Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996 pola que se aproba o Plan Eólico Estratéxico presentado pola empresa Energía Eólica de Galicia, S.A., denominado P.E.E. Kenetech (expediente IN660A 95/11-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Energía Eólica de Galicia, S.A., con domicilio social na rúa Villanueva, 19, 28001 Madrid, solicitou a aprobación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Kenetech, onde se contempla o programa de actuacións que se van desenvolver por un período de 5 anos, cun investimento global estimado de 30.003 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG do 6 de

setembro de 1995 e BOE do 9 de setembro de 1995, presentándose soicitudes en competencia por Endesa-Made, Desarrollos Eólicos, S.A., Seawest España, S.A., Gamesa, Parque Eólico de Galicia e Hidroener.

Considerando que, no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada, seguíronse os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Aportación tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do Plan Eólico Estratéxico que se solicita, baseándose no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo Plan Eólico Estratéxico P.E.E. Kenetech referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsióin de potencia de 240 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do Plan Eólico Estratéxico vincula a Administración e a Energía Eólica de Galicia, S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferente previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do Plan Eólico Estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Energía Eólica de Galicia, S.A. realizará e continuará a investigación de 4 áreas, cun investimento total de 2.500.000 pesetas e deberá presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Energía Eólica de Galicia, S.A. iniciará a execución do plan industrial en maio de 1996 e deberá executa-lo dito planeamento nas condi

cións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada. Trimestralmente, deberán remitirlle á Consellería de Industria e Comercio un informe sobre o desenvolvemento e execución deste plan eólico.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do Plan Eólico Estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no Plan Eólico Estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do Plan Eólico Estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben

2. A aprobación dun novo Plan Eólico Estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Energía Eólica de Galicia, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación dela, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Energía Eólica de Galicia, S.A.

NomeMunicipioVértices

X-Lonx. W Y-Lat. N

EEG-1Muras0.615.000 4.824.900
Ourol0.616.800 4.824.900
O Valadouro0.623.850 4.819.200
0.623.000 4.818.250
0.620.700 4.818.250
0.618.800 4.819.600
0.618.000 4.821.400
0.614.000 4.824.200

EEG-2Abadín0.613.422 4.814.482
Muras0.613.700 4.812.700
Ourol0.615.413 4.813.034
O Valadouro0.617.180 4.809.220
0.618.350 4.809.244
0.618.350 4.808.400
0.611.034 4.810.987
0.616.982 4.819.600
0.616.529 4.818.948
0.616.600 4.818.900
0.616.100 4.817.900
0.615.913 4.818.063
0.615.528 4.817.509
0.616.300 4.816.700
0.616.300 4.815.843
0.617.800 4.813.500
0.618.350 4.813.500
0.618.350 4.819.600

EEG-3Abadín0.619.000 4.813.100
Alfoz0.623.900 4.813.100
Mondoñedo0.626.000 4.810.750
0.626.000 4.808.500
0.619.000 4.808.500

EEG-4Alfoz0.618.800 4.819.600
O Valadouro0.620.700 4.818.250
0.623.000 4.818.250
0.623.850 4.819.200
0.626.000 4.813.100
0.618.350 4.813.100
0.618.350 4.819.600

ANEXO II

DOCUMENTO DE SÍNTESE

Plan Eólico Estratéxico

O Plan Eólico Estratéxico terá unha duración de 5 anos e suporá un investimento global estimado de 30.003 millóns de pesetas. As actividades obxecto de este plan iniciaranse no prazo máximo de tres meses.

Plan de Investigación Eólica

A empresa Energía Eólica de Galicia, S.A. realizará a investigación de 4 áreas facendo un investimento total de 2.500.000 ptas., acadando un investimento medio de 625.000 ptas./área.

Energía Eólica de Galicia, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, e deberá non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Plan Industrial

A empresa Energía Eólica de Galicia, S.A., desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións no referente as novas instalacións.

Fábrica: ensamblaxe.

Localidade: provincia Lugo.

Investimento (M ptas.):

Edificación: 185.

Medios de producción: 295.

Capital privado.

Estimación de emprego: 55 postos.

Inicio da construcción: Set. 96.

Data da operación: Xuño 97.

Producción: Set. 97-250 turbinas/ano.

Así mesmo, a empresa Energía Eólica de Galicia, S.A. realizará o 66,1% da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas implantadas en Galicia segundo se desagrega na seguinte táboa resumo:

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Pas18,819,9

Torres15,014,8

Multiplicadores--

Xeradores--

Chasis0,90,1

Buxa (fundición e mecanizado)2,83,2

Eixe (forxa e mecanizado)--

Coroa (forxa e mecanizado outros

complementos)

--

Freos0,30,3

Capota e protector buxa1,41,5

Control electrónico15,715,4

Armarios eléctricos2,52,5

Grupo oleohidráulico5,15,1

Cables colgantes3,63,5

Varios ou outros--

TOTAL66,165,8

Obra civil e enxeñería (A) 5
Infraestructura eléctrica (B) 4
Montaxe e transporte (C) 2,4
Subtotal A+B+C11,4
% do investimento total en Galicia77,2

A participación con empresas galegas mediante transferencias tecnolóxicas e/ou Joint Ventures ou calquera outro tipo de asociación será:

EmpresaCompoñenteInvestimento

total

(millóns ptas.)

Participación

de EEG no

investimento

(millóns ptas.)

EMESATorres10251

EMESAChasis11,85,9

ISOLUXControl electrónico9045

EmpresaCompoñenteInvestimento

total

(millóns ptas.)

Participación

de EEG no

investimento

(millóns ptas.)

RODMAN

POLYSHISPS

Pas584438

RODMAN

POLYSHISPS

Capotas4534

Cronograma de actuación industrial

Neste apartado expóñense de maneira resumida o calendario de compras/producción que a empresa Energía Eólica de Galicia, S.A. se propón desenvolver para acada-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou con anterioridade.

Mes/ano% de fabricación

en Galicia

% acumuladaCompoñentes

Abril/199715,015,0Torres

Maio/199720,235,2Pas

Capotas

Xuño/19976,141,3Armarios eléctricos

Cables colgantes

Setembro/199724,866,1Control electrónico

Chasis

Freos

Buxa

Grupo oleohidráulico

TOTAL66,166,1

9604281