Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil, relativo ó aboamento de atrasos.

Visto o texto do acordo asinado o día 12 de febreiro de 1996, pola comisión paritaria prevista no convenio colectivo para o sector de comercio téxtil, da provincia de Lugo (código 2700205), integrada polas representacións da Asociación Empresarial Téxtil e das centrais sindicais UGT e CC.OO., mediante o que se fixa o prazo para aboa-los atrasos derivados do vixente convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de marzo de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

-Pola Asociación Empresarial Téxtil.

Teodoro Lázaro García.

José Sánchez Bergantiños.

Víctor Díaz Fernández.

Guadalupe Hervera Iglesias.

Cristina Sanz Arias.

Pilar Chao Núñez.

-Polas centrais sindicais:

UGT (4)

Fernando Teijeiro Valledor.

Ricardo Varela Sánchez.

Juan Carlos Araújo Rodríguez.

Carmen Basadre Fernández.

CC.OO. (2).

Manuel Núñez López.

Anselmo Sampedro Ania.

ACTA:

En Lugo, sendo ás 12 horas do día 12 de febreiro de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 19 do vixente convenio colectivo de comercio téxtil da provincial de Lugo, co obxecto de proceder á reso

lución dunha cuestión suscitada como consecuencia da súa aplicación, en concreto como consecuencia da obriga do pagamento de atrasos dada a tardía publicación do vixente convenio, con vixencia desde o 1 de abril de 1994 ó 31 de marzo de 1996, en data 28 de decembro de 1995.

Despois das deliberacións pertinentes adoptánse por unanimidade os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Establecer un prazo máximo para o aboamento dos atrasos consecuencia da tardía publicación do vixente convenio.

Segundo.-Tendo en conta que o vixente convenio supón a obriga do aboamento dos atrasos por dous anos, establécese como data tope para o seu aboamento o 31 de marzo de 1996.

Terceiro.-Remiti-la presenta acta ás partes asinantes do convenio, isto é, á Asociación Empresarial Téxtil e ás centrais sindicais UGT e CC.OO. para a súa divulgación.

Cuarto.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.

3840