Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto para a adquisición e montaxe dun guindastre nunha embarcación do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato para adquisición e montaxe dun guindastre nunha embarcación do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Obxecto: adquisición e montaxe dun guindastre nunha embarcación do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Orzamento e tipo: dous millóns novecentas mil pesetas (2.900.000 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de entrega e montaxe: 2 meses

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (rúa Dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado

a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

4118