Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.871

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000820/1996, interposto pola Federación de Traballadores da Ensinanza UXT.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000820/1996 interposto pola Federación de Traballadores da Ensinanza UGT, contra orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude do 19-2-1996 (DOG nº 57 do 20-3-1996) sobre regulación dos requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia.

Esta secretaría xeral acordou, nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, modificada por Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos, no prazo de nove días, na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

4307