Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 8 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito varios, en metálico número 952/1990, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito varios nº 952 de data 12-6-1990, por importe de 100.000 ptas., constituído na caixa de depósitos desta delegación en metálico garantindo a Eduardo Prado Cid e a disposición da Dirección Xeral de Transportes (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda) para responder do uso da tarxeta de transportes para o vehículo OR-0982, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados a partir da data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 8 de maio de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

4235