Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (clave OH.532.293 e dúas máis).

A) Obra

1. Abastecemento e saneamento ó Bolo e outros (Maside-Ourense)

Clave: OH.532.293

Orzamento: vintecatro millóns novecentas cincuenta mil pesetas (24.950.000)

Prazo de execución: 12 meses

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c

Fianza provisional: non se esixe

2. Captación, abastecemento e depuración de auga potable en Viana-primeira fase (Viana do Bolo-Ourense)

Clave: OH.232.259

Orzamento: corenta e sete millóns de pesetas (47.000.000)

Prazo de execución: 12 meses

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c

Fianza provisional: non se esixe

3. Mellora do abastecemento e saneamento no concello de Vilar de Santos-fase dous (Ourense)

Clave: OH.532.274

Orzamento: trinta millóns duascentas sesenta mil oitocentas setenta pesetas (30.260.870)

Prazo de execución: 10 meses

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c

Fianza provisional: non se esixe

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección

Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-4316