Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia, de remodelación integral do Instituto Alfredo Brañas de Carballo (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Remodelación integral do Instituto Alfredo Brañas de Carballo (A Coruña).

Orzamento de licitación: 76.999.996 (setenta e seis millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e seis pesetas).

Prazo de execución: 9 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Exposición de proxecto: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da dita cualificación, a fin de que se emenden dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposición: realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

4164