Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.937

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-4/1995).

Polo presente edicto faise público, para dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de Contas mediante providencia do 2 de abril de 1996, dictada na acción pública B-4/1995, do ramo de facendas locais, provincia da Coruña, que neste tribunal se segue xuízo de contas, como consecuencia de presuntas irregularidades habidas no Concello de Arteixo (A Coruña), durante os exercicios de 1989 e 1990.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis.

J. Medina

Director técnico

3631