Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local en Vigo destinado a instalación de dependencias administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 de seu regulamento, e en vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da urxencia de dispor de locais en Vigo, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro de locais nas plantas 1ª e 2ª e sotos 1º e 3º, do inmoble sito na Praza de América, 1-2, de Vigo, para instalación de dependencias administrativas da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

3599