Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se resolve a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, convocada na Orde do 28 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de suvencións a asociacións e institucións sen fins de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

A Orde do 28 de novembro de 1995 (DOG 21-12-1995) regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións sen fins de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8 da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artíguo único.-Elevar a resolución definitiva o informe proposta presentado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8 da Orde do 28 de novembro de 1995, que se publica como anexo desta orde, estimando e desestimando as peticións presentadas, nos termos daquel.

As entidades ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante al Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención

concedida, no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 10 na Orde do 28-11-1995.

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Informe-proposta correspondente á Orde do 28 de novembro de 1995 (DOG 21-12-1995) pola que se regula a concesión de suvencións a asociacións e institucións sen fin de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

En Santiago de Compostela, sendo as 10 horas do día nove de abril de mil novecentos noventa e seis, reuniuse a comisión de avaliación integrada polos seguintes membros:

Manuel Regueiro Tenreiro (director xeral de Política Lingüística) como presidente.

Paz Filly Mato (subdirectora xeral de Promoción e Ensino da Lingua galega).

José Luis Rodríguez Pedreira (xefe do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística).

Mª Teresa Martínez-Risco Pérez (xefa da Sección de Xestión e Promoción Lingüística).

Natividad Rodríguez López (funcionaria de Dirección Xeral de Política Lingüística) que actuou como secretaria para proceder ó estudio das peticións presentadas ó abeiro da Orde do 28 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de suvencións a asociacións e institucións sen fin de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

Dáse conta por parte da secretaria das solicitudes recibidas e, despois de cambiar impresións e das oportunas deliberacións, os membros da comisión acordan por unanimidade, de acordo co expresado no artigo 4 da orde citada, o seguinte:

1. Valora-las solicitudes presentadas outorgando polo ámbito de actuación cero puntos ás de ámbito

local, un punto ás de ámbito rexional e dous puntos ás de ámbito maior.

2. Valora-las solicitudes presentadas outorgando polo número de participantes posibles cero puntos cando sexan menos de mil persoas, un punto cado sexan menos de trinta mil, e nos demais casos dous puntos.

3. Valora-las solicitudes presentadas outorgando, de acordo coa viabilidade dos proxectos, cero puntos no caso de existir problemas de xustificación en anos anteriores, dous puntos aquelas solicitudes que presenten xa resultados acadados e un punto nos demais casos.

4. Conceder ás solicitudes que acaden sete ou oito puntos unha valoración do 8% por punto acadado, as que teñan, seis, cinco ou catro unha valoración do 4% por punto acadado, e as que teñan tres, dous ou un unha valoración 2% por punto acadado.

5. Establecer unha contía mínima de cincuenta mil pesetas por suvención concedida nos casos que da aplicación das porcentaxes citadas resulten cantidades menores a esta.

6. Reconducir-la tramitación pola Orde do 11 de xaneiro de 1996, de realización de cursos e actividades de promoción da lingua galega, daquelas solicitudes que se refiran a cursos de galego.

7. Desestima-las solicitudes que non foron completadas no prazo establecido para o efecto, foron presentadas fóra de prazo ou se refiren á reiteración de proxectos xa realizados, presentados por entidades con maior implantación no seu ámbito de realización ou carentes de viabilidade.

8. Desetima-las solicitudes que correspondendo a entidades sen fin de lucro legalmente constituídas dependan de entidades locais nos termos do artigo 1º, parágrafo 2º da orde de convocatoria.

9. Desetima-las que non correspondan a entidades sen fin de lucro legalmente constituídas no día de remate do prazo de presentación das instancias de solicutude de acordo co exposto no artigo 1 da orde de convocatoria.

10. Desestimar as solicitudes que non teñan como fin principal a difusión do galego de acordo co artigo 3 da orden de convocatoria.

Unha vez realizada a valoración das solicitudes de acordo cos criterios expostos e das oportunas deliberacións os membros da comisión acordan por unanimidade proporlle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a concesión das subvencións que figuran na seguinte relación:

De acordo co disposto no artigo 9 procedo a eleva-lo seguinte informe-proposta á consideración do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para os efectos oportunos na miña calidade de presidente da comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

96-4305