Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Unión Fenosa Energía Especiales, S.A., denominado P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales (expediente IN660A 95/5-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., con domicilio social na r/ Capitán Haya, 53, 28020 Madrid, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, onde se recolle o programa de actuacións que vai desenvolver por un período de 10 anos, cun investimento global estimado de 58.135 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG de data 6 de setembro e BOE de data 9 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Ecotecnia Soc. Coop., Desarrollos Eólicos, S.A. e Gamesa.

Considerando que no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada se seguiron os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando: que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, con base no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 384 mW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Unión Fenosa Energías Espeiales, S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., realizará a investigación de 17 áreas, cun investimento de 58.135.000 pesetas por área, e deberalle presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. iniciará a execución do plan industrial en febreiro de 1996, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-Dos 384 mW aprobados, Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. desenolverá 200 mW cun dos técnólogos seleccionados nos diferentes plans aprobados pola Consellería de Industria e Comercio. Os 184 mW restantes deberán desenvolverse coa empresa Parques Eólicos de Galicia, S.A. (Pegsa), conforme o acordo subscrito entre ámbalas dúas partes.

No suposto de que Parques Eólicos de Galicia, S.A. non desenvolvera o seu plan industrial, Unión Fenosa

Energías Especiales, S.A. poderá subscribir un novo acordo con outro tecnólogo, que deberá someterse á aprobación da consellería.

Sexta.-A aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sétima.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, con comunicación previa a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

NomeMunicipiosVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

Pena ForcadaCamariñas, Vimianzo,0.499.0004.787.000
Laxe0.500.0004.787.000
0.500.0004.777.000
0.488.0004.777.000
0.484.0004.779.000
0.486.0004.782.000
0.496.0004.782.000

Monte NemeMalpica, Carballo0.519.0004.794.000
0.520.0004.794.000
0.524.0004.790.000
0.522.0004.789.000
0.520.0004.791.000

CasteloSanta Comba, Coristanco0.522.0004.774.000
Tordoia, Val do Dubra0.527.0004.772.000
0.527.0004.766.000
0.525.0004.766.000
0.522.0004.771.000

CorzánNegreira0.511.5004.753.500
0.513.5004.753.500
0.516.0004.753.000
0.516.0004.751.500
0.517.0004.750.000
0.517.0004.748.000
0.514.5004.745.500
0.511.0004.748.500

Montes deBrión, Rois0.524.0004.742.000
Olerón0.525.0004.742.000
0.526.0004.738.000
0.524.0004.738.000

NomeMunicipiosVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

Serra doFriol, Toques0.586.0004.761.000
CareónPalas de Rei, Melide0.593.0004.761.000
0.593.0004.756.000
0.588.0004.750.000
0.586.0004.750.000
0.584.0004.754.000
0.584.0004.757.000

Serra da CovaCurtis, Guitiriz,0.585.0004.780.000
de SerpeSobrado, Friol, Toques0.587.0004.780.000
0.591.0004.774.000
0.590.0004.770.000
0.593.0004.762.000
0.586.0004.762.000
0.583.0004.765.000
0.582.0004.770.000
0.584.0004.774.000

Serra doPalas de Rei, Guntín0.598.0004.755.000
LigondeMonterroso, Portomarín0.602.0004.755.000
0.607.0004.750.000
0.607.0004.744.000
0.601.0004.744.000
0.598.0004.748.000
0.600.0004.751.000

PicatoFriol, Guntín, Lugo0.601.0004.761.000
0.607.0004.757.000
0.611.0004.760.000
0.614.0004.757.000
0.609.0004.753.000
0.603.0004.753.000

CordalGuitiriz, Begonte0.608.0004.776.000
Outeiro de Rei, Friol0.606.0004.770.000
0.603.0004.768.000
0.601.0004.772.000
0.599.0004.772.000
0.599.0004.774.000

CasaGuitiriz, Vilalba0.597.0004.790.000
0.599.0004.790.000
0.601.0004.787.000
0.599.0004.783.000

Serra daFolgodso do Courel0.650.0004.720.000
Trapa0.658.0004.717.000
0.655.0004.713.000
0.652.0004.715.000
0.645.0004.725.000
0.650.0004.725.000
0.650.0004.722.000
0.647.0004.720.000
0.644.0004.723.000

Monte CerengoRibas de Sil, Río, Pobra0.635.0004.700.000
de Trives, Castro Caldelas0.640.0004.698.000
0.643.0004.698.000
0.644.0004.694.000
0.639.0004.690.000
0.632.0004.695.000

RodicioMaceda, Montederramo0.620.0004.687.000
0.622.0004.682.000
0.622.0004.678.000
0.620.0004.678.000
0.617.0004.681.000
0.616.0004.685.000

NomeMunicipiosVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

Serra do FialLaza, Vilar do Barrio,0.626.0004.669.000
das CorzasCastrelo do Val0.644.0004.669.000
0.646.0004.665.000
0.643.0004.663.000
0.629.0004.663.000

Canizo IViano do Bolo, A Gudiña0.657.0004.668.000
A Mezquita0.659.0004.668.000
0.660.0004.663.000
0.662.0004.660.000
0.662.0004.658.000
0.656.0004.660.000

Canizo IIViano do Bolo0.661.0004.670.000
0.669.0004.670.000
0.669.0004.667.000
0.665.0004.664.000
0.662.0004.664.000

ANEXO II

DOCUMENTOS DE SÍNTESE

Plan eólico estratéxico

O Plan eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 58.135 millóns de pesetas.

Plan de investigación eólica

A empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. realizará a investigación de 17 áreas facendo un investimento total de 58.135.000 ptas., acadando un investimento medio de 3.419.706 ptas./ano área.

As 17 áreas de estudio serán investigadas conxuntamente con Pegsa, no prazo mínimo dun ano e máximo de ano e medio.

Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, e deberá non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Plan Industrial

A empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., desenvolverá para os seus 200 mW a execución do plan industrial que teña aprobado o tecnólogo seleccionado. Para os 184 mW a desenvolver con Pegsa, deberá seguirse o plan industrial aprobado pola empresa Pegsa.

3966