Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/35-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: r/ A. Tomé, 130, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en San Bartolome.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 804 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Santa Catarina a C.T. Guldrís (expediente 27949) e final no C.T. que se vai construír en San Bartolomeu de 50 kVA a 15/20 kV 380-220 voltios, e a súa emsamblaxe a rede de baixa tensión existente. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4101