Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, para a contratación das obras de reforma de edificio existente para residencia da terceira idade en Antas de Ulla.

Obra: reforma da residencia de Antas de Ulla.

Orzamento de contrata: 166.273.543 ptas.

(Ano 1996: 69.280.640 ptas., ano 1997: 96.992.903 ptas.)

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

Fianza definitiva: 6.650.942 ptas.

Exposición de proxectos: o proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares estará a disposición dos interesados na copistería Copinyno (r/ Xeral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, Teléfono 981/58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do sexto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: o anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

96-4310