Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional del Kiwi de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Profesional del Kiwi de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: procederá pertencer á devandita asociación calquera persoa física ou xurídica, agrupación, entidade mercantil, a actividade principal dos cales estea relacionada de forma directa coa producción do kiwi, a súa promoción e/ou o seu comercio, ben por se-lo propietario dunha explotación de kiwis ou por se-lo seu asociado ou integrante.

Asinan a acta de constitución: José Barros Cuervo e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4343