Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores de Gasóleo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores de Gasóleo, que ten os seguinte ámbitos:

Territorial: Comunidade Autómoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas dedicadas á distribución de productos petrolíferos que operen na Comunidade de Galicia, e cumpran os requisitos legais para ser distribuidos de productos petrolíferos coa seguinte inscrición no rexistro creado segundo o Real decreto 2487/1994, do 23 de decembro, así como atoparse na posesión do CAE.

Asinan a acta de constitución: Jesús López Somoza e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4249