Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado UGACOTA.

En cumprimento do disposto no artigo 161 da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas, e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado UGACOTA, resultando cualificada favorablemente e inscrita no libro de inscrición de asociacións coperativas baixo o número 9-SCTA.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9604500