Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de maio de 1996, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica a denuncia por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número DX-00024-I-96).

Por medio desta cédula notifícaselle o denunciado cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra el. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación o citado denunciado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 3 de maio de 1996.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

Instructor

ANEXO

Expediente: DX-00024-I-96.

Matrícula: LU-5064-M.

Denunciante: LE9OR0032413918.

Denunciado: Seco López, Manuel.

Último enderezo coñecido: Ourense, 30. 27004 Lugo.

Feito denunciado: a contratación dun transporte público de mercadorías (gando vacún) cun exceso de peso do 12,8% sobre o peso máximo autorizado do vehículo (9.,500 kg).

Data, hora, estrada, p.k.: 13-12-1995, 16.58, N-VI, 496,600.

Precepto infrinxido: artigo 142 E) LOTT, artigo 199 E) RGTO.

Precepto sancionador: artigo 143 LOTT, artigo 201 RGTO.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

4420