Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación (código 2700155), da provincia de Lugo, asinado o día 15 de febreiro de 1996, pola representación da asociación de empresarios e polas centrais sindicais UGT, USO, CC.OO e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 13 de marzo de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

-Pola Asociación de Empresarios Almacenistas de Alimentación de Lugo.

Juan Bautista Prado Carreira.

Ángel Pages Sández.

Cesáreo López Beltrán.

Luis García Cabreros.

Guadalupe Hervera Iglesias.

-Polas centrais sindicais:

USO (2)

Manuel Expósito López.

Jesús Cantero Pérez.

UXT (1).

Fernando Teijeiro Valledor.

CC.OO. (1).

Manuel Núñez López.

CIG (1).

María del Carmen Antas Pérez.

ACTA:

En Lugo, sendo ás 17 horas do día 15 de febreiro de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Mixta Paritaria prevista no artigo 7 do vixente convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo, co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde

o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996, conforme o previsto no parágrafo segundo do artigo 12 do convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo vixente.

Despois das deliberacións pertinentes adoptánse por unanimidade os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996.

Segundo.-Sobresoldo de transporte.

Os traballadores afectados polo convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo percibirán durante o ano 1996 a cantidade de 343 pesetas por día de traballo efectivo. Este sobresoldo de transporte terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos da Seguridade Social.

Terceiro.-Os atrasos, por diferencia de salarios, producidos como consecuencia da publicación das táboas salariais aprobadas pola presente faranse efectivos nos 30 días seguintes á publicación da presente acta.

Cuarto.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados:

TÁBOA SALARIAL CONVENIO DE COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DE LUGO

Vixencia: 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSoldo mensualPlus Transp.Retribuc. anual

-Grupo I
Director103.5883431.699.596
Encargado xeral97.0443431.598.164

-Grupo II
Xefe de división98.3523431.618.438
Xefe de persoal97.0443431.598.164
Xefe de compras97.0553431.598.164
Xefe de vendas97.0443431.598.164
Xefe de sección93.8073431.547.991
Xefe sucursal ou supermercado91.0413431.505.118
Xefe de almacén91.0413431.505.118
Xefe de grupo91.0413431.505.118
Encargado establecemento, vendedor, comprador86.1123431.428.718
Xefe administrativo92.9103431.534.087
Xefe de sección administrativa89.1683431.476.086
Xefe de sección servicios87.9243431.456.804

-Grupo III
Corredor de praza ou vixilante84.4883431.403.546
Dependente85.7193431.422.627
Dependente maior91.7423431.515.983
Axudante78.5633431.311.709
Contable86.7623431.438.793
Oficial administrativo ou operador de máquinas contables85.7193431.422.627
Auxiliar administrativo ou perforista78.4363431.309.740
Profesional de oficio de 1ª83.4233431.387.039
Profesional de oficio de 2ª81.3483431.354.876
Mozo especializado78.4363431.309.740
Mozo75.2223431.259.923

Categoría profesionalSoldo mensualPlus Transp.Retribuc. anual

Empaquetadora75.2223431.259.923
Cobrador82.6373431.374.856
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro75.2223431.259.923
Auxiliar de caixa76.6833431.282.569

9604537