Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a contratación da adquisición de mobiliario e material de laboratorio para o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

c) Número de expediente: 96/012/0643.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario e material de laboratorio para o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño.

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o estipulado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: cinco lotes independentes:

-Lote I: 4.200.000 pesetas.-Lote II: 6.700.000 pesetas.-Lote III: 1.750.000 pesetas.-Lote IV: 7.000.000 pesetas.-Lote V: 4.000.000 pesetas.

d) Lugar de entrega: Centro de Control de Calidade do Medio Mariño, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

e) Prazo de entrega: cinco meses (5).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 23.650.000 pesetas.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes que se liciten.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 76.

e) Telefax: (981) 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

9604117