Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 14 de xuño de 1996 pola que se fixa a entrada en funcionamento do organismo autónomo Augas de Galicia.

Polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, apróbase o Regulamento de desenvolvemento do capítulo II da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica de Galicia, relativo ó organismo autónomo Augas de Galicia.

Na disposición derradeira terceira do devandito regulamento facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para fixa-la data de entrada en funcionamento do organismo autónomo Augas de Galicia, unha vez aprobadas as correspondentes dotacións orzamentarias.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-O organismo autónomo Augas de Galicia comezará a súa actividade o 1 de xullo de 1996.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4577