Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de maio de 1996, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios, ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número DX-00212-I-95 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 3 de maio de 1996.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00212-I-95

C-0516-AT

LE9OR0033289433

López Pita, J.A.

Lugo, 40-1º

15403 Ferrol

A Coruña

Incumprimento das condicións esenciais da autorización administrativa (ITV caducada desde o día 10-3-1995).

23-5-1995; 16.18; N-VI; 496,600

Art. 141 C)

LOTT

Art. 198 C)

RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

50.000

DX-00383-I-95

C-9863-AZ

LE9OR0033289433

T.S.N., S.L.

San Vicente, 10

15010 A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías (producto porcino) carecendo da preceptiva autorización administrativa. Vehículo lixeiro.

06-09-95; 19:40; N-VI; 543,800

Art. 141 O) en

relación co

140 A) LOTT

Art. 198 P) en

relación co

197 A) RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

50.000

3600