Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega de Cooperativas de Trabajo Asociado (Ugacota).

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada, o día 14 de maio de 1996, certificación da secretaría da Asociacion Gallega de Cooperativas de Trabajo Asociado (Ugacota), Purificación Barreiro Rial, co visto e prace do seu presidente, na que se fai consta-lo acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o día 27 de abril de 1996, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 27 maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Diretor xeral de Relacións Laborais

4592