Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo extraestatutario ou de eficacia limitada do sector de comercio de mobles.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de comercio de mobles, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-1-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial do Comercio do Moble, e da parte social, unicamente pola central sindical CC.OO., e que foi declarado convenio colectivo extraestatutario polo Xulgado do Social número catro de Vigo, mediante a sua sentencia do 4 de marzo do presente ano. De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dado que por haber empresas e traballadores descoñecidos que puidesen ter interese lexítimo na adhesión ó devandito convenio de eficacia limitada, esta Delegación Provincial de Pontevedra, entende que debe dicta-la presente resolución para efectos da publicidade do devandito convenio, e en tal sentido,

ACORDA:

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, como convenio colectivo extraestatutario ou de eficacia limitada, para os efectos de xeral coñecemento.

Vigo, 16 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio de mobles. Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio a central sindical CC.OO., en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresas do Comercio do Moble, en representación de los empresarios del sector.

Artículo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afectará a tódalas empresas relacionadas coa actividade de comercio de mobles da provincia de Pontevedra.

Artículo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas recollidas pola ordenanza de traballo para o comercio e que estean encadradas no sector de venda de mobles da provincia de Pontevedra.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro do comercio de mobles.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

O presente convenio entrará en vigor ós 20 días da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no DOG, se ben os seus efectos económicos se retrotaerán ó 1º de xaneiro de 1995.

Artigo 6º.-Duración.

A duración deste convenio será dun ano, contado a partir do 1 de xaneiro de 1995, e os seus efectos rematarán o 31 de decembro de 1995.

Artigo 7º.-Rescisión e revisión.

O convenio poderá rescindirse mediante o previo aviso formulado no tempo e forma, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación dun mes á data de remate da súa vixencia.

Artigo 8º.-Absorción.

Os aumentos concedidos polo presente convenio abosorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente, durante a vixencia del.

Artigo 9º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo convenio percibirá, desde o 1º de xaneiro de 1995, as retribución consignadas na táboa anexa ó convenio, incrementadas, se é o caso, co plus de antigüidade.

Artigo 10º.-Revisión salarial.

En caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento, respecto ó 31 de decembro de 1994, superior ó catro por cento, o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1996.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1996, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados

para realiza-los aumentos pactados para 1995. A cuantificación do dito exceso engadiráselles ós salarios vixentes o 31 de decembro de 1995 e sobre a cantidade resultante calcularanse os incrementos salariais para 1996.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en cuadrienios, na contía do cinco por cento do salario base correspondente á categoría na que está clasificado.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá anualmente tres gratificacións extraordinarias, polo importe dunha mensualidade cada unha, nos meses de marzo (paga de beneficios), xullo e decembro, que se aboarán conforme o salario do convenio máis antigüidade, se é o caso.

Artigo 13º.-Xornada laboral.

A xornada laboral semanal será de 40 horas de traballo efectivo, en xornada diaria, continuada ou partida. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose, en todo caso, o tempo máximo semanal mencionado.

O horario de traballo fixarase en cada empresa tendo en conta que a prestación do servicio se realizará de luns a sábado pola mañá.

Artigo 14º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, para desfrutar, preferentemente, entre os meses de xuño a setembro, ambos incluídos.

Para a elección de quenda por parte dos traballadores, seguirase en cada centro de traballo unha orde rotativa de preferencia, de tal forma que, quen tivo preferencia na elección de quenda o pasado ano pasa a se-lo último á hora de elixir quenda no presente. Acórdase un aviso previo mínimo de 60 días, para o establecemento da correspondente quenda de vacacións.

Artigo 15º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un plus de transporte de trescentas sesenta e sete pesetas por día efectivo de traballo (incluído o sábado), polo que non se terá dereito a este plus os días que non se asista ó traballo.

Artigo 16º.-Gratificación especial ós escaparatistas.

O persoal non contratado como escaparatista que non obstante realice con carácter normal a función de ornamentación de escaparates nos establecementos terá dereito, en concepto de gratificación especial, a un plus do 10% do seu salario base.

Artigo 17º.-Condicións máis beneficiosas.

Tendo a consideración de bases mínimas as establecidas neste convenio, serán respectadas as condicións máis beneficiosas que as empresas afectadas por el lle tivesen xa concedidas ó seu respectivo persoal.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitaranlle ó seu persoal dúas vestimentas ó ano en concepto de uniformes ou útiles de traballo, ou o seu equivalente en metálico, se é o caso.

Artigo 19º.-Licencias.

Os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederanse no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñérselle ó traballador que alegue causas que resulten falsas, de acordo co establecido ó respecto na actual ordenanza laboral de comercio.

Igualmente, nos casos de morte ou enterramento de cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillo, e parto de esposa, os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata cinco días naturais, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída dun día, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha antelación de 10 días, polo menos.

Esta última licencia desaparecerá automaticamente do convenio, no suposto de que se produza con carácter xeral e a nivel nacional unha reducción da xornada.

Artigo 20º.-Días 24 e 31 de decembro.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro. As citadas tardes consideraranse aboables e non recuperables.

Estas licencias desaparecen automaticamente do convenio, no suposto de que se produza, con carácter xeral e a nivel nacional, unha reducción da xornada.

Artigo 21º.-Saídas de viaxe e axudas de custo.

O persoal ó que se lle confire algunha comisión de servicio fóra da súa residencia habitual de traballo terá dereito a que se lle aboen os gastos que

efectuase, logo de presentación dos xustificantes correspondentes.

En compensación daqueles gastos que non sexa posible xustificar, o persoal terá dereito, ademais, a unhas axudas de custo de 280 ptas. e 441 ptas. diarias, respectivamente, segundo que o desprazamento sexa por media xornada ou completa.

Artigo 22º.-Desconto en compras.

O desconto mínimo nas compras que realice o persoal nas súas respectivas empresas será do quince por cento sobre o prezo de venda ó público, agás nos artigos de oferta ou rebaixa; respectaranse as situacións máis favorables que se veñan dando.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por un presidente, un secretario e dous vocais pola representación dos empresarios e outros dous pola representación dos traballadores, coa asesoría correspondente.

Esta comisión constituirase no prazo de 15 días seguintes ó da aprobación do convenio.

Vigo, decembro de 1995.

TÁBOA SALARIAL ANEXA DO CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO PROVINCIAL PARA O SECTOR DE COMERCIO DE MOBLES DE PONTEVEDRA

Vixencia do 1º de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

CategoríasSalario

mensual

-Grupo I
Encargado78.532
Viaxante77.760
Dependente78.145
Axudante de dependente77.371
Traballadores en formación (por 30 horas

semais de traballo efectivo, RD 1992/1984):

De 16 anos30.051
De 17 anos47.681

-Grupo II
Oficial administrativo78.145
Auxiliar administrativo77.287
Aspirante77.371
Auxiliar de caixa de máis de 22 anos77.760
Auxiliar de caixa ata 22 anos77.371

-Grupo III
Delineante78.145
Profesional de oficio de 1ª78.145
Profesional de oficio de 2ª77.760
Mozo especializado77.448
Mozo77.371

* Os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de profesional de oficio de 1ª ou 2ª, de acordo co seu carné de conducir.

4325