Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dos representantes dos usos agrícolas para a rega nas comisións de desaugamento de encoros do Organismo Autónomo Augas de Galicia.

O artigo 31.c do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, establece a presencia nas comisións de desaugamento de encoros, dun representante (1) dos usos agrícolas de rega que utilicen augas superficiais pola agrupación de tódalas comunidades de regadores individuais, elixido entre eles, constituídas dentro do ámbito territorial de Galicia Costa.

Co obxecto de proceder á súa elección, comunícase que nas dependencias da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita en S. Caetano s/n, encóntrase o censo provisional dos devanditos usuarios, para que, nun prazo de 10 días, se realicen as alegacións que se estimen oportunas e proceder á posterior convocatoria das mencionadas comunidades e á elección do representante previsto polo xa citado artigo 31.c do Decreto 108/1996.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

4218