Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o proxecto de minicentral do Trigal, no río Casoio, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovida por Lemfi, S.A.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro) , dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información

pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de minicentral do Trigal, no río Casoio, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovida por Lemfi. S.A.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.

-Concello de Carballeda de Valdeorras.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

3934