Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 9 de maio de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo, da zona de concentración parcelaria da Escravitude (sector I e II) Padrón-Rois (A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona da Escravitude (sector I e II) Padrón-Rois (A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 114/1990 de 14 de novembro (DOG nº 232, do 26 de novembro de 1990).

Primeiro.-Con data 3 de maio de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aproboú o acordo de concentración da zona da Escravitude (sector I e II) Padrón-Rois (A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración, estará exposto ó público nos concellos de Padrón e Rois e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se dín, cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 6ª Planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle las notificacións que procedan, e, no seu caso, a persoa residente no mesmo a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademáis, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso ordinario si se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artígos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 9 de maio de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

Vº e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

9604158