Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/140-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Udesa.

Enderezo social: Avda. de Lugo, 125-2º C, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: R.B.T. no Castro-Pereira.

Situación: O Pino.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 mm Al, de 321 m de lonxitude, discorrendo polo lugar do Castro-Pereira. O Pino.

Cumprindo-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran

no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, orgnismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9604219