Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 5.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 24 de maio de 1996, sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 1996.

Visto o texto do acordo subscrito o día 6 de maio de 1996 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funciones e do comité intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 1996, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 8/1987, do 12 de xuño. Esta dirección xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

ACORDO SOBRE CRITERIOS DE REPARTO DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL PARA O EXERCICIO DE 1996

En Santiago de Compostela o 6 de maio de 1996, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 1996, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1996

-Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira: poderá causar dereito ás distintas axudas que se establecen na presente resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-1997.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no ano 1996.

Para os efectos do establecido neste apartado, a invalidez provisional queda asimilada ó servicio activo.

Segunda: quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo o persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas,etc.), o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Santa Mª Madre de Ourense e Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia.

Terceira: o persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, ó que lles será de aplicación o disposto no artigo 37 do III convenio único da Xunta de Galicia, agás os casos considerados no punto 2 das normas específicas.

Cuarta: débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinen nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo correspondente.

b) Queda exceptuada do apartado a) a axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido para cada axuda, debidamente cuberta.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador.

Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los Directores ou Secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos ditos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certifificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos aportados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación aportada ou a omisión da requirida, darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

a) As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285 do 27 de novembro), dirixidas ó director xeral da Función Pública (edificio Administrativo San caetano, nº 1, Santiago de Compostela), desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o fin do prazo que para cada tipo de axuda se sinala no seguinte calendario:

AxudaFin do prazo

Xubilación--
Fillos menores7-setembro-1996
Estudios por fillo31-outubro-1996
Estudios do traballador31-outubro-1996
Diminuídos15-xaneiro-1996
Vivenda15-xaneiro-1996

b) Se é o caso, o persoal incorporado á Xunta de Galicia no período comprendido entre o día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes e o 31-12-1996, poderá presenta-las súas solicitudes ata o 15-1-1997.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

Os créditos existentes destínanse á atención das situacións que referidas ó ano 1996 se relacionan seguidamente nas porcentaxes e contías que, así mesmo, se indican:

FinalidadePorcentaxeContía

1. Axuda á xubilación14%84.000.0000
2. Axuda á atención á diminuídos13%78.000.0000
3. Axuda por fillos menores25%150.000.0000
4. Axuda estudios do traballador 4%24.000.0000
5. Axuda estudios por fillo22%132.000.0000
6. Axuda por vivenda22%132.000.0000

Total600.000.000

Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe,

se á vista das solicitudes presentadas non se puideran respecta-los topes mínimos establecidos nas axudas que así o establezan.

Os remanentes que houbera en cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de estudios por fillos e fillos menores nun 70% e un 30% respectivamente.

Procedemento

1. Recibidas as solicitudes, procederase ó seu estudio e cualificación polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicaranse listados provisionais de admitidos e excluídos contra os que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán corrixirse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Esgotado este, elevaranse aqueles a definitivos coas modificacións a que houbera lugar.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvera o expediente, entenderase desestimada a solicitude.

-Normas específicas:

1. Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilara no ano 1996 (desde 1-1-1996 ata 31-12-1996 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 1996, así como dos importes percibidos ó amparo da disposición transitoria novena da Ley orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 1996.

De acordo co apartado 2 a) das normas xerais o persoal xubilado que ostente a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface ou de calquera outra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberá solicitar a dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria da dita mutualidade de non ter dereito a dito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 15-1-1997.

A mutualidade Muface remitirá, a petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación durante o ano 1996, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 1996 que, ostentando a condición de mutualista de Muface, figurase nas listas de excluídos coa clave: «falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento de funcionarios», quedarán excluídos do Fondo de Acción Social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do Fondo de Acción Social do ano 1997, se non fora posible facelo con cargo ó de 1996 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía do orzamento sinalado no punto 6.1 deste acordo entre os beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo 350.000 ptas.

Documentación:

a) Non se precisa presentación de solicitudes.

b) A concesión será feita de oficio pola Administración.

2. Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia sinalado no apartado 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por cosanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme; diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-1997, polos organismos que a continuación se relacionan e que os seus ingresos non superen o salario mínimo interprofesional anual:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral terá dereito a esta axuda sempre que:

-Reúna tódolos requisitos antes reseñados para causar dereito á axuda.

-Que a solicite no ano 1996 a súa consellería de destino de acordo co artigo 37 do III convenio colectivo único; e non perciba a totalidade da contía anual neste caso, o F.A.S. farase cargo da diferencia.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.2 entre tódolos solicitantes beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 216.000 ptas. por axuda e diminuído.

Documentación:

Para os fillos.

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados.

c) Copia cotexada de tódalas follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1995.

Para os consortes ascendentes.

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados.

c) Copia cotexada do DNI do diminuído.

d) Copia cotexada do certificado de convivencia do concello e xustificación do parentesco co solicitante.

e) Copia cotexada da fe de vida do diminuído.

f) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1995.

Se o diminuído non ten declaración da renda remitirá certificación de cotizacións da Tesourería Territorial desde ó 1-1-1995.

g) Certificación de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

3. Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia sinalado no apartado 1. Ámbito persoal, que teñan fillos nados antes do 1-9-1996 e que non alcancen a idade escolar obrigatoria no curso 1996-1997.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.3 entre tódolos solicitantes beneficiarios cun máximo de 45.000 ptas por axuda e fillo.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1995:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor causante.

b) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, INSS).

Outros causantes:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor.

b) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Declaración xurada do solicitante conforme non percibe axuda para o mesmo fin da Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial.

e) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, INSS).

4. Axuda estudios do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia sinalado no apartado 1. Ámbito de persoal, que curse estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial todos eles durante o curso académico 1996-1997.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Reparto da contía sinalada no punto 6.4 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 16.000 ptas.

Se ó termo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por causas alleas a súa vontade, presenta-lo documento de ter aboado a matrícula do curso 1996-1997 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó Fondo Social do ano 1997.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 1996-1997.

c) Declaración xurada de que non percibe axudas para o mesmo fin da Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial.

d) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

e) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1996-1997, antes do 30-9-1997 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1997.

5. Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia sinalado no apartado 1. Ámbito de persoal, que teña fillos ó seu cargo que cursen estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial, todos eles durante o curso 1996-1997.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.5 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 15.000 ptas por axuda e fillo.

Se ó final da presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións, o solicitante non puidese, por causas alleas a súa vontade, presenta-lo documento de ter

aboado a matrícula do curso 1996-1997 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó Fondo Social do ano 1997.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1995:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1996-1997.

Non se precisa en estudios de EXB.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, INSS).

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1996-1997, antes do 30-9-1997 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1997.

Outros causantes:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1996-1997.

c) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Declaración xurada do solicitante conforme non percibe axuda para o mesmo fin da Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial.

e) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, INSS).

f) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1996-1997, antes do 30-9-1997 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó Fondo de Acción Social do ano 1997.

6. Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia sinalado no apartado 1. Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 1996 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan a unha unidade familiar na que algún dos seus membros percibira esta axuda en anos anteriores. Non terá dereito a esta axuda o persoal funcionario sanitario da Lei 17/1989, do 23 de outubro (DOG nº 206 do 26-10-1989) de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma e do Decreto 303/1990 do 31 de maio (DOG nº 111 do 8-7-1990) que perciba este mesmo tipo de axuda, o persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o persoal interino posterior ó 31-5-1990 nin o persoal laboral temporal. Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou convivente, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a,

separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.6 entre tódolos solicitantes beneficiarios ata un tope máximo de 400.000 ptas por unidade familiar.

Documentación:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) Copia notarial cotexada da formalización de compra-venda ou obra nova escriturada no ano 1996.

c) Copia cotexada do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia cotexada da declaración da renda completa do ano 1995 do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

No caso de ter ingresos ou gastos de rendas de capital inmobiliario, deberán demostrar con documentos oficiais (facturas, certificados bancarios, recibos da contribución, etc.) que os ditos rendementos non corresponden a unha segunda vivenda.

e) Copia cotexada da cartilla de afiliación á Seguridade Social, Muface, etc., do solicitante e da persoa que constitúa con el a unidade familiar.

f) Declaración xurada do solicitante conforme é a única vivenda da unidade familiar e non percibe axuda para o mesmo fin da Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial.

g) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

h) De acordo co apartado 2 a) das normas xerais, o persoal solicitante e/ou o que constitúa con el a unidade familiar, que ostenten a condición de mutualistas sometidos ó campo de aplicación de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán solicita-la dita mutualidade dentro do ano 1996 a axuda por compra de vivenda ou obra nova xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó Fondo de Acción Social, e deben presentar copia cotexada da solicitude da subvención a Muface ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios ou certificación acreditativa.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova durante o ano 1996, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listas que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión falta importe percibido por Muface, ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán presentar antes do 30-9-1997, certificación do importe concedido, co fin de poder elevar proposta de aprobación,

se é o caso , da axuda, con cargo ó orzamento do fondo de Acción Social do ano 1997, se non fora posible facelo con cargo ó de 1996 por estar este xa executado.

i) Son compatibles coas establecidos na orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 20 de marzo de 1992 (DOG nº 65, do 3 de abril de 1992).

Pola Administración:

-Juan José Álvarez Pérez.

Subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

-Luis Boullosa Nores.

Presidente.

-Rafael López Aguilera.

Secretario.

-Generosa Yáñez Salgado.

Pola Dirección Xeral da Función Pública.

-José A. García Gallego.

Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Miguel A. Ares Casal.

Consellería de Cultura.

-Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Economía e Facenda.

-Manuel Fernández López.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Juan Carlos Argüello Fernández.

Consellería de Industria e Comercio.

-Pedro Tomás Díaz Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Alba Paz Boubeta.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Josefa Vidal Blanco.

-Maika Selas García.

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Luisa Fernanda Mediero Lago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Manuela Guillán De Dios.

Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

-Mª José Colomer Fariña.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polas organizacións sindicais:

-Manuel Trigo Táboas.

CIG.

-Fernando Pedrosa Nogueira.

UXT.

-Clara Gamarra Lozano.

CC.OO.

-Fernando García Pelayo.

CSI-CSIF.

4707