalas na persoa que considere oportuna.

Artigo 23º.-Comité Federativo de Disciplina Deportiva.

No seo da FGDI, constituirase o Comité Federetivo de Disciplina Deportiva para coñecer e resolver tódalas incidencias que se presenten no desenvolvemento das probas, asÍ como as infraccións ás normas deportivas, que se resolverán da forma prevista no título correspondente a estes estatutos.

A designación dos membros deste comité correspóndelle á asemblea xeral, por proposta do presidente da FGDI, segundo o previsto no artigo 33º destes estatutos.

A presidencia recaerá en quen designe o presidente da FGDI, quen nomeará así mesmo ós seus membros.

A súa composición e réxime de funcionamento determinarase regulamentariamente.

Artigo 24º.-Comisión Antidopaxe.

A Comisión Antidopaxe é o órgano que ostenta a autoridade e responsabilidade no control das substancias e métodos prohibidos, así como a aplicación das normas reguladoras da súa actividade, iso sen prexuízo, desde logo, das competencias propias do Consello Superior de Deportes, Secretaría Xeral para o Deporte e dos órganos de xustiza federativa.

TÍTULO III

Clubs e deportistas, tarxetas e licencias federativas

Artigo 25º.-Clubs.

Os clubs deportivos adscritos á FGDI, terán os dereitos electorais segundo o Reglamento electoral a que se refire o artigo 11º destes estatutos, dereito á tutela dos seus intereses deportivos lexítimos, a ser oídos sobre os seus criterios e opinións libremente expostos respecto ós temas federativos e dereito a obte-la colaboración das autoridades federativa para a realización das probas deportivas.

Estarán obrigados a presta-la súa colaboración á FGDI para os mesmos fins deportivos.

Tódolos clubs quedan suxeitos ó réxime disciplinario extablecido nestes estatutos, en relación coas probas oficiais de ámbito rexional e estatal.

Artigo 26º.-Deportistas.

Os deportistas adscritos á FGDI, terán os mesmos dereitos e obrigacións expresados no artigo estatutario que precede.

Artigo 27º.-Tarxetas/Licencia federativa.

A afiliación á FGDI realizarase mediante a licencia correspondente.

Os deportistas que tomen parte en toda proba ou concurso, deberán estar en posesión ademais da tarxeta federativa, da licencia deportiva, para participar en competicións oficiais de ámbito rexional e estatal. A expedición por parte da FGDI axustarase ó previsto no artigo 32.4º da Lei do deporte e no artigo 7 do Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro e o Decreto 849/1993. En actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito rexional ou estatal, será preciso estar en posesión desta licencia expedida pola federación, de acordo coas seguintes condicións mínimas:

-Uniformidade de condicións económicas para cada modalidade deportiva, en similar estamento e categoría coa contia que fixe a asemblea.

-Uniformidade de contidos e datos expresados en función das distintas categorías deportivas.

A federación expedirá as licencias solicitadas no prazo de 15 días desde a súa solicitude. A non expedición inxustificada no prazo sinalado, comportará para a federación a correspondente responsabilidade disciplinaria, conforme o previsto no ordenamento xurídico deportivo.

Para estes efectos, a habilitación producirase unha vez que o club correspondente aboe a federación a correspondente cota económica.

Para participar en competicións nacionais, deberán os participantes estar en posesión de licencia expedida u homologada pola Federación Española Deportes de Inverno.

TÍTULO IV

Réxime económico e documental da FGDI

Artigo 28º.-Orzamentos.

A xunta directiva presentaralle á comisión delegada o orzamento de ingresos e gastos de cada exer

cicio económico, coincidente co ano natural, que someterá á aprobación da asemblea xeral.

Artigo 29º.-Contabilidade.

A contabilidade axustarase ás normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás federacións deportivas españolas que desenvolva o Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas do Ministerio de Economía e Facenda.

No primeiro trimestre de cada ano formará un balance de situación, no que se reflectirán tódolos elementos do seu patrimonio e a cota de ingresos e gastos do exercicio que, previa revisión, poñerá en coñocemento da asemblea xeral. Este balance, poñerase, se é o caso, á disposición dos asambleístas, durante un prazo de quince días, nos locais da FGDI e someterase á aprobación da asemblea xeral.

Artigo 30º.-Financiamento da FGDI.

O financiamento da FGDI procederá dos seguintes recursos:

a) As subvencións que as entidades públicas poidan concederlles.

b) As doazóns, herdanzas, legados e premios que lle sexan outorgados.

c) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, así como os derivados dos contratos que realice.

d) Os froitos do seu patrimonio.

e) Os préstamos ou créditos que obteña.

f) Outros que poidan serlle atribuídos por disposición legal ou en virtude de convenio.

A FGDI destinará a totalidade dos seus ingresos e do seu patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxeto.

Artigo 31º.-Control dos activos da FGDI.

A administración e control dos recursos da FGDI serán realizados polo presidente ou vicepresidente e polo xerente e secretario, segundo as facultades referidas no artigo 14º destes estatutos.

Artigo 32º.-Réxime documental.

O réxime documental da FGDI comprende os seguintes libros:

1) Libro de rexistro de clubs, que deberá reflecti-las denominacións deles, o seu domicilio social e demais circunstancias necesarias para acredita-las comunicacións, así como os nomes e apelidos do presidente e membros dos colectivos de representación e goberno. Tamén se expecificarán as datas de toma de posesión e cesamento dos citados cargos. Para tal efecto, os clubs están obrigados a comunicar á FGDI as modificacións que se produzan nos seus órganos de goberno e poderaselles exixir responsabilidades de non facelo no momento en que se produzan tales modificacións.

2) Libro de actas, que consignará as reunións que celebren a asemblea xeral e a xunta directiva. Cando o texto da correspondente acta sexa tan volu

minoso que resulte imposible a súa transcrición manual, farase constar por referencia no libro de actas, quedando incorporado a el un exemplar da acta, asinada polo presidente, xerente ou secretario da FGDI. As actas conterán a expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados serán subscritas, en todo caso, polo presidente e o secretario do órgano colexiado e, se é o caso, os interventores designados.

3) Libros de contabilidade, nos que figuran tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas da FGDI e os seus ingresos e gastos na forma prevista e conforme as disposicións vixentes.

En particular, levarase un libro diario, con anotación cronolóxica das operacións e un libro de inventaarios e balances, un libro inventario de bens, mobles e inmuebles.

TITULO V

Réxime disciplinario federativo

Artigo 33º.-Potestade disciplinaria.

Correspóndelle á FGDI o exercicio da potestade disciplinaria sobre tódalas entidades e persoas físicas que forman parte da súa extructura orgánica: clubs e deportistas, técnicos e directivos, xuíces e árbitros e en xeral, sobre tódolos los federados que desenvolvan a súa actividade no ámbito galego, ou con motivo de probas nacionais celebradas na nosa comunidade autonómica.

Exercese esta potestade conforme o Regulamanto de disciplina deportiva aprobado pola asemblea xeral.

Artigo 34º

O Comité Federativo de Disciplina Deportiva estará composto por tres membros, nomeados a proposta do presidente pola asemblea xeral da FGDI que designarán no mesmo acordo os cargos de presidente e vocais podendo ser asesorados por un licenciado en dereito.

As vacantes serán cubertas provisionalmente por nomeamento do presidente.

Os membros do Comité Federatico de Disciplina Deportiva exercerán a súa función polo mesmo período de tempo que o presidente da FGDI

O comité adoptará os seus acordos por maioría.

Artigo 35º.-Infraccións e regras de xogo e competición.

O sistema tipificado de infraccións e os principios e criterios que aseguran a diferenciación entre carácter leve, grave e moi grave das infraccións ás regras do xogo ou competición das modalidades deportivas encuadradas na FGDI será a dos respactivos regulamentos aprobados pola FGDI.

O Comité Federativo de Disciplina Deportiva resolverá as cuestións que se presenten e que non foran obxecto de decisión polos xuíces ou árbitros ou delegados técnicos que exerzan a potestade disciplinaria deportiva durante o desenvolvemento dos encuentros ou probas, así como as reclamacións

presentadas contra tales decisións, sen prexuízo de iniciar un expediente disciplinario de acordo co respectivo regulamento.

As sancións que poida impo-lo Comité Federativo de Disciplina Deportiva serán, as previstas nos regulamentos de competición.

Artigo 36º.-Recurso contra decisións de xuíces e árbitros e delegados técnicos no desenvolvemento de competicións.

Contra as decisións dos xuíces ou árbitros ou delegados técnicos no desenvolvemento das competicións darase recurso no prazo de oito días, ante o Comité Federativo de Discipliana Deportiva. O acordo do cal será igualmente inpugnable na forma prevista na Ley galega de disciplina deportiva.

Artigo 37º.-Infraccións as normas deportivas.

Considéranse infraccións ás regras do xogo ou competición ou ás normas deportivas xerais, as conductas tipificadas no Regulamento de disciplina deportiva e a Lei galega de disciplina deportiva.

As infraccións deportivas, de acordo co disposto na normativa citada, clasifícanse en moi graves, graves e leves.

1) Considéranse como infraccións moi graves:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas.

c) As actuacións dirixidas a predeterminar, mediante prezo, intimidación ou simples acordos, o resultado dunha proba ou competición.

d) A promoción, incitación, consumo ou utilización de prácticas prohibidas como substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios, destinados a aumentar artificialmente as capacidades físicas dos deportistas ou a modifica-los resultados das competicións, asi como a negativa a someterse ós controis esixidos por órganos ou persoas competentes ou calquera acción u omisión que impida ou perturbe a correcta realización dos ditos controis.

e) Os comportamentos, actitudes e xestos agresivos e antideportivos de xogadores, cando se dirixan ó árbitro, a outros xogadores ou ó público.

f) As declaracións públicas de directivos, técnicos, árbitros e deportistas ou socios que incites os seus equipos ou os expectadores á violencia.

g) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións deportivas autonómicas.

h) A participación en competicións organizadas por países que promovan a discriminación racial ou sobre os que pesen sancións deportivas impostas por organismos internacionais ou con deportistas que os representen.

i) Os actos notorios e públicos que atenten contra a dignidade ou decoro deportivos, cando revistan unha especial gravidade. Así mesmo considerarase falta moi grave a reincidencia en infraccións graves por feitos desta natureza.

j) A manipulación ou alteración sexa xa personalmente ou a través de persoa interposta, do material ou equipamento deportivo en contra das regras técnicas de cada deporte cando poidan altera-la seguridade da proba ou competición ou poñan en perigo a integridade das persoas.

k) A alineación indebida e a incomparecencia ou retirada inxustificada das probas, encontros ou competicións.

l) A inexecución das resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

2) Ademais das infraccións citadas considéranse infraccións moi graves dos presidentes e demais membros directivos das entidades da organización deportiva, as seguintes:

a) O incunprimento dos acordos da asemblea xeral así como os regulamentos electorais e demais disposicións estatutarias ou regulamentarias.

b) A non convocatoria, nos prazos ou condicións legais, de forma sistemática e reiterada dos órganos colexiados federativos.

c) A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvenscións, créditos, avais e demais axudas do Estado, dos seus organismos autónomos ou de outro modo concebidos con cargo ós orzamentos xerais do Estado.

d) O compromiso de gastos plurianual do orzamento da federación deportiva den a regulamentaria autorización.

e) A organización de actividades ou competicións deportivas oficiais de carácter nacional ou internacional sen a regulamentaria autorización.

3) Considerarase infración moi grave da federación deportiva a non expedición inxustificada dunha licencia.

4) Terán a consideración de infraccións graves:

a) O incumprimento de ordes e instruccións emanadas dos órganos deportivos competentes.

b) Os actos notorios e públicos que atenten a dignidade ou decoro deportivos.

c) O exercicio de actividades públicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade ou función deportiva desempeñada.

d) A non convocatoria, nos prazos ou condicións legais, dos órganos colexiados federativos.

e) O incumprimento das regras de administración e xestión do orzamento e patrimonio.

f) A manipulación ou alteración, sexa xa persoalmente ou a través de persoa interposta, do material ou equipamento deportivo en contra das regras técnicas do deporte.

5) Consideraranse infraccións leves as conductas claramente contrarias ás normas deportivas que non estean incursas na clasificación de moi graves e graves.

En todo caso consideraranse faltas leves:

a) As observacións formuladas ós xuíces, árbitros, técnicos, directivos e demais autoridades deportivas

no exercicio das súas funcións de maneira que signifiquen unha lixeira incorrección.

b) A lixeira incorrección co público, compañeiros e subordinados.

c) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instruccións recibidas de xuíces, árbitros e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións.

d) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

As infraccións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo de prescrición ó día seguinte da comisión da infracción, interrompéndose o prazo de prescrición pola iniciación do procedemento sancionador, pero se este permanecese paralizado durante un mes, por causa non imputable á persoa ou entidade suxeita ó dito porcedemento, volverá a corre-lo prazo correspondente.

Artigo 38º.-Sancións.

O réxime de sancións axustarase á tipificación da Lei galega do deporte e ó regulamento aprobado pola asemblea xeral.

De acordo co disposto na normativa citada, as sancións previstas son as seguintes:

-Sancións por infraccións moi graves:

a) Multas, non inferiores a 500 pesetas, nin superiores a 10.000 pesetas.

b) Perda de puntos ou postos na clasificación.

c) Perda ou descenso de categoría ou división.

d) Celebración da proba ou competición deportiva a porta pechada.

e) Prohibición de acceso ós lugares de desenvolvemento das probas ou competicións, por tempo non superior a cinco anos.

f) Perda definitiva dos dereitos que como socio da asociación deportiva lle corresponda, con excepción daqueles inherentes á condición, se é o caso, de accionista dunha sociedade anónima deportiva.

g) Clausura do recinto deportivo por un período limitado.

h) Inhabilitación para ocupar cargos na organización deportiva ou suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación aquivalente das agrupacións de clubs de ámbito autonómico, con carácter temporal por un prazo de dous a cinco anos, en adecuada proporción á infracción cometida.

i) Inhabilitación a perpetuidade para ocupar cargos na organización deportiva ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente das agrupacións de clubs de ámbito autonómico,igualmente a perpetuidade. Esta sanción únicamente podera

acordarse de modo excepcional, pola reincidencia en infraccións de extraordinaria gravidade.

-Sancións por infracións moi graves dos directivos:

1. Amoestación pública. Pola comisión de infraccións previstas no artigo 36º.2 destes estatutos, letras a), c) e e) cando a incorrecta utilización non exceda do 1% do total orzamento anual.

2. Inhabilitación temporal de dous meses a un ano. Pola comisión de infraccións previstas no artigo 36º.2 destes estatutos, letras a) en supostos manifestamente moi graves, previo requirimento formal, b), c) cando a incorrecta utilización exceda o 1% do total do orzamento anual, d) e e) cando concorrese a agravante de reincidencia.

3. Destitución do cargo. Pola comisión das infraccións previstas no artigo 36º.2 destes estatutos, letras a) concurrendo no agravante de reincidencia, c) cando a incorrecta utilización exceda do 1% do total do orzamento anual e ademais se aprecia reincidencia, e d) concorriendo agravante de reincidencia.

-Sancións por outras infraccións moi graves.

Apercibimento. Pola comisión das infraccións previstas no artigo 37º.3 destes estatutos.

-Sancións por infraccións graves:

a) Amoestación pública.

b) Multa de 100.000 a 500.000 pesetas.

c) Perda de puntos ou postos na clasificación.

d) Clausura do recinto deportivo.

e) Privación dos dereitos de asociado dun mes a dous anos.

f) Inhabilitación para ocupar cargos, suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente das agrupacións de clubs de ámbito autonómico, dun mes a dous anos.

-Sancións por infraccións leves:

a) Apercibimento.

b) Multa de ata 100.000 pesetas.

c) Inhabilitación para ocupar cargos ou suspensión ata un mes.

Para a graduación teranse en conta, ademais dos principios xerais recollidos nas citadas normas, a difusión que poida te-la conducta antideportiva ou as circunstancias de haberse cometido os feitos imputados ante nenos ou menores, lesionando o espítitu de nobreza e corrección que debe presidir tódalas manifestacións deportivas, asi como o previsto no artigo 4º destes estatutos, sobre non discriminación.

Por regra xeral non se imporán sancións pecunarias, salvo a técnicos que perciban remuneración pola súa colaboración ós deportes de inverno ou

a clubs que perciban contraprestación nas manifestacións deportivas. O regulamento graduará estas contías.

As sancións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das que correspondan a infraccións moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo de prescrición desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza a resolución pola que se impuso a sanción ou desde que se quebrantase o seu cumprimento, se este comezara.

Artigo 39º.-Tramitación.

O procedemento disciplinario regularase no regulamento aprobado pola asemblea xeral, coas garantías establecidas na Lei do deporte galego. Poderá ser iniciado polo comité federativo, de oficio, ou por denuncia motivada.

Artigo 40º.-Outras competencias do Comité Federativo de Disciplina Deportiva.

O Comité Federativo de Disciplina será competente para coñece-los recursos que se interpoñan contra os acordos dos clubs, en materia de disciplina deportiva.

O recurso deberá interpoñerse no prazo de quince días hábiles.

Artigo 41º.-Recurso contra as resolucións do Comité Federativo.

Contra as resolucións dictadas polo Comité Federativo de Disciplina Deportiva poderase recorrer, no prazo máximo de quince días hábiles, perante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, de acordo cos previstos na Lei galega de disciplina deportiva.

Artigo 42º.-Regulamento de disciplina deportiva.

A xunta directiva proporá, no prazo de tres meses, á asemblea xeral, a aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

TÍTULO VI

Recompensas

Artigo 43º

A xunta directiva da FGDI, proporalle á asemblea xeral a concesión ás entidades, clubs, deportistas ou persoas que se distinguirán na promoción ou práctica dos deportes de inverno, as medallas, placas ou recompensas que estime procedentes ou a solicitude ás autoridades competentes das oportunas recompensas.

TÍTULO VII

Procedemento para a aprobación e reforma de estatutos e regulamentos da FGDI

Artigo 44º

Os estatutos da Federación Galega Deportes de Inverno só poderán ser modificados pola asemblea xeral, de acordo co disposto no artigo 12º destes estatutos, por proposta da maioría da comisión delegada, do 20% dos membros da asemblea ou polo presidente da FGDI.

TÍTULO VIII

Disolución e liquidación da FGDI

Artigo 45º

A FGDI disolverase:

a) Por acordo da asemblea xeral, adoptado por maioría de dous tercios dos asistentes, que deberá ser ratificado pola Secretaría xeral para o Deporte.

b) Polas demais causas que determinen as leis.

No caso de disolusión e practicada a oportuna liquidación, o patrimonio neto, se o houbera, será destinado á realización de actividades análogas, determinadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, segundo o previsto no artigo 32 do Decreto 228/1994.

TÍTULO IX

Cuestións litixiosas

Artigo 46º

As cuestións litixiosas de natureza xurídico-deportiva que poidan xurdir entre os deportistan, técnicos, xuíces ou árbitros, clubs, asociados e demais partes interesadas, resolveranse na xurisdicción ordinaria que proceda.

Nembargantes, se as partes deciden fórmulas específicas de conciliación ou arbitraxe, establecerán os principios a que teña que axustarse o procedemento, fixando os requisitos a que se refire o artigo 88 da Lei do deporte.

Disposición derradeira

Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da notificación da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen prexuízo da súa publicación no DOG.

4735