Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANÚNCIASE a convocatoria do concurso das obras de construcción da primeira fase do parque empresarial de Bueu.

Orzamento total: 199.164.388 ptas. (IVE engadido).

Clasificación do contratista: a que corresponda segundo a natureza e importe da obra.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur, sitas na rúa Urzais, 18-2º de Vigo, de 10 a 14 horas, de luns a venres a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As ofertas económicas e demais documentación para concursaren as empresas que resulten admi

tidas conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur antes das 12 horas do día 22 de xullo de 1996.

A apertura das ofertas económicas efectuarase ás 17 horas do día 22 de xullo na sala de xuntas de Xestur.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 10 de xuño de 1996.

Césareo Novoa Álvarez

Xerente Xestur Pontevedra

96-4587