Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de maio de 1996 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 1996-1997 dos estudiantes ó nivel universitario de ensino nos centros das tres universidades galegas.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 107, do 31 de maio, cómpre face-la seguinte corrección:

Publicar como anexo da presente orde o convenio entre as tres universidades galegas para desenvolver e realiza-lo proceso de incorporación dos estudiantes ó sistema universitario galego.

Modelo coordinado conxunto

Convenio entre as tres universidades galegas para desenvolver e realiza-lo proceso de incorporación dos estudiantes ó sistema universitario galego.

Sendo o día oito de marzo de mil novecentos noventa e seis, reúnese en Santiago de Compostela, na sede da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en presencia de Juan Piñeiro Permuy, conselleiro, e para proceder a formalizalo os asinantes do convenio:

-O rector da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil.

-O rector da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva Prieto.

-O rector da Universidade de Vigo, José Antonio Rodríguez Vázquez.

EXPOÑEN:

1. Que o día 5 de marzo de 1993 asinaron os rectores das tres universidades de Galicia e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria un convenio para a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario de Galicia (SASUGA).

2. Que na cláusula seis do citado convenio, as universidades galegas comprometéronse a establecer, de común acordo, tódalas medidas conxuntas que afectan ós procedementos e tarefas propias da incorporación do alumnado ó ensino universitario, co obxecto de mellora-la súa racionalidade baixo o modelo de xestión integrada e favorece-lo cumprimento dos principios de distrito único, autonomía universitaria e coordinación.

3. Que con data 10 de marzo de 1994 se asinou un novo convenio para o curso 1993/94 que recolle as experiencias do curso anterior e os cambios introducidos pola orde do Ministerio de Educación e Ciencia do 9 de xuño de 1993 (BOE do 10 de xuño) que modifica as probas de aptitude para o acceso á universidade e establece as funcións correspondentes ás comisións coordinadoras de cada universidade e ás interuniversitarias, nos casos de distrito único, en aplicación do Real decreto 807/1993, do 23 de maio. O devandito convenio prorrogouse automaticamente para o curso 1994/95, ó non ser denun

ciado por ningunha das partes asinantes durante o primeiro trimestre do curso 1994/95.

4. Que as universidades participan por dereito propio na coordinación e organización deste proceso que afecta os procedementos das probas de aptitude para o acceso, á solicitude de admisión para o ingreso, ó distrito compartido e ás probas de maiores de 25 anos.

5. Que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou a Orde do 19 de abril de 1995 (DOG do 10 de maio) pola que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos que cursaron as ensinanzas do bacharelato previstas na Ley orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), e se dictan instruccións para a súa organización durante o período de implantación anticipada destas ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na cláusula 7 do convenio asinado coas universidades para a prestación de servicios SASUGA, comprometeuse a publica-la orde pola que se regula o proceso de incorporación de estudiantes ó nivel universitario de ensino nos centros das tres universidades galegas, respectando o que se establecera no convenio asinado entre as tres universidades como proceso coordinado de incorporación dos estudiantes.

Tendo en conta a experiencia de anos anteriores e a Orde do 19 de abril de 1995, acórdase concretar un novo convenio para desenvolver e realiza-lo citado proceso estipulando as seguintes cláusulas:

1. O proceso de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario nas universidades galegas organizarase atendendo ós principios de distrito único, autonomía universitaria, coordinación do proceso e das competencias e desenvolvemento da xestión integrada baixo a idea xeral de modelo coordinado conxunto con procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.

2. Pola aplicación destes principios, no proceso de incorporación ó ensino universitario (no que converxen os procedementos propios das probas de aptitude para o acceso, os das probas de maiores de 25 anos, os de distrito compartido e os de solicitude de admisión para o ingreso), as universidades acordan para a realización deste proceso:

-Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) única para o sistema universitario, en cada procedemento. A CiUG velará polo cumprimento e execución deste convenio facendo, se procede, as oportunas interpretacións del para levar a cabo as súas competencias.

-Probas, temarios e calendarios comúns.

-Procedementos homoxéneos en todo o territorio do sistema universitario galego.

-Tribunal de exame único para todo o distrito, cando proceda.

-Coordinadores de COU e directores de grupos de traballo LOXSE, das materias obxecto de exame nas PAAU, únicos para todo o sistema.

3. As universidades favorecerán e propiciarán o cumprimento das competencias, na realización do proceso, segundo a súa capacidade de execución administrativa.

4. Os procedementos xerais e homoxéneos que se acordan como correspondentes ó proceso de incorporación dos estudiantes quedan recollidos no anexo I deste convenio.

5. As tarefas xerais e homoxéneas que se acordan como correspondentes ó proceso de incorporación dos estudiantes quedan recollidas no anexo II deste convenio.

6. Os compoñentes da Comisión Interuniversitaria aparecen recollidos no anexo III deste convenio. Cumprindo a normativa estatal, a comisión interuniversitaria estará formada nas PAAU por seis persoas (tres representantes das universidades, delegados dos rectores, e tres do ensino medio).

Para o resto dos procedementos, a Comisión Interuniversitaria só terá tres membros, que son os delegados dos rectores.

7. Este convenio prorrogarase ano a ano automaticamente, salvo denuncia expresa dunha das partes asinantes no primeiro trimestre de cada curso. En todo caso, e de conformidade entre os asinantes do convenio, poderá modificarse o contido parcial de calquera dos anexos sen necesidade dunha denuncia expresa do convenio.

En proba de conformidade, e obrigándose ó seu cumprimento, asinan este documento no lugar e data indicados.

Pola universidade da Coruña: J.L. Meilán Gil.

Pola Universidade de Santiago de Compostela: F.D. Villanueva Prieto.

Pola Universide de Vigo: J.A. Rodríguez Vázquez

ANEXO I

Procedementos

I.-Procedementos que se seguirán para coordinar e executa-lo proceso de incorporación dos estudiantes ás titulacións universitarias.

I A.-Normas xerais.

Os principios básicos derivados do exposto anteriormente levan a defender tres principios na conxugación das cuestións que atinxen á incorporación ás universidades.

-Distrito único.

-Autonomía das universidades.

-Necesaria coordinación do proceso e das competencias.

1. De acordo co principio de distrito único, as probas e o calendario serán comúns e os procedementos serán homoxéneos en todo o territorio.

2. A autonomía das universidades implica que cada unha delas asuma as súas funcións nas tarefas e procedementos de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario, tanto no deseño e control deles como na súa execución, sen prexuízo das competencias da Comisión Interuniversitaria.

Tamén é obriga da autonomía universitaria propicia-la competencia administrativa de cada universidade para a custodia dos expedientes, a execución das probas e a verificación dos coñecementos dos estudiantes.

3. A complexidade das tarefas fai imprescindible dota-lo sistema universitario galego dunha infraestructura informática (máquinas e aplicacións) que actúe conxuntamente para as tres universidades e que estea operativa cos seus técnicos, para prestarlle, con prioridade e disposición absoluta, os servicios de apoio requiridos pola Comisión Interuniversitaria de cara ó cumprimento do principio de distrito único.

4. A incorporación dos estudiantes ó ensino universitario comporta neste documento os seguintes procedementos:

-Probas de aptitude para o acceso á universidade para alumnos de COU e de bacharelato LOXSE.

-Solicitude de admisión para o acceso á universidade en titulacións con límite de prazas.

-Distrito compartido.

-Probas de aptitude para o acceso á universidade para maiores de 25 anos.

5. O traballo administrativo xerado no proceso de incorporación, nun prazo curto de execución, aconsella, na procura da eficacia administrativa, ter en conta, ó mesmo tempo, un tratamento común do conxunto do alumnado que solicita a súa incorporación ás universidades e a diversificación dos puntos de recepción de documentación en función da situación dos centros de ensino medio. Esta territorialización administrativa non xera dereito ningún de preferencia respecto da admisión de alumnos no sistema universitario de Galicia.

6. Con periodicidade anual, logo de realiza-lo proceso cada curso, a aplicación informática e os procedementos terán que ser revisados á vista dos correspondentes informes técnicos, para acadar un producto continuamente mellorado.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cobre a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario galego (SASUGA) de cara ó cumprimento do principio de distrito único.

8. Os elementos a conxugar nas tarefas e procedementos propios do proceso de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario, baixo os principios xerais de autonomía, distrito único e coordinación, dado o entendemento acadado e a experiencia dos cursos anteriores, permiten xerar un modelo conxunto de actuacións definido en procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.

9. O proceso de incorporación dos estudiantes iníciase coa publicación da correspondente orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de asinado o convenio entre os rectores e de estaren nomeados os membros da Comisión Interuniversitaria.

I B.-Procedemento propio das probas de aptitude para o acceso á universidade para alumnos de COU e de bacharelato LOXSE.

1. As probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU) organízanse, de acordo co establecido neste convenio, conxuntando os seguintes órganos e tarefas:

-Comisión Interuniversitaria.

-Un tribunal único para o sistema universitario.

*Comisións delegadas.

*Comisións de avaliación.

-Seminarios permanentes de COU e grupos de traballo LOXSE das diferentes materias obxecto de exame das PAAU.

-Diversificación dos puntos de captura de datos, para os efectos administrativos, tendo en conta a localización dos centros de EE.MM.

-Xestión académica integrada coa aplicación informática común.

-Exame, calendario e temario único para cada unha das dúas modalidades de acceso (COU e bacharelato LOXSE).

A Comisión Interuniversitaria para todo o sistema, que está prevista na orde ministerial do 9 de xuño de 1993, estará constituída por tres profesores de universidade, cada un deles delegado do rector correspondente, e tres profesores de EE.MM. nomeados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Esta comisión ten competencias para resolve-los asuntos comúns de organización deseño, coordinación, elaboración e execución de directrices e procedementos xerais para cumprimento do principio de distrito único.

Para a realización material das probas de acceso de alumnos de COU e de bacharelato LOXSE, así como para verifica-los seus coñecementos e revisa-la súa cualificación trala presentación das reclamacións, a Comisión Interuniversitaria nomea o tribunal único das PAAU, que estará constituído por:

-Un presidente, un secretario e, no seu caso, un vicepresidente.

-Comisións delegadas para actuaren en cada un dos centros nos que se realicen as probas, que, segundo o criterio de aproximación ós alumnos dos procedementos de incorporación, estarán necesariamente territorializadas. A Comisión Interuniversitaria establecerá o número destas comisións, determinará a súa composición e funcións, así como a localización delas, tendo en conta a prioridade de utilización de centros universitarios.

-Comisións de avaliación de cada materia obxeto de exame nas PAAU, presididas polos coordinadores e polos directores de grupos de traballo LOXSE e constituídas, así mesmo, por vocais especialistas da materia en número suficiente para o seu correcto funcionamento, de acordo coa normativa vixente.

2. A Comisión Interuniversitaria nomea os coordinadores de COU e os membros dos seminarios permanentes. Haberá tantos seminarios como materias obxecto de exame, con excepción das materias afíns nas que a comisión preverá a solución de modo conxunto e operativo. Respecto da súa tarefa, os coordinadores poderán estar asistidos, se a comisión o considera oportuno, por subcoordinadores, que deberán ser profesores numerarios de universidade, do mesmo xeito que os coordinadores.

3. Constitúense grupos de traballo LOXSE das diferentes materias obxecto de exame nas PAAU coa finalidade de asesora-lo director do grupo en cuestións relacionadas co contido das probas de aptitude para o acceso á universidade de alumnos procedentes de bacharelato LOXSE. A Comisión Interuniversitaria, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecerá o número de grupos de traballo, determinará a súa composición e funcións e nomeará ós seus compoñentes. Para o desenvolvemento das súas funcións, os directores de grupo poderán estar asistidos por subdirectores, que deberán ser profesores numerarios de universidade, do mesmo xeito cos directores, ámbolos dous nomeados pola Comisión Interuniversitaria.

4. O calendario das probas de acceso fixarase coordinadamente en reunión da Comisión Interuniversitaria co SASUGA, tendo en conta as posibilidades deste organismo.

5. O exame será común e fixado por sorteo pola Comisión Interuniversitaria a partir de alomenos seis propostas solicitadas a cada coordinador de COU ou director de grupo de traballo LOXSE da materia correspondente. A CiUG fará un sorteo público das propostas para determina-los exames que se empregarán. Non haberá anulación das probas como primeira resolución, senón suspensión cautelar e/ou aprazamento dunha determinada proba, sempre que se dera o caso.

6. Para efectos administrativos, e tendo en conta a localización dos centros de ensinanzas medias, establécense LERD territorializados, onde se instrúan os expedientes e executen os procedementos administrativos e informáticos ó nivel do usuario (solicitante-centro de EE.MM.) que van asociados á xestión do alumnado no acceso (captura de datos, matrícula, solicitudes, etc.).

7. A captura de datos de BUP, COU e bacharelato LOXSE, tanto académicos como persoais, será responsabilidade da Comisión Interuniversitaria a través das tres universidades, tendo en conta o SASUGA respecto das posibilidades informáticas da aplicación. Os centros de EE.MM. facilitar á Comisión Interuniversitaria as actas de COU e/ou as certificacións das cualificacións do bacharelato LOXSE e os disquetes debidamente completados cos datos persoais e académicos necesarios para o proceso, segundo as instruccións e dentro dos prazos establecidos pola Comisión Interuniversitaria.

8. O deseño dos documentos correspondentes á solicitude de matrícula das probas de acceso é competencia da Comisión Interuniversitaria, tendo en conta as posibilidades informáticas do sistema. A Comisión Interuniversitaria establecerá para cada centro de ensino medio os lugares, datas e procedemento da matrícula das PAAU.

Para facer efectiva a matrícula, os alumnos aboarán os prezos públicos de matrícula establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

9. Tódalas reclamacións respecto das cualificacións das probas serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria a través do LERD que teña asignado o alumno (enténdese que os alumnos quedan adscritos para a presentación e resolución das reclamacións ós LERD das tres universidades, de acordo coa asignación de centros de ensino medio). As reclamacións serán resoltas pola Comisión Interuniversitaria, trala revisión dos exames reclamados por parte dos membros do tribunal único designados pola devandita comisión. A resolución será asinada polos tres delegados dos rectores na comisión.

Esta resolución, que esgota a vía administrativa farase pública na sede da CiUG e seralles comunicada ós LERD, e ós rectorados das tres universidades. Tamén se lle dará conta dela ó SASUGA para que proceda a actualiza-lo seu banco de datos. As responsabilidades posteriores á resolución da reclamación recaerán na universidade á que pertenza o LERD ó que está vinculado o centro de ensino medio polo que o alumno se presentou ás probas de acceso.

As reclamacións ó procedemento de realización das probas tamén serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria, que será o responsable de asina-la súa resolución, recaendo as posteriores

responsabilidades na universidade á que pertenza o presidente da comisión.

Os custos derivados das sentencias xudiciais no caso das reclamacións orixinadas por normativas emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recaerán na devandita consellería.

10. As actas das probas de acceso á universidade serán elaboradas polo SASUGA a partir das cualificacións outorgadas polo tribunal único e da resolución das reclamacións a elas por parte da CiUG.

A custodia dos expedientes dos alumnos que concorren ás PAAU correspóndelle á universidade respectiva segundo o LERD que utilizase o alumno. O arquivo e a custodia das actas de COU e das actas das probas de acceso correspóndelles ás tres universidades. Cada alumno que queira iniciar estudios noutro distrito, presentará, para os efectos de traslado, a solicitude na universidade galega que elixa como universidade de orixe. Esta universidade é a encargada de facerlle chegar á Comisión Interuniversitaria a petición. A comisión será a encargada de tramita-lo traslado asinado polo delegado do rector correspondente á universidade de orixe. A CiUG arquivará os datos dos alumnos do SUG que realizan traslado de expediente.

I C.-Procedemento propio das solicitudes de admisión para o ingreso no sistema universitario de Galicia.

1. As solicitudes de admisión para o ingreso en titulacións con límite de prazas do sistema universitario de Galicia, en cumprimento da normativa vixente, será controlada no seu procedemento pola Comisión Interuniversitaria, a fin de que se cumpra o principio de distrito único.

A comisión Interuniversitaria estará composta neste caso só polos delegados dos rectores e terá a mesma responsabilidade xeral que nas PAAU, tendo en conta tamén para este procedemento as posibilidades informáticas do SASUGA.

2. O calendario para a presentación de solicitudes de admisión para o ingreso, e mailo de desenvolvemento do procedemento, fixarase coordinadamente en reunión da Comisión Interuniversitaria co SASUGA. Para todo o sistema universitario abriranse os mesmos prazos e datas de solicitude de admisión. Os documentos formalizados da solicitude serán comúns e deseñados coordinadamente. En todo caso, para os alumnos que superen as PAAU na convocatoria de xuño, abrirase o prazo para as solicitudes de admisión despois de publicados os límites de prazas e as cualificacións correspondentes. Unha vez publicadas as cualificacións de setembro, abrirase un prazo de solicitude de admisión para aqueles alumnos que non o tiveran feito en ningún outro prazo no curso actual.

3. A solicitude de admisión para o ingreso, debidamente cuberta e dirixida á Comisión Interuni

versitaria, entregarase nalgún dos LERD existentes. Dado que hai titulacións repetidas en campus distintos, cada alumno poderá indicar na súa solicitude ata cinco titulacións diferentes cun máximo de dez localizacións, no caso de titulacións autorizadas en máis dun centro. A CiUG, a través das universidades encargarase de que tódalas solicitudes sexan introducidas no sistema informático do SASUGA, segundo o procedemento establecido pola Comisión Interuniversitaria.

A universidade determinará a inadmisibilidade a trámite das instancias que non reúnan os requisitos legais ou regulamentariamente establecidos. Contra a inadmisibilidade a trámite poderase presentar ante o presidente da CiUG reclamación nos prazos establecidos.

4. O SASUGA, seguindo as instruccións da Comisión Interuniversitaria, fará a lista de asignación de prazas por titulacións e centros, segundo as opcións manifestadas polos alumnos no impreso de solicitude e atendendo ós seus datos académicos introducidos. Tódolos alumnos serán asignados nas listas de convocados a matrícula ou de espera, tendo en conta, de entre as súas opcións, a primeira das posibles.

De forma provisional, e mentres non se resolvan os expedientes dos alumnos de módulo III que teñen presentados no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tomarase como criterio adicional, que no caso de que titulados de módulos profesionais presenten a mesma cualificación de xeito que se achen en igualdade de condicións para acceder a unha determinada titulación, sempre que esta situación implique a adxudicación de prazas nunha porcentaxe que supere o vinte por cento das correspondentes ó colectivo de FP2, resolverase a admisión do devandito colectivo utilizando como criterio de adxudicación a cualificación numérica acadada no devandito módulo.

5. Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que teñan tódalas prazas esgotadas pola matrícula de xuño ou aquelas nas que a Comisión Interuniversitaria estimara que existen datos obxectivos que aconsellen esa acción. Esta mesma consideración será aplicada pola Comisión Interuniversitaria particularmente a cada un dos colectivos.

6. O SASUGA transmitirá ó sistema informático de cada universidade as listas completas de asignación de prazas no sistema universitario, indicando as posibilidades da solicitude en relación co distrito único.

7. A Comisión Interuniversitaria, ben sexa de seu, ou por medio das universidades, procederá a facer pública a relación de alumnos que foron admitidos nas distintas titulacións, establecendo o prazo para formaliza-la matrícula.

8. Cada universidade custodia a documentación correspondente ós alumnos que presentaron a súa

solicitude en calquera dos LERD desa universidade.

9. Os solicitantes de FP2, incluídos os de módulos profesionais, estranxeiros, alumnos doutros distritos universitarios, alumnos de anos anteriores, titulados, e outros colectivos dos que non se dispón de datos informatizados, xa que achegan un expediente novo, teñen que presenta-la solicitude anticipada, nun dos LERD da universidade da súa elección. As universidades recollerán os datos persoais e académicos destes colectivos e introducirannos no soporte informático como determine a Comisión Interuniversitaria, de acordo coas posibilidades informáticas da aplicación.

En tanto non exista unha normativa superior que o regule e no caso de que titulados de módulos profesionais presenten a mesma cualificación de xeito que se achen en igualdade de condicións para acceder a unha determinada titulación, sempre que esta situación implique a adxudicación de prazas nunha porcentaxe que supere o vinte por cento das correspondentes ó colectivo de FP2, resolverase a admisión do devandito colectivo utilizando como criterio de adxudicación a cualificación numérica acadada no módulo, e se isto non fose suficiente utilizarase a cualificación dos seus estudios de acceso ó módulo.

10. A reclamación dun alumno respecto da resolución da súa solicitude de admisión dirixirase ó presidente da Comisión Interuniversitaria a través do LERD no que presentou a súa solicitude. A Comisión Interuniversitaria procederá a resolver, en función de criterios homoxéneos, as peticións dos reclamantes dentro do conxunto de solicitudes do sistema universitario, seguindo un calendario prefixado para as reclamacións e aplicando o principio de distrito único. A resolución da reclamación será asinada polo delegado do rector da universidade á que pertence a titulación que motivou a reclamación e seralle comunicada ó interesado, ben individualmente, ben a través das listas de asignación, fixándolle prazo de matrícula, se procede. Na devandita universidade recaerán as posteriores responsabilidadee de resolución da reclamación.

A resolución das reclamacións ó procedemento será asinada polo presidente da Comisión Interuniversitaria, recaendo as posteriores responsabilidades na universidade á que pertenza este.

Os custos derivados das sentencias xudiciais no caso das reclamacións orixinadas por normativas emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recaerán na devandita consellería.

Unha vez considerada a resolución da reclamación dentro do sistema universitario, o SASUGA procederá, seguindo as instruccións da Comisión Interuniversitaria, a actualiza-las bases de datos existentes e as listas de asignación. Posteriormente,

cada universidade recibirá a nova lista de asignación.

I D.-O procedemento propio do distrito compartido.

1. O Consello de Universidades ten atribuídas, actualmente, as competencias sobre o distrito compartido.

2. O impreso de solicitude é deseñado polo Consello de Universidades, encargándose as universidades da súa distribución e divulgación.

3. O calendario do distrito compartido fíxase no Consello de Universidades en reunión coas comunidades autónomas (distritos únicos). A Xunta fará vale-los intereses das universidades de Galicia nas reunións de programación.

4. Os alumnos de Galicia non poden acollerse dentro da Comunidade Autónoma ó distrito compartido, xa que pertencen ó sistema de distrito único. Precisamente por iso, ningún alumno do distrito compartido ingresará cunha nota inferior á nota de corte inicial determinada pola solicitude de admisión ordinaria en cada titulación.

5. As solicitudes de distrito compartido para fóra de Galicia serán presentadas por cada alumno na universidade galega que elixa como universidade de orixe. Presentan tantos impresos de solicitude como tantas sexan as universidades distintas que soliciten.

A universidade galega de orixe é a encargada de lle remitir a cada universidade de fóra de Galicia as peticións de prazas correspondentes ós alumnos galegos.

6. Cada universidade galega recibe tódalas solicitudes de prazas para os seus centros que lle chegan desde o resto das universidades españolas polo distrito compartido e procede a gravar e a envia-los datos á Comisión Interuniversitaria. A Comisión enviará os datos gravados ó Consello de Universidades polo procedemento que se estableza.

7. A Dirección Xeral de Universidades, a través do SASUGA, remitirá ó Consello de Universidades a nota de corte para cada titulación do sistema universitario galego, subliñando que o distrito compartido está limitado a un número de prazas equivalente ó 5% da cota en titulacións con limitacións. Ese 5% enténdese sempre cun máximo de 10 prazas, podendo ser consideradas a maiores do límite de prazas.

8. O Consello de Universidades remitirá a lista de asignación de prazas do distrito compartido para as titulacións de Galicia, informando en cada caso da opción estimada e das desestimadas e da lista de espera en cada titulación.

9. As universidades notificaranlle ó interesado a súa admisión na titulación e o prazo de matrícula establecido.

10. A reclamación dun alumno ó que se lle denegue unha opción irá dirixida ó rector da universidade á que pertence a opción denegada, que resolverá o que proceda.

11. As universidades son as responsables de lle notificar ó alumno a estimación ou desestimación da súa reclamación, sendo depositaria e responsabilizándose da custodia dos documentos correspondentes ás solicitudes dos alumnos que piden praza nas súas titulacións.

I E.-Procedemento propio do ingreso dos maiores de 25 anos.

1. As probas dos maiores de 25 anos teñen a súa regulamentación nas O.M. do 24 de febreiro de 1981 e Orde do 26 de maio de 1971. Así mesmo, hai unha referencia na Lei 1/1990 do 3 de outubro e no Real decreto 1005/1991, do 14 de xuño.

2. A normativa outórgalles ás universidades a competencia para realizaren as probas de maiores de 25 anos. A proba ten que ser convocada entre o 1 de febreiro e o 31 de marzo.

A normativa prescribe, en xeral:

-Valoración do currículum vitae do solicitante.

-Aprobación por parte do MEC do sistema de probas que empregará cada universidade.

-Tipos de probas.

-Necesidade de que se inscriba o alumno no centro da súa elección logo de aproba-las probas e de segui-los cursos preparatorios e orientadores organizados polo centro no que se inscribiu.

3. Para homoxeneiza-lo procedemento, cómpre fixa-lo modelo do seguinte xeito:

-Convocatoria xeral única de probas de maiores de 25 anos para acceder ó sistema universitario de Galicia, dirixida ós que, tendo cumpridos 25 anos o día 1 de outubro do ano natural no que se realizan as probas, non posúan titulación ningunha que os habilite para acceder á universidade polos procedementos ordinarios.

-Comisión Interuniversitaria única para o sistema universitario para os efectos de directrices comúns de calendario, temario, exame, etc. A Comisión Interuniversitaria estará composta polos tres delegados dos rectores.

-Exame único elixido ó chou na Comisión Interuniversitaria a partir de, alomenos, tres propostas do tribunal.

-Tribunal nomeado pola Comisión Interuniversitaria.

4. A Comisión Interuniversitaria deseñará os impresos normalizados de matrícula coordinadamente co SASUGA. A gravación de datos destes alumnos farase no LERD que elixa o alumno para matricularse das probas.

Todos eses datos serán introducidos no sistema informático do SASUGA polo medio e segundo o procedemento que determine a Comisión Interuniversitaria, a partir das gravacións da universidade.

Cada universidade é depositaria e custodia os expedientes dos alumnos que se lle matriculen nas probas de maiores de 25 anos.

A realización dos trámites de matrícula para as probas nunha universidade non xera dereito de preferencia de prazas.

5. Haberá un tribunal único e común para o exame e convocarase sempre que sexa posible a un único lugar de exame. O tribunal ten competencias para realiza-la proba e verifica-los coñecementos dos alumnos.

6. As actas das probas serán elaboradas polo SASUGA a partir das cualificacións outorgadas polo tribunal único, unha vez resoltas as reclamacións interpostas contra elas. O arquivo e a custodia das actas das probas de acceso correspóndelles ás tres universidades e á Comisión Interuniversitaria.

Tódalas reclamacións respecto das cualificacións das probas serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria a través dos LERD. As reclamacións serán resoltas pola Comisión Interuniversitaria trala revisión dos exames reclamados por parte dos membros do tribunal designados pola devandita comisión. A resolución será asinada polos tres delegados dos rectores na comisión.

Esta resolución, que esgota a vía administrativa, farase pública pola Comisión Interuniversitaria na sede da CiUG e será comunicada ós LERD e ós rectorados das tres universidades. Tamén se dará conta dela ó SASUGA para que proceda a actualiza-lo seu banco de datos.

As responsabilidades posteriores á resolución da reclamación recaerán na universidade á que per

tenza o LERD a través do que se presentou a reclamación.

As reclamacións ó procedemento de realización das probas tamén serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria, que será o responsable de asina-la súa resolución, recaendo as posteriores responsabilidades na universidade á que pertenza o presidente da comisión.

7. Para os alumnos aprobados nestas probas, a Comisión Interuniversitaria establecerá os prazos e procedementos de matrícula nunha das titulacións vinculadas á opción elixida na proba de acceso.

A superación das probas habilita o alumno para matricularse no SUG no curso académico para o que fixo as probas ou, como máximo, no curso seguinte.

8. As reclamacións, referentes á asignación das prazas, serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria. A resolución da reclamación será asinada polo delegado de rector da universidade á que corresponde a praza reclamada, recaendo as responsabilidades na universidade á que pertence a devandita praza.

A universidade terá á disposición da Comisión Interuniversitaria os documentos que lle fagan posible informar sobre a reclamación, seguindo un calendario prefixado, e tendo en conta as condicións propias do ingreso dos maiores de 25 anos.

Logo de examina-la resolución das reclamacións, a Comisión Interuniversitaria comunicaralle o seu resultado ó interesado, á universidade correspondente, e ó SASUGA, para os efectos de actualización do seu banco de datos.

9. Os custos derivados das sentencias xudiciais no caso das reclamacións orixinadas por normativas emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recaerán na devandita consellería.

ANEXO II

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: PAAU

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de EE.MM.

Captura de datos de COU e LOXSE
Deseño aplicación de captura de datos persoais e académicos de BUP, COU e LOXSE en soporte magnéticoX (SASUGA)
Envíos dos disquetes co programa XACEM ós centros de EE.MM.X
Incorporación dos datos dos alumnos (personais e académicos) ós disquetesX
Incorporación de datos de BUP, COU e LOXSE á base de datosX(SASUGA)
Deseño da gúia de acceso á universidadeX (coordinado)

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de EE.MM.

Confección da guía de acceso á universidadeX (coordinado)
Envío da guía de acceso á universidade ós centros de EE.MM.X
Proceso de xuño/setembro
Deseño de actas de COUX (SASUGA)
Envío do papel de actas de COU ós centros de EE.MM.X
Incorporación das notas ás actas e envío á universidade (LERD)X
Deseño e confección da folla de liquidación de taxas PAAUX (coordinado)
Envío da folla de liquidación de taxas PAAU ós centros de EE.MM.X
Sesións informativas ós centros de EE.MM. sobre as PAAUXX
Deseño do documento de solicitude de matrícula (COU e LOXSE)X (coordinado)
PAAU de xuño/setembro
Calendario e fixación de examesX
Matrícula anticipada das PAAU, incluso convocatoria e gravaciónX (convocatoria)X (matrícula e

gravación)

Matrícula ordinaria das PAAU, incluso convocatoria e gravaciónX (convocatoria)X (matrícula e

gravación)

Avaliación e realizacións das probasX
Nota final (incluído a do expediente) e publicidadeX
Comunicación ós centros de EE.MM.XX
Custodia de documentosX
Deseño de solicitude de reclamacións ás notas de PAAUX
Reclamacións: recepción, resolución e notificaciónX (resolución e

notificación)

X (recepción)
Material das PAAU (papel, bolígrafos, cabeceiras de exame, etc.)X
Axudas de custos e gastos das comisións delegadas/avaliación e auxiliares das PAAUX

Tarefas de xestión para incorporación ó sistema universitario de Galicia: solicitude de admisión para o ingreso

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de EE.MM.

Solicitude de admisión para o ingreso
Deseño de documentos de admisión para lectura óptica (PAAU e FP)X (coordinado)
Deseño de documentos para gravación doutros colectivosX (coordinado)

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de EE.MM.

Fixación do calendarioX (coordinado)
Gravación de datos doutros colectivos (solicitude anticipada)X
Convocatorias de matrículaX (prazos)X (convocatoria)
Custodia de documentosX
Informatización de solicitudes (lectura óptica)X
Asignación de prazasX (SASUGA)
Comunicación da asignación ás universidadesX
Notificación da admisión ós alumnosX
Recepción de reclamaciónsX
Resolución de reclamacións e notificacións ós solicitantesX
Actualización das listas de asignaciónS (SASUGA)
Modificación da aplicaciónX (coordinado)

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: distrito compartido

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesConsello de Universidades.

Distrito compartido
Deseño e distribución de impresos de solicitudeX
Fixación do calendario e normasX
Recepción e envío de solicitudes para titulacións de fóra de Galicia.X
Recepción de solicitudes para as universidades de GaliciaX
Gravación e envío á CiUG de solicitudes en universidades galegasX
Envío ó C.U. de solicitudes en universidades galegasX
Lista de notas de corte para o C.U.X (SASUGA)
Cofección de listas de asignación de prazas e de esperaX
Envío a cada universidade galega das listas de asignaciónX
Notificación da admisión ós alumnosX
Recollida de reclamaciónsX
Resolución de reclamaciónsX
Notificación das reclamacións estimadas á CiUG e ó SASUGAX
Actualización das listas de asignaciónX (SASUGA)
Notificación ós alumnos do resultado da reclamaciónX
Custodia de documentosX

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: maiores de 25 anos

Responsable

ActividadeOrzamentoComisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de EE.MM.

Maiores de 25 anos
Convocatoria, exame e avaliaciónX
Matrícula das probasX
Acordos de calendario e proposta de exameX (coordinado)
Deseño de impresos de matrículaX (coordinado)
Depósito e custodia de expedientesX
Captura de datos no sistema informáticoX
Envío de datos de alumnos ó SASUGAX
Avaliación e realización das probasX
Cualificación final e comunicación ós alumnosX
Reclamacións: recepción, resolucións e notificaciónX (resolución e

notificación)

X (recepción)
Custodia de documentosX
Material das probas (confección de cabeceiras de exame, papel, bolígrafos, etc.)X
Axudas de custo e gastos do persoal das probas de accesoX

ANEXO III

A Comisión Interuniversitaria terá a seguinte composición:

1) Para as probas de aptitude para o acceso á universidade: un presidente e dous vicepresidentes, por parte das universidades, e tres vocais por parte dos centros de ensino medio designados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Presidente: José Peleteiro Salgado (delegado do rector da Universidade de Vigo).

Vicepresidentes: José Miñones Trillo (delegado do rector da Universidade de Santiago de Compostela), Alejandro Pazos Sierra (delegado do rector da Universidade da Coruña).

Vocais: Juan Alberto Sucasas Peón, José Manuel Traseira Meilán, Juan Luis Saco Cid.

2) Para o resto dos procedementos, a comisión estará composta polos tres membros designados polas universidades.

4064