Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.633

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (8/1996-3).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de tercería de mellor dereito-menor contía que se segue neste xulgado co número 8/1996-3, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e seis, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de tercería de mellor dereito-menor contía, seguido neste xulgado co número 8/1996-3, no que actuaron, como demandante Mª

Luisa Castiñeiras Tarrío, maior de idade e veciña de Valga, representada pola procuradora dos tribunais Rita Goimil Martínez e asistida do letrado Julio Quintáns Trenco e, como demandado, Banco de Galicia, S.A., Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, maiores de idade os dous últimos e veciño de Vigo o primeiro, e en paradoiro descoñecido os demais, representado o Banco de Galicia, S.A. polo procurador dos tribunais Narciso Caamaño Queijo, e asistido do letrado Ramón Sabin Sabin, sobre tercerías de mellor dereito.

Decido que estimo a demanda presentada e debo declarar e declaro o mellor dereito da demandante a reintegrarse sobre bens e dereitos dos executados demandados trabados no xuízo executivo 171/1992 deste xulgado, con preferencia ó Banco de Galicia, S.A., executante neste, para o completo pagamento do crédito recoñecido na sentencia definitiva recaída no xuízo de menor contía substanciado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela co número 249/1985, sen que se faga imposición das custas. Firme esta resolución, practíquese anotación dela no xuízo executivo.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4094