Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dos representantes dos usos agrícolas para a rega nas seccións Galicia Costa e Concas Intercomunitarias da Xunta de Goberno do Organismo Autónomo Augas de Galicia.

O artigo 21.1º do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do orga

nismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia nas seccións Galicia Costa e Concas Intercomunitarias da Xunta de Goberno, dun (1) e dous (2) vocais respectivamente, dos representantes dos usos agrícolas para a rega designados polas comunidades de regadores constituídas dentro dos ámbitos territoriais respectivos.

Co obxecto de proceder á súa elección, comunícase que nas dependencias da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita en S. Caetano s/n, encóntrase o censo provisional dos devanditos usuarios, para que, nun prazo de 10 días, se realicen as alegacións que se consideren oportunas e proceder á posterior convocatoria das mencionadas comunidades e á elección dos representantes previstos polo xa citado artigo 21.1º do Decreto 108/1996.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

96-4317