Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.938

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CIVIL E PENAL)

EDICTO (15/1995).

Emilio Alcalá Zamora y Matilla, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

Fai saber: que no recurso de casación tramitado nesta Sala co nº 15 de 1995, se dictou sentencia, con encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Coruña, vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e seis, a Sala do Civil do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constituída polo presidente, José Ramón Vázquez Sandes, e polos maxistrados César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo A. Sande García, dictou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, integrada polos maxistrados que se citan na marxe, viu o recurso de casación interposto en nome e representación de Eloy Gardes Álvarez polo procurador Ignacio Pardo de Vera López, baixo a dirección do letrado Alejandro Alcalde Paz, contra a sentencia dictada o 5 de setembro de 1995 pola Audiencia Provincial de Lugo, que coñecía en grao de apelación dos autos de xuízo de menor contía número 23 de 1994 tramitados polo Xulgado de Primera Instancia da Fonsagrada e resoltos por sentencia do 22 de setembro de 1994. Versan os autos sobre nulidade de acordos da comunidade titular do monte veciñal en man común de Cancio, no municipio de Negueira de Muñiz, promovidos por aquel contra a expresada comunicade e Javier Sanz Andrés, Julio Pavón Fuentes e Luis Carlos Escudero Vilariño, comparecidos neste resurso os dous últimos representados polo procurador José Antonio Castro Bugallo, baixo a dirección do letrado Luis Lorenzo y

Díaz Veiga.

É maxitrado relator Pablo Saavedra Rodríguez.

Decidimos: que, estimando parcialmente o recurso de casación interposto pola representación de José Eloy Gardes Álvarez contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo o 5 de setembro de 1995, en recurso de apelación dimanante dos autos de xuízo de menor contía nº 23/1994, pro

cedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Fonsagrada, cómpre casala en parte e declarar que ademais dos pedimentos que estima da demanda, debe engadirse o de que o demandado Javier Sanz Andrés perdeu a súa condición de membro da comunidade titular do mente veciñal en man común de Cancio. Confírmase o resto da resolución obxecto de recurso, sen facer pronunciamento ningún respecto das custas de ámbalas dúas instancias e das deste recurso.

Comuníqueselle esta resolución á mencionada Audiencia para os efectos legais oportunos, con devolucion dos autos e o rolo de apelación remitidos.

Así, por esta a nosa sentencia, da que se deducirá testemuño para a súa unión ó rolo da Sala, o pronunciamos, mandamos e asinamos. Asinados: José Ramón Vázquez Sandes, César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo A. Sande García. Rubricados».

Foi publicada o mesmo día da súa data.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar a Javier Sanz Andrés, expido o presente edicto na Coruña o oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3340