Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.006

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de maio de 1996 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ós corpos xerais da Administración da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 108, do día 3 de xuño de 1996, cómpre face-las seguintes rectificacións nos tribunais:

No tribunal titular A.1 (do grupo A), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «José María Botana López, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...», debe dicir: «Ramón García-Malvar y Mariño, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...».

No tribunal titular A.2 (do grupo A), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «Ramón García-Malvar y Mariño, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...», debe dicir: «José María Botana López, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...».

No tribunal titular C.1 (do grupo C), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «Francisco Puy Muñoz, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, ...», debe dicir: «Pablo Saavedra Rodríguez, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...».

No tribunal suplente C.1 (do grupo C), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «José Mª Arrojo Martínez, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ...», debe dicir: «Jaime Cabeza Gras, delegado provincial da Consellería de Economía e Facenda, ...».

No tribunal titular D.2 (do grupo D), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «José Mª Pena López, catedrático da Universidade da Coruña, ...», debe dicir: «José Gómez Diéguez, funcionario da Xunta de Galicia, ...».

No tribunal suplente D.2 (do grupo D), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «José Gómez Diéguez, funcionario da Xunta de Galicia, ...», debe dicir: «Manuel Leis Amigo, funcionario da Xunta de Galicia, ...».

No tribunal titular D.3 (do grupo D), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «Fernando Lorenzo Merino, catedrático da Universidade da Coruña, ...», debe dicir: «Antonio López Díaz, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, ...».

No tribunal suplente D.3 (do grupo D), no apartado correspondente ós vocais, onde di: «Antonio López Díez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, ...», debe dicir: «Javier Castiñeiras Izquierdo, secretario da Administración local, ...».

4333