Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.871

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/482/96, interposto polo sindicato médico profesional de Pontevedra.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/482/96, interposto polo sindicato médico profesional de Pontevedra contra o pacto sobre nomeamentos e contratos temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG nº 14, do 19 de xaneiro de 1996).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

4491