Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/86-2. Libro de rexistro: 4.557 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. CR. Compañía-C.T. Ponte Vella.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 150 mm, con orixe no centro reparto-compañía e remata no C.T. Ponte Vella, cunha lonxitude de 500 metros, para mellora do servicio eléctrico en compañía-Ponte Vella, no concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 4.350.419 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas ale

gacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4248