Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/619/96, interposto por Mercedes Castro Pita contra a Orde do 17 de xaneiro de 1996 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da consellería e nos servicios centrais do Sergas.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-adminis
trativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos
96-4308