Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.760

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 10 de xuño de 1996, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio da oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes para a súa realización.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do 3º exercicio, están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública, así como nas delegacións territoriais da de Economía e Facenda. Así mesmo, poderase consultar a través dos teléfonos (902) 12 00 12 e (981) 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-O cuarto exercicio celebrarase o día 20 de xuño, ás 17.30 horas, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

Terceiro.-Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado 15 minutos antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta do tribunal

9604439